O Vilar

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

                    O VILAR

oooooooooooooooooooooooooooooo

                 INOCÊNCIO DO FADÍSTA

Nado no lugar do Vilar, home tremendamente forzudo, de ideales políticos de esquerda, espresabase en castelán argentino, era chosco do ollo esquerdo, renegaba sempre aos cregos. Un dia o cura Don Severo, iba ó lugar da Lomba a levantar o cadáver da Senhora Generosa, niste intre encarou co Fadista e dixolle buenos dias Don Inocencio… de seguido el contesta con moito xenio, “Don Inocencio sin bachiller é como unha burra comer con culler…”. O cura  dixolle, “Bueno, bueno Señor Inocencio”. Enton era Señor e non Don. Era especialista en canteria de pasta. Esplorou varias canteiras na bisbarra. Tiña contratada unha viña alta en Mourigade. As coluntas eran de cinco metros por cincuenta de ancho, cando chegaron o momento de levantar a columna a media altura os compañeiros, non aguantaron semellante peso, e ante o fallo dos compañeiros Inocencio apechugou coa columna ao lombo e conseguiu pola no seu sitio, e logo dixolle “Sodes uns furriqueiras non valedes pra nada”. Coma esta anécdota teriamos moitas que contar.

J. G. Sebastián
(Xosé da Casquilla)

oooooooooooooooooooooooooooooo

            O SEÑOR JOSÉ DO LAMPANAS

            Coñecido  como o “Manteigueiro” ou “Barbeiro”. Iste era unha persoa mui leda e simpática. O seu oficio entre outros traballos, era de barbeiro de Guillade no percorrer de muito tempo, o local era na tenda da “Malaguena”, era moi entendido na poda de viñas, pero tiña outro traballo, que lle despertaba mais ilusión, neste caso tiña competencia, entón cando se encontraba a carón dos seus adversários, entón xa estaba o lio armado, esta arte era de matador de porcos, isto sempre pasaba nunha tenda ou nun bar. Os seus mais grandes contrincantes eran o “Modesto do Capitan” e o “Brillante”, somentes falar-lle nun destes homes, ao barbeiro daballe un ataque de nervos, que tiñas que bañalo con aguardente para calmar a sua boranchina.

J. G. Sebastián
(Xosé da Casquilla)

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

         O SEÑOR GUILLERME DO VINAGRE

                Home de moito carisma, portaba un grande bigote, durante muitos anos foi pregoeiro das puxas da Virxen das Angustias, facia as ledicias as suas maneiras, tamen tiña as suas mañas como feirante de xuvencas. O Señor Guillerme coas suas verbas facialle ver aos seus paisanos que a sua becerra non padecia ningún defeito, aunque ela fora reloxeira ou tuvera o clavo no ollo. O Señor Guillerme un certo dia tuvo unha inquedanza cos dous veciños, formouse unha malleira que lle racharon o beizo e mutilaronlle o bigote.

J. G. Sebastian
(Xosé da Casquilla)

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

        A MEMÓRIA DE GUILLADE NO MAR

Non podemos esquecer os nosos xóvenes de Guillade faenando nas costas dos nosos oceanos. Estas singladuras escomenzaron alá polo ano 1964 cando a noso amigo Eladito, o mais vello da saga dos Vinagres, fora empregado no bar “Dourado”  en Bouzas. Ali serviulle de escola pra axiña voar coma as gaivotas de agarrarse ós tramallos, coma un verdadeiro lobo do mar. Namentres que poido xa se adicou ó seu forte, neste caso era facer as caldeiradas. O pouco tempo foi medrando a familia, de tal xeito que chegaron a consolidar como trascendencia un semilleiro de profesionais da pesca, entre irmáns, primos e veciños. Quero engadir as gañas de ser e triunfar dun dos membros da familia que conqueriu o posto de Patrón de Costa.
Toda esta reste de homes da pesca, xurdiron da zona alta de Guillade, que eu chamo San Xoan de Guillade.
Pregolle unha oración  por un membro desta arte que finou no mar por unha faena desafortunada no ano 1991 Caetano Rodriguez, D. en P.

J.G.Sebastián
(Xosé da Casquilla)

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

                   A VOLTA DA MOURA

Lugar, que só ouvir falar nele, xá arrepiába os cabelos da cabeça. Encolhía-se um debaixo das mornas mantas, com ledícia, encontrando-se aí a bom recáudo de semelhantes perígos.
Nocturno por excelência, baixaba do corazón do monte, através do Carqueixo, sítio temído de negras emboscadas. Nele se abrigában todas as criaturas daquéla extinta fauna, acompanhados d’um regueiro de cuidado, com ele, o qual tinha a manía de correr atrás da xente, e a afogába no seu ruído.
Discretos e silenciosos helicópteros chamados “Avexóns”, colhían as víctimas e as despenhában, sobre tudo, no meio de rocêlos de silvas, non podendo os infelíces sair dalí, presos do pânico até o amanhecer.  Todos estes terrores, se conxuntában e confluían nésta volta da moura morte, lonxe das casas, lonxe de todo auxílio. Onde um podía gritar bêm alto todos os seus mêdos, que ninguém o ouviría xamais neste mundo.

A Irmandade Circular

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

O REGUEIRO DO VILAR

Nasce nas Cháns do Campo do Mouro, na vertênte das Castinheiras. Num futuro, haberá que eliminar o eucalípto das cabadas particulares de Castinheiras, o qual daría unha outra vida ao regueiro.

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o se nome de arquivo é img_0923.jpg

O regueiro, abastecia de àgua o poboado pré-histórico Das Castinheiras.

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o se nome de arquivo é img_0922.jpg

Esta é a Presa grande dos Muinhos.

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o se nome de arquivo é img_0921.jpg

Unha presa mais pequena, que fica mais abaixo da grande.

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o se nome de arquivo é img_0920.jpg

Regato, que baixa das presas dos Muinhos.

Lugar dos Muinhos.

Restos de muinhos velhos.

 
Report this ad

Restos de Muinhos

Restos de Muinhos

Caminho e Levada, que vai na direçón do Alto da Costa.

Restos de Muinhos.

Porcarias das casas, atiradas ós regatos.

verduras e maranhas.

A selva temperada húmida.

Ó fundo a Presa do Vilar, ó lado do caminho que vem da Lomba.

Caminho que vem da Lomba para o Vilar.

Pervive a memória dos Garcias, e do poeta Xoán Garcia de Guillade, cantador de escárnios e maldizeres, que segue percorrendo o mundo despois de morto.

O numero de porcarias infinitum est.

O xardím do Edén. Somente pode causar em nós espanto.

O Vilar, conserva no seu cerne a beleza da poesía.

A Xeraçón Límite

O Regueiro vai atravessar a estrada provincial.

Presa debaixo da estrada

Este côto parece como um castela, com unha muralha de pedras no cûme.

A vexetaçón é de autêntica selva.

A vexetaçón é verdadeiramente luxuriante.

Verdadeiramente luxuriante.

Xunta-se ao Regueiro da Moura, perto do Muinho do Roupeiro.

O Muinho do Roupeiro.

Caminho de Pazos.

As àguas do Regueiro do Vilar e do Regueiro da Moura xá xuntas, duplicam agora o caudal, com a incorporaçón do Regueiro do Rillón.

Encontro dos três regueiros, no caminho a Pontareas.

Casas da Sorreira.

 
Report this ad

A IRMANDADE CIRCULAR

RAÍZ CRÍTICA – ETIMOLÓXICA – DESPIADADA (TORREIRO)

Igual, que todos os vaidosos, eu também quero aportar a minha modésta contribuiçón ao mar sem fundo da ignorância. Neste caso, trata-se de buscar a raíz etimolóxica da palabra “Torreiro”. Non é que queira abusar da minha abultada erudiçón, mas, vislûmbra-se aquí, unha bifurcaçón de duas raízes diferentes, e ínclúso outras mais antigas, que se perdem na poeira dos tempos. Torcer, da qual vem Tôrques, Torre, Torreiro e Terreiro. Das quais resultam duas vías diferentes: a primeira é Terreiro, tal como afirmam os portuguêses, unha eira de terra pisada ó redor da Torre. Torre, Terreiro, Torróns (de terra), Torrontês (que é da terra, do país). A segunda raíz é: Torreiro (lugar onde se Torra), Torrar (os cadáberes), Tostar, Torrefacto, Tórrido, Torresmo, Torrixa. O sentido é totalmente outro, e non me atrévo a assegurar que, Torreiro sexa o sentido verdadeiro históricamente falando. Pois, quando penso no culto funcionário do Concelho de Pontareas, que modificou o nome da minha nái de Erundina, para Dígna, porque a xente lhe chamaba Dina, acredito sincéramente que a ignorância é muito atrevida. Argumentarám vossas Senhorías que, é Terreiro, porque, normalmente o chán era de terra batída, mas, non sempre. Às vezes, eram feitos de laxêdos (algúns naturais), das pedregosas cimas das aldeias galegas, para conheitar e secar os frutos da terra ao sol do vrán. O Largo do Torreirinho, O Torreirinho do Trigo, O Torreiro do Paço e o definitivo e imprescindíbel Torreiro da Fésta. Tendo em conta que, o pobo é quem mais ordena, e quem melhor conserva as palabras arcaicas, no seu cérne. Torreiro, é a palabra que acompanha a todos os galegos, e que acolhe toda a maxía das reunións socias da aldeia. Torreiro podería vir do lugar ou eira, onde se torrabam as landras, para fazer o pán de belotas.

 

LÉRIA CULTURAL

 
 

oooooooooooooooooooooooooooooo

                        FIM

Deixar un comentario