Reimonde

oooooooooooooooooooooooooooooo

                 REIMONDE

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

oooooooooooooooooooooooooooooo

              A FARMACIA DE GUILLADE

Foi inaugurada no ano 1992, o primeiro de Novembro, prestando un servicio de muita útilidade na comarca.

J.G.Sebastián

(Xosé da Casquilla)

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

.

  A CASA DA FIDALGA (A PARTE BAIXA DESTA CASA)

Foi construida polo señor Xosé do Portelo para unha panaderia tahona, e logo pasou ás mans da Fidalga. Foi o primeiro baile de Guillade, logo Tele-Club e actualmente o Comercio Apolo (1992).

J. G. Sebastian (Xose da Casquilla)

oooooooooooooooooooooooooooooo

.

           ORIXES DO BAILE DE GUILLADE

Este foi un seguimento do que eran os fiadeiros, mais tarde xa pasaron a ser os seráns, ou sexa bailes de Barrios pola noite do inverno.  Ali divertianse vellos e novos, grandes e pequenos, a luz era de candil de gas, ou carburo e facianse nunha corte das ouvellas ou outros animais ou nun coberto un pouco limpo axeitado ó que era a xuntanza con asentos de táboas arredor para sentarse as vellas. Esto sucedia xeralmente catro noites á seman e escomenzaba a tempada alá polo Outubro hasta ó Entroido que logo remataba co enterro da sardiña. Despois do ano 1940 a casa que mais se prestaba para este servicio de bailes ou serans foi a casa do Arrasta no lugar do Pazo da Fonte, que por arriba foi escola dos rapaces muitos anos, enton no baixo, que fora a bodega ou cousa parecida facianse grandes seráns, polo entroido chegaban entroidadas de moitas aldeas orredor, como Taboexa, Lira, etc.  Neste recorrer do tempo a Señor Xosè Maria Montero Giraldez “O Arrasta”, retornou de Lisboa e afincouse en Guillade definitivamente por cousas de saúde, o bo home tiña que buscar onde pasar o tempo, enton dedicouse á fotografia e buscaba o recuncho mais axeitado da parroquia para facer o seu traballo, dedicabase moito a facer-lles fotografia ás mozas, tiña uns premios estipulados para cada caso. Si unha moza lle ensinaba unha perna hasta ó xeollo concedialle un baile á inglesa, a moza que lle regalara un cabelo como recordo esa era agraciada con cinco duros. O baile á inglesa consistia en que a moza chamaba o mozo para bailar. A tudo isto os tempos foron cambiando e o Arrasta pensou na necesidade de dar fin ós serans da sua casa do Pazo, enton fixo trato co Señor Manuel da Fidalga para facer alí un baile, pero enton somentes os Domingos e dias de festa. Un Domingo actuaba un gaiteiro dos bos, e outro Domingo menos malo, daquela foi un exito tremendo porque xa non se facian serans, por ningunha das aldeas. Enton Guillade escomenzou a ser un punto de atraccion, o Señor Arrasta escomenzou a quentarselle a cachola e pensou que tiña futuro un Salon de Baile, axiña lle puxo mans á obra que por certo deulle bastantes berrenchinas, cos arquitectos e constructores, a cousa non foi nada doada. Ao remate das obras o home sentiuse moi ledo, e chegou a acadar a simpatia de todo o povo, en especial das mozas e dos mozos. Esta foi a primeira obra que fixo o noso amigo Fontan en Guillade.

J.G.Sebastián
(Xosé da Casquilla)

oooooooooooooooooooooooooooooo

.

  D AMADEO GIRALDEZ GUILLADE “O XANOTA” NA COMPAÑIA DA SUA DONA

O Señor Giraldez, home de negocios na nosa segunda terra que é Lisboa, sociable e competitivo en todas as facetas da sua vida; cazador nato a nivel internacional de caza maior e menor, participante en grandes contendas de barallas, asíduo consumidor das nosas augas termais de Mondariz, todo un “magnate”.

J.G.Sebastián    
(Xosé da Casquilla)

oooooooooooooooooooooooooooooo

.

                  O SR QUINTAN SUAREZ

Maestro nacional dos nenos presenta a sua dimision como secretário monitor do Tele-Club de Guillade ano 1969.

J.G.Sebastián
(Xosé da Casquilla)

oooooooooooooooooooooooooooooo

.

                GABINO DA MARGARITA

Camiñante lento pero seguro, durante 70 anos cruzou a nossa terra de Guillade camiño de Batallans, “lugar da Coutada” para remudar a sua nai carrexona de peixe, isto fixo durante toda a vida da sua nai Margarita.  Batallans, piñeiral e viceversa, os ultimos 20 anos, seguiu o recorrido mais enton como xornaleiro pola comida e a voluntade. No ano 90 foi xubilado polo plan especial da Seguridade Social (Pensions non contributivas).

J. G. Sebastian
                                                                                  (Xose da Casquilla)

oooooooooooooooooooooooooooooo

.

               O GABINO DA MARGARIDA

Natural de Batalláns, apesar do seu estado de inocência, nunca caíu na mendicidade, ganhava um escáso pán como xornaleiro.
Albergava um certo amor pela sabeduria, e pola heterodóxia exegética, o qual lhe valeu a sua fúlminante expulsón da carreira de sacristán, por facer certos á marxém, comentários impróprios, nos momentos mais inoportunos.  Estaba Don Veríssimo incensando a multidón amorfa, quando de repente se romperon as correntes, e tudo virou polo chán mais rasteiro:

.¡¡ AGORA ABANE-LHE CO CARALHO DON VERíSSIMO !!

              Claro está, que Veríssimo, todo lho perdoava. Non foi así, quando posteriormente vinheron curas mais modernos e funcionais.

.¡¡ BEBA DON VERÍSSIMO, QUE ESTE ANO HAY MUITO !!

               Quando da penosa data da morte do porco, el e a sua irmán, non podían mais que chorar a lágrima solta, polo víl assessinato do companheiro de tantos mêses de convívio gratificante.  Tudo vale a pena, quando a alma non é pequena! Que o Caos, os acolha na harmonia infínda do seu revoltiço!

A Irmandade Circular

oooooooooooooooooooooooooooooo

 

IMG_0189000

O Muinho do Roupeiro.
 

oooooooooooooooooooooooooooooo

.

 OUTRA TRAXéDIA QUE MERECE SER FALADA

 

                No ano 1942, cando a galerna de vento e choiva que non quedou can nen gato, escomenzou sobre as once da noite, enton o Delfino da “Guicha” e mais eu, non lembro se tamen estaba Luciano da Presa, viñamos xa na Cardeira pero os gardachoivas, que nos emprestaran as mozas, voaron xa polo ar. O chegar á ponte do rio, xa non podiamos  pasar, porque as mimosas e os aramios da luz atrancaran a carretera. Enton tivemos que dormir debaixo das laranxeiras da Sidra de San Pedro. O mesmo tempo xa ceamos cas laranxas. O dia seguinte pola mañan, fixemos  unha parada na miña casa en Mourigade, pero a miña familia estaban tolos por mor da nosa vida. Enton tudo foi calmando pouco a pouco, só que cumpria retellar o tellado, porque a casa estaba toda mollada. Daquela o Delfino da “Guicha” queria subir ó tellado, pero precisaba duns calzoncillos secos pois os que tiña estaban pegados ás pernas. Daquela vestiu uns calzoncillos meus, pero estes eranlles moi pequenos. Cando iba pra mañanciña do Domingo para a sua casa da Encostada, alá polo roupeiro perdeu os calzoncillos que levava nun embrullo mollados, O dia seguinte unha muller de Reimonde atopou os calzoncillos e fixose moitas ideas raras

    J.G.Sebastián    
(Xosé da Casquilla)

oooooooooooooooooooooooooo

                         FIM     

Deixar un comentario