BRENES MESEN, Roberto (San José, 1874-1947). Poeta e filólogo costarricense. Foi um dos mais importantes poetas modernistas de Costa Rica. Abriu o caminho para lograr unha nova simplicidade e pureza da forma poética, assím como unha maior liberdade no ritmo e na rima. Os seus melhores libros som “En el silencio” (1907), “Voces del ángelus” (1916), “Pastorales y jacintos” (1917), “Los dioses vuelven” (1928), “En busca del Grial” (Madrid, 1935), “Poemas de amor y de muerte” (1943) e “Rasur, o semana de esplendor” (1946). Entre os seus estudos están incluídos “Gramática histórica y lógica de la lengua castellana” (1905) e dous libros que datam da época em que pertenceu a unha sociedade teosófica, “Metafísica de la materia” (1917) e “El misticismo como instrumento de investgación de la verdad” (1921).
BRENAN, Gerald (Malta, 1894). Viaxeiro inglês, escritor de libros de viáxes e historiador literário que viveu em Espanha desde 1920. Em 1950 publicou “The face of Spain” (Londres), libro ao que seguíu “South of Granada” (Londres,1957), sem dúvida o seu melhor libro. Escrebeu também um libro sobre literatura espanhola, “The literature of Spanish people” (Cambridge, 1951), publicado em castelán baixo o título “História de la literatura española” (Losada, 1958; 1984). “The Spanish Labyrinth” (1943) é um comentário político sobre a situaçón espanhola, que ainda serve de guía aos estudosos. Tem também um estudo sobre San Juan de la Cruz, “St. John of the Cross: his life and poetry” (Cambridge, 1972).
BRAU, Salvador (Cabo Rojo, 1842 – 1912). Ensaista e autor teatral portorriquenho. Foi um xornalista muito prolífico. Publicou os seus artígos mais breves em “Ecos de la batalla” (1886) e os mais longos e substânciais em “La campesina” (1866), “Las clases jornaleras” (1882), “La herencia devota” (1886) e “La danza” (1887). Publicou um medíocre libro de versos: “Hojas caídas” (1909). Os seus românces suscitarom muito pouco interesse; “La Pecadora” (1881) resulta ser o melhor deles. Os seus escritos de tipo histórico, tenhem importância: “Puerto Rico y su história” (1894), “Historia de Puerto Rico” (1904) e “La colonización de Puerto Rico” (1930). Como autor teatral alcanzou um êxito imediato e duradouro. As suas obras, todas de três actos e escritas em verso, som “Héroe y mártir” (1870), baseada na revolta dos “comuneros” de Castela em 1520; “De la superficie al fondo” (1874), comédia sobre um casamenteiro e a sua filha; “La vuelta al hogar” (1877), história de pirataría e amor no Puerto Rico do século XIX; “Los horrores del triunfo” (1887), drama patriótico sobre as “Vísperas sicilianas”.
BRAÑAS, César (Antigua, 1900). Poeta, novelista e crítico literário guatemalteco. Publicou o seu primeiro libro, “Sor Candelaria: leyenda lírica”, aos dezaseis anos. Entre 1918 e 1939 publicou sete títulos. Fundou em 1922 o xornal “El Imparcial” com a colaboraçón de Alejandro Córdoba e Carlos Gándara Durán. A maioría dos escritores guatemaltecos de certa importância colaborarom neste diário. O seu primeiro libro de versos, “Antigua” (1921), é unha homenáxe à sua cidade natal, mas em “Viento negro” (1938) escrebeu um dos libros mais fermosos da sua xeraçón. Trata-se dunha elexía em dez cantos dedicada ao seu pai. “El lecho de Procusto” (1943) é unha colecçón de sonetos. As suas novelas de tipo costrumbrista som “Tú no sirves” e “La vida enferma”.
BRANNON, Carmen (Armenia, Sonsonate, 1899). Poeta salvadorenha de pai irlandês e nai criolha. Está considerada unha das escritoras mais grandes de Centroamérica. “Estrellas en el pozo” (1934) deixa sentir um eco de González Martínez. A influênça de García Lorca percebe-se nos seus “Romances de norte u sur” (1946). Nos seus “Sonetos” (1947) e especialmente em “Donde llegan los pasos” (1953) encontra-se xá a sua autêntica voz poética, libre das influênças alheias, intelixente e com aptitudes para lograr a metáfora exacta. Escrebeu duas obras autobiográficas, “Tierra de infancia” (1958), em prosa, e “Fábula de una verdad” (1959), em verso.
Há, finalmente, muitas cousas que, em parte, chegan a el a través dos sentidos e, em parte, som produzidas por el. De ningún modo pode ser captada polos sentidos a natureza do cán ou do imán, pois chega ao espírito a través dos sentidos revestida de cor, tamanho e figura. O espírito despoxa-a dos accidentes: examina o que queda, dá-lhe voltas e compára-o, para acabar fabricando-se, dentro das suas possibilidades, unha certa natureza comúm. Esses filósofos pretendem meter-me na cabeza que há intelixências nos ceus. Escuto o que dizem, mas non o entendo, por mais que me invento algunha ficçón que me axude a compreendê-lo. O ar percêbo-o de unha maneira ou outra mediante o tacto, mas na realidade non conta com ningunha imaxem na minha mente, a non ser a que eu me tinha inventado de um certo corpo quase incorpóreo, um non sei que. Da mesma maneira penso o vacío. Compreendo o infinito deixando sempre o fim fora da compreensón, mas vêxo-me obrigado a detêr-me em plena meditaçón do infinito, ao pensar que o infinito é aquilo que, por mais que indefinidamente xunte e imaxine indefinidamente, nunca alcanzarei a delimitar mediante a aprehensón; assím fabrico-me unha espécie certamente acabada, ainda que ningúm dos seus dois extremos esté terminado nem acabado, senón quase incompleto, no sentido de que nem están terminados nem poderám está-lo, xá que se lhe podem xuntar durante a eternidade infinitas partes por ambos extremos. ¿Qué vamos fazer? Resulta triste a nossa condiçón: a plena luz andamos a cegas. A miúdo pensei na luz, e sempre a deixei sem acabar de pensar, nem de conhecê-la nem de compreendê-la. O mesmo acontece se nos dedicamos a contemplar a “vontade”, o entendimento e outras cousas que non se percebem polos sentidos. Certamente estou seguro de que agora penso o que escrebo, de que quero escrebê-lo, de que desexo que sexa verdade e que tú o aprobes, por mais que isto último non me preocupa demasiado. Mas quando me esforço em considerar que sexa este pensamento, este querer, este desexar, este non preocupar-se, em verdade que o pensamento falha, frustra-se a “vontade”, acrésce o desexo, aumenta a preocupaçón. Non vexo nada que poida captar ou aprehender. Neste aspecto, realmente o conhecimento que do externo se tem polos sentidos supera ao que sem eles se logra do interno, pois no primeiro o entendimento tem algo que captar, a saber, a Figura de um home. de unha pedra, de unha árbore, figura que sacou dos sentidos, e lhe parece compreender ao home mediante unha imaxem del. Em cambio, no conhecimento que se tem do interno, non encontra nada que poida compreender; anda de um lado para outro, a tentas como os cegos, intentando quedar-se com algo. E non pode fazer mais.
Unha vez era un amo que buscaba criado, i en fin, chegoulle un criado novo. A primeira cousa que lle mandou foi que collese o pau de ferro e que lle tirase coa esquina da casa. O criado novo quedou asombrado de tal mandato, e contestoulle: -Siñor, iso non o fago, que así tírolle coa casa. -Ti non sirves pra ser meu criado -dixolle o amo; e despachouno. O criado marchou e contoulle o caso a un irmau que tiña. Iste díxolle: -¡Ah, parvo!, ¿por que non habías de facer o que che mandaba? E decidiuse il a servir a semellante amo. O primeiro que lle mandou foi o que lle había mandado ao seu irmau, a saber: coller o pau de ferro e tirar coa esquina da casa. -¡Ai, home, que fixeches! -Vosté mandoume, meu amo. Boeno; agora mándoche buscar un carro de leña ben direita -díxolle o amo. Marchou o criado co carro, cortou os castiñeiros novos que tiña prantados pra un souto, e cargou ben o carro. -¡Ai, home, que fixeches! -Vosté mandoume, meu amo. -Agora -mandoulle o amo- vas a buscar un carro de leña ben torta. Marchou o criado co carro á ribeira, e cortoulle todas as cepas e parras que tiña nas viñas, hastra cargar ben o carro. -¡Ai, home, que fixeches! – dixolle o amo. -Vosté mandoume, meu amo. O amo pensou: “este criado acaba conmigo. Vou acabar eu con il”. Mandouno para unha casa sola que tiña nun monte da súa propiedá, e que estaba habitado por un ogro, i en donde lle morreran outros criados. Ao chegar, o criado ouservou que, efectivamente, estaba a casa habitada por un ogro, e que nunha habitación estaban mortos os dous criados que mandara o amo pra quedarse alí. Aquil ogro destinoulle un cuarto para dormir, que estaba ao lado donde estaban mortos os outros. O criado novo deitouse a dormir, pero levantouse enseguida, e colocou um morto no sitio donde o mandara deitar o ogro, colocándose il, en cambio, no sitio do morto. De noite, chegou o ogro cunha barra de ferro e deulle un tremendo golpe ao morto, pensando que era o vivo. Pola mañá levantouse o criado: ¡Boenos días! -¿E non oíches un golpe de noite? -¡Boh! ¡Unha patada dunha pulga! Regresou xunto do amo sano e salvo. Decidido o amo a acabar co criado, mandouno con porcos pra unha lama de bulleiro e sitio fangoso, pra que quedasen enterrados no fango il e mais os porcos. Pero o criado non se meteu na lama, i os porcos vendeunos aos tratantes que iban pra feira, coa condición de que lles habían de cortar o rabo a todos os porcos. Despois cravou os rabos na lama, e foi avisar ao seu amo que estaban os porcos estacados na lama, e que había que levantalos e desenterralos. Foi o amo a ver e creeuno. Mandoulle buscar aixadas á casa, pra quitar os porcos da lama. Entón o criado díxolle ao amo que era tan listo como el. Os cartos dos porcos eran xustamente os que lle debía, e fixera o modo de salvarse e de cobrarse. Despediuse e marchouse.
HÉRCULES DE EDICIONES – GALICIA DE CONTO. CENTRO DE ESTUDIOS FINGOY, 1972 (2ª ED.). CONTOS POPULARES DA PROVINCIA DE LUGO, ED. GALAXIA, VIGO.
Esta rexeiçón da autoridade ficou amplamente comprobada no Renascimento, um grande movimento cultural paralelo à Reforma que, ao longo dos séculos XV e XVI, veio constatar a quebra da arquitectura do pensamento medieval. Se a Reforma foi a fenda no muro, o Renascimento foi a avalanche que inundou e afundou a catedral gótica. De certa forma, os autores renascentistas tomarom a teoria tomista da analoxia e levaram-na ao extremo: o mundo inteiro aparecia atravessado por vínculos de semelhança, ou “amor divino”, que faziam dele um xigantesco “Libro Sagrado” e que tinham permanecido até entón silenciados pola falsa autoridade. As sóbrias árbores categoriais explodiram nunha trepadeira na qual tudo se relacionava potencialmente com tudo, segundo as plásticas regras da conveniência, da emulaçón, da analoxia ou da simpatia. Proliferaram entón os compêndios de “mirabilia”: augúrios, profecias, monstros, milágres ou prodíxios que, enquanto excepçóns à norma, estilhaçávam a categorizaçón tomista dos seres e anunciavam unha Nova Aliança entre o divino e o humano. Xá non era necessário atender às poeirentas definiçóns dos filósofos: era como se Deus (agora, frequentemente, “a Natureza”) se manifestasse directamente em cada cousa aos olhos adequados. Para ler este novo e xigantesco “Libro do Mundo” forom resgatadas as velhas concepçóns esotéricas do saber, como o “Corpus Hermeticum”, a maxia, a astroloxia e a alquimia, sempre dispostas a descobrir novas e inesperadas relaçóns entre os factos mais díspares e a recombinar os elementos para dar lugar a misturas mais puras (como o ouro procurado polos alquimistas). Cada obxecto do mundo aparecia como um rosto enigmático, prestes a ser descifrado, e a única proba de erro era o isolamento, a incapacidade de relacionar algo com a trama conspirativa que o vinculava com o Todo. Assim, o ser humano obtinha directamente da natureza a potência universal da divindade: ele era, na verdade, como o “índice” dessa grande Enciclopédia, pois tinha-lhe sido outorgado acesso a todos os seus conteúdos. Como defendeu Michel Foucault em “As Palabras e as Cousas”, o pensamento renascentista, com o seu retorno a unha espécie de “paganismo iluminista”, tendia a eliminar a diferença entre ver e ler, entre a cousa e a palabra, de um modo similar à forma como o antigo dinamismo eliminava a diferença entre a matéria e as intençóns que se proxectavam sobre ela (sendo plausível, consequentemente, rezar para atrair a chuva ou interpretar um relâmpago como um augúrio favorábel à nossa causa, para dar dous exemplos simples). Nesta perspectiva, entende-se a devoçón dos “humanistas” do século XV pola filoloxia e pola erudiçón: ao descrever os factos do mundo, era o próprio mundo que se rexistava no libro. Por isso, o filólogo, o compilador de curiosidades, significados e palabras, era também unha espécie de “mago” capaz de encontrar (e, inclusive, refazer) o vínculo oculto entre todas as cousas com o seu “abracadabra”. Deste modo, à medida que esta concepçón transbordante da Natureza se foi propagando (enfrentando com frequência as purgas do Tribunal da Inquisiçón, que via nela um intolerábel crescimento do ateísmo e do paganismo), foi-se tornando mais palpábel que o esotérico e o “oculto” funcionavam mais como um símbolo de rexeiçón da autoridade e um anúncio do novo mundo (isto é, como unha “ficçón” provisória) do que como um sistema de pensamento apto para esse novo mundo (de facto, o esotérico, mal perdia a sua condiçón de “clandestinidade” e era submetido a um escrutínio “público”, era facilmente ridicularizado polos teólogos católicos). Apesar de tudo, o Renascimento é também a época em que se produz a configuraçón dos Estados Modernos ou o nascimento do mercado capitalista e das novas classes sociais: as cidades europeias estavam a mudar a grande velocidade, rumo a modelos individualistas que xá pouco tinham que ver com os antigos impérios e com as monarquias feudais. Entre as classes emerxentes e profissóns liberais, a simpatia polo esotérico era mais um modo de aglutinar o anticlericalismo do que de oferecer a alternativa consistente ao “velho”, que o novo mundo esixía.
Berkeley dedica o segundo diálogo da sua obra “Alciphron ou o Filósofo Minucioso” a refutar a tese da “Fábula das Abelhas”, reivindicando a fé e a ordem moral cristán. Afirma Berkeley que Inglaterra tem tido ultimamente grandes filósofos que tentarom que os vícios privados sexam bens públicos e que o vício é algo muito bom com um nome feio. Os mencionados autores sustentam que, na realidade, a embriaguez, a prostituiçón e o xogo servirom para se enriquecer a muitos homes e criar numerosos postos de trabalho que possibilitarom unha vida digna a bastantes famílias. Contra estas afirmaçóns, Berkeley argumenta algo muito simples: um home saudábel e sóbrio pode beber mais do que um bêbedo que estexa doente, ter unha vida mais longa e fazer circular mais dinheiro. Isto é, unha vida longa e saudábel consome mais do que unha vida breve e doente. E se os vícios afectam à saúde e abreviam a vida, non parece tán clara a afirmaçón de que o vício sexa benéfico para a cousa pública. “Vós, senhor, pensais que, polo bem da sociedade, a natureza humana debe ser louvada tanto quanto possíbel; considero que a sua verdadeira ruindade e deformidade som mais instructivas”, respondeu, com a dureza do sarcasmo, Bernard Mandeville a George Berkeley, a quem Mandeville consideraba um adulador com o fim de conduzir as pessoas para o seu próprio campo moral.
E, ainda, me mirou agraviado; nesses momentos odiei a Catalunha e todos os nacionalismos com um instinto selvaxem: adeus à terra de promisón. Paradoxalmente, isto é o pior que pode acontecer a um apátrida: carecer de terra onde afincar as raízes que arrincou do seu país. Nas Vascongadas, nem sonhar, Bilbao estaba cheio de xente da minha terra e eu non queria saber nada do meu pobo. Tinhame contado a mim o Villán, currante alí logo da estampida da Laboral, que se estabam organizando movimentos de resistência antifranquista; mas o Villán acreditaba que, posteriormente, aquilo, mais que um movimento de emancipaçón trabalhadora, cristalizaria num nacionalismo conservador e presbítero. Nos anos cinquenta tinha aparecido ETA. E aí andabam os novos emigrantes de Castela, ou os seus filhos, a voltas com a grande pátria vasca. Temía o Villán que a esta xente da marxem esquerda da ría, ou sexa proletários, o seu apoio à pátria vasca acabara estoupando-lhes nas màns. A el e a mim, parecíanos razoábel e até obrigatória a integraçón na cultura de acolhida; mas unha esaxeraçón do sentimento nacional e selectivo, No País Vasco e em Catalunha, começaba xá a darnos pola retaguarda. Por encima do antifranquismo, perfilába-se unha perigosa afirmaçón étnica. No País Vasco, chamabam-nos “maketos”, em Catalunha “charnegos”; o que, para o caso daba igual. Por aquel entón, mirabam-se as reivindicaçóns nacionalistas como unha épica de resistência, a respiraçón natural de culturas oprimidas polo centralismo da dictadura franquista. Mas, había mais tomate. Aquel cabrón, abacial e com pintas, acababa de abrir-me os olhos: o emigrante era um pária! Muitos vascos e cataláns eram antifranquistas, somente por um refléxo de irredentismo nacional. As alemáns, nada sabiam de tudo isto. Pensabam que Espanha era Andalucía, castanhetas, flamenco e flores no cabelo. Pretender explicár-lho era perder o tempo. E, ademais, ¿para quê? De non ser polo sol, estou seguro de que teríam confundido Catalunha com França. Por isso, quando o Villán apareceu por Canet, advertím-lhe que deixara de fazer o “gilipollas” e fora directamente ao cereal. A política non era boa para “ligar”; nem sequer para espanholas, quanto menos para alemáns. Era bom saber, por exemplo, que a burguesía catalán era mais ilustrada e liberal que a vasca, franquista até à médula. Mas, cada cousa ó seu tempo. A burguesía catalán era defensora da sua fala e da sua cultura, mentras que a burguesía industrial vasca nem sequer acreditaba que eles, os vascos, tivéram unha cultura e muito menos unha fala. Ao sumo unha rareza rural e antiga, circunscrípta ao âmbito dos caseríos. Nada que ver com a tradiçón literária, por exemplo, do catalán. O que decía o Villán, que para o abstracto tinha condiçóns, mas para o práctico, um desástre: que tudo é questón de clásses, mais que de nacionalidades e que o dinheiro non tem pátria. E, como vinha decíndo eu, que também tinha algunhas ideias aproveitábeis: todo nacionalismo se impugna sempre desde outro nacionalismo. É dizer, tal para qual!
Por outro lado, o pensamento de Gramsci permite-nos entender que, se non se conceder unha autonomia ao “superestructural”, a própria luta política transforma-se num absurdo, como de facto sucedeu nas versóns mais economicistas do marxismo. De certo modo, nos capítulos anteriores tivemos ocasión de corroborar na própria obra de Marx a pertinência do ponto de vista de Gramsci. As leis do capitalismo non conduzem ao comunismo. Non será o desenvolvimento da economia capitalista que nos leva ao socialismo. Como disse o filósofo Perry Anderson, actualmente é mais fácil imaxinar o fim do mundo do que o fim do capitalismo. As leis do capitalismo non se transformaram por nenhum milagre dialéctico no seu contrário comunista. E, na verdade, unha boa leitura da sua obra confirma que Marx também non esperava que isso acontecesse. Xá vimos antes que nem mesmo é possíbel confiar nas “leis da história”. Non será “a história” que nos vai trazer o socialismo ou o comunismo. Marx descobriu leis de certas cousas históricas – como o capitalismo -, mas non descobriu qualquer lei da própria história. Sem a luta política, o futuro comunista que o marxismo augurava para a humanidade non tería qualquer possibilidade. Ora, a “luta política” é, em primeiro lugar, unha luta ideolóxica. O marxismo mais escolástico encontrava-se neste ponto com a aporia de que unha realidade superestructural fosse “determinante” relativamente ao que tería ou non teria de ocorrer na história. Gramsci, polo contrário, concentrou neste ponto as melhores enerxias do seu pensamento. Na luta de classes, a “questón.chave” politicamente é a luta para conquistar aquilo a que ele chamou a “hexemonia”. De todos os conceitos da tradiçón marxista, este é, sem dúvida algunha, o mais citado actualmente. Vexámos como Gramsci expón o problema.
Este ano o tempo estava mau, non obstânte, voltar a Lisboa sempre resulta unha paixón na minha vida. Tudo está cheio de lembrânças, de velhas histórias e de carga sentimental.
Lutando contra a “Vontade”, essa força cega, irracional, que non nos deixa descansar e nos impêle a continuar sempre insatisfeitos com o presente das nossas vidas.
A velha Lyssós, está perdendo beleza e povoaçón nativa, a passos axigantados, o dinheiro abala os cimentos da civilizaçón e corrompe até ao cérne tudo o que é importante para a vida.
RESTAURANTE O REI DOS LEITOES
Para comer a meio do caminho, as cadeiras eram duras (de madeira), e a sala espaçosa permite conversar demoradamente e à vontade. A comida também era boa, dentro do que cabe a um restaurante especializado em “Leitao”.
…
RESTAURANTE ADEGA DA TIA MATILDE
“Canxa de Pato” do Tia Matilde, unha referência obrigatória deste restaurante.
“Robálo grelhado com grelos salteados”, para compartir por três pessoas. A atençón é esmerada, procurando facilitar e orientar ao cliente. Muito boa comida, e a um preço non esaxerado.
O “Bacalhau à Gomez Sá”, estava excelente, muito bem feito, parecia o da Paula.
…
RESTAURANTE DA LAURINDA
O Carlos demandába um restaurante modesto, à maneira da Lisboa antiga, mas hoxe em dia xá non resulta fácil encontrar um. Depois de muito pensar, acordei-me da Laurinda, a antiga cozinheira da “Flor do Carmo”. Lugar pequeno, bom acolhimento, comida caseira, limpeza absolucta, e preço modesto, comemos quatro pessoas por quarenta euros. Duas postas de pescada reboçada cada um, acompanhadas de arroz de feixóns e unha sopa inicial de feixón verde. Negócio familiar, que segue resistindo através dos tempos, mas, se continuam podem encontrar-se com unha chuva de clientes.
…
RESTAURANTE O GALITO
Um restaurante, é um organismo dotado de vida, que pode mudar em qualquer momento. Um, nunca sabe o que se pode encontrar, muda de um ano para o outro sem avisar. Xá sexa, pola cobiça do dono, ou polo mau comportamento de um empregado, ou sobre tudo polos câmbios na cozinha. Este ano o nosso Galito está muito baixo! A comida abandalhada, e o tratamento desconsiderado, por estes importantes motivos, deixamos de recomendar este restaurante.
…
UNHA SOPA DE CENOURA E PASTÉIS DE BACALHAU
No Largo da Graça, um reconforto a meia manhán.
…
Queluz bem merece um passeio distendido, perto da meia manhám e depois do pequeno almorço, um pode colher o “Métro” para Entre Campos, e logo, no mesmo sitio o comboio para Queluz. Chegados à vila, empreendemos unha caminhada de aproximadamente um quilómetro na direçón do palácio. Alí, poderemos visitar o pazo e xardíns, e comer como uns marqueses de Fronteira e Alorna.
…
O RESTAURANTE DEL REI
O Restaurante del Rei, foi unha agradábel surpressa. Pois, tem unha comida altamente gastronómica: Perdíz, Eirós, Arroces, Migas, Carne de Alguidar e peixes grelhados. Situádo em frente do Palácio, bem merece unha visita própria.
Se fizermos a experiência de perguntar nunha aula do ensino secundário (sem ler o comentário final de Marx) do que foi que o senhor Peel se tinha esquecido em Inglaterra, para que as cousas lhe correram tán mal (no dia a seguir ao desembarco, “o senhor Peel non contava nem com um servente que lhe trouxéra água do rio”), será normal, que algum aluno mais avantaxado responda despudoradamente, que se tinha esquecido de trazer a “guarda real”. Em parte, isso está certo. A primeira cousa que se compreende, de facto, é que a lei da oferta e da procura de trabalhadores, por algum misterioso motivo, non funcionava nas colónias sem a axuda da polícia e do exército. Em Inglaterra, é suficiente que alguém tenha capital, isto é, dinheiro, máquinas e “boas ideias”, para que a sua procura de trabalho se vexa imediatamente satisfeita por unha fila de operários dispostos a oferecer-se. Polo contrário, ao senhor Peel nem sequer lhe valeu a argúcia de exportar os seus operários xuntamente com o seu capital. Mal desembarcou, o contracto de trabalho que com eles assinara transformou-se em letra-morta, os operários desapareceram e, pouco tempo depois, as máquinas e os meios de produçón tinham deixado de ser capital, para se transformarem num monte de ferro-velho enferruxado. Os operários reaparecerom instalados em fazendas particulares, reconvertidos em colonos, dedicados – quem sabe – a exterminar aboríxens, a trabalhar com o suor da sua frente lotes de terra heroicamente defendidos dos intrusos… e se o filme for suficientemente longo, provábelmente aparecerám no final transformados em magnátes, depois de terem descoberto algum pozo de petróleo nas suas terras dilixentemente trabalhadas. O senhor Peel acreditava que metia no barco os seus operários e, sem se aperceber, tinha embarcado também a sua concorrência; tinha pago a passaxem aos seus mais inflamados competidores.
Nao sei como seria classificado hoje este professor, mas, calculo. Sei que nao daria aulas a nao ser que existisse alguma escola num buraco escondido da montanha mais montanha imaginada. Sei que todos sabem de quem falo sem o ter mencionado: Dete-Dete. Professor de inglês; açoriano e herói de Coimbra. É um professor indiscritível e fartamente adjectivável. Cruel chicoteador. Insensível à dor de uma criança. Em si era uma figura bizarra; cilíndrico. Tinha a poupa espigada que lhe emprestava um ar avesso. O professor mais detestável que conheci. Nao me recordo o motivo que gerou a nossa mútua aversao. No entanto, sei que uma semana depois de ter aulas com ele já sentia aversao. Penso que nunca me tocou. Mas, vi-o tocar e retocar a cara e o corpo de mais de um colega. E nao era um estalo, nao … Eram estalos; eram pauladas; era violência extrema. Era violência psicológica. Se a ancestral Universidade de Coimbra produzia este tipo de professores, Coimbra como Universidade, viveu uma época de interregno. Se lhe conto aos meus filhos ou a um jovem desta época como era este professor, perguntar-me-á: -Que bebeste ao almoço?.. Responder-lhe-ei: Nada; entao, o jovem rir-se-á de mim. Se por ventura é um jovem espanhol que sabe que estudei em escolas privadas; dir-me-á: “y tus padres te mandarom a un colégio de pago para que te dieran mamporros?..” Felizmente, hoxe, já nao existe este tipo de professor. Vamos melhorando.