Uma

oooooooooooooooooooooooooooooo

                       UMA

oooooooooooooooooooooooooooooo

O CASTRO D’UMA (O CALVÁRIO)

Vista desde o Calvário.

O Calvário, marca a fronteira tribal entre Uma e Guillade.

A vida retorna, após o lume dos infernos.

Há pedras, que alheian as xentes, e ás veces as afrôntan.

.

A Maxía Fungária dos troncos mortos.

O Castro D’Uma, foi salvo por um “Maestro D’Escuelas”.

O qual denunciou ás autoridades, a construçón d’um cemitério sobre as ruínas arcáicas.

Aínda se podêm ver duas trincheiras, abertas para os basamentos dos muros.

As casas do Castela tenhém unha dimensón considerável.

No chán há cinzas, telhas esmioladas, e outras merdinhas.

Pera Labrada.

Lítico do Calvário.

A “Crús Grega” dos Cristáns.

O buscador de trufas.

Os muros circulares das casas, como estrelas apagadas pola terra.

oooooooooooooooooooooooooooooo

              EIDO DO VELHO

A Beleza natural e remota do Eido do Velho, foi massacráda pela infiltraçón do eucalípto, apartir das cabádas privadas e do comunal de Uma.

Houbo unha época, em que após os sucessívos lúmes se formou um bosque nativo espontanêo, dunha beleza inesperada.

Só um esforzo útopico por parte da Xuventude, podería salvar éste lugar,  aínda hoxe fermoso

Final do caminho do Eido do Velho, com unha ponte de pedras que atravessa o regato.

Pedra que se incrustou no tronco d’um carbalho.

oooooooooooooooooooooooooooooo

              SANT’ANDREL

IMG_0486

Sant’Andrel, com o castro d’Uma no alto do Calvário.

Caminho principal empedrado (ésta Vía vinha do Pazo da Fonte, e dividía-se nas Láxes, caminho das Penélas).

A Campo do Mouro, através do Eido do Velho.

Escola dos pequenos, separada da das raparigas, seguíndo os  modelos  desarrolhísta da modernidade.

oooooooooooooooooooooooooooooo

UNHA PEQUENA LEMBRANZA Á PARROQUIA DE SAN ANDRÉS DE UMA

Eu fún nado no lugar do Côto barrio de Mourigade, moi pretiño da igrexa de “UMA”, levo dentro de min e moitos recordos acadados da miña infância, en primeiro lugar compartín, escola cos nenos de UMA, sendo mestre D. Enrique Barbosa que tanto facía de abáde como de escolânte. Fún muitas veces obxecto de travesuras, por parte de algúns rapaces.  Os meus maiores enemigos eran os laranxeiros,  que unha vez mexáron por min, tudo isto por ser alleo á parroquia. Iba e viña por aqueles carreiriños do Mesêgo e Fondóns, sempre moi tríste por falta de compañia de outro neno coma min.  O barrio de Santandrel era o lugar de Uma que se consideraba o centro, por estar alí úbicados, a Igrexa, o Turreiro das festas, a Escola e a Casa do Povo, e as tres tendas primitívas que foron a da Lisa, a do Rexón, e a do Frascuelo, isto alá polo mil novecentos dazaoito. O señor Frascuelo, era retornado da Arxentina un home con muito carísma e personalidade, sendo mociñas, xá despachaban as suas filhas, Amélia e Dorinda, eiqui compraba eu o paquete da cascarilla de cacao e a pastilla de chocolate. No Rexón mercaba as tacholas, prás tamâncas e os petardos de fogo, seguíndo co’as tendas, despois de várias experiências, instalouse alá polos anos sesenta o Leilón no lugar do Outeiro, iste home foi un verdadeiro polifacético, acadou muita popularidade co seu negócio de comidas e bebidas, por todas as féstas da bisbarra, foi un bo zapateiro entre outros ofícios, este Manuel Gonzalez foi malogrado por unha doenza que rematou coa sua vida á idade de cuarenta e seis anos  Non podemos esquecer que a partir do ano trinta e nove ou cuarenta foi instalado tamén en Santandrel un forno artesanal de Don Manuel Outon “O Nubes”, xenro do Frascuelo, deica  pasou pra sua casa da Ponte, alá polos anos sesenta.  O Barrio de Santrandel deixou de exercer as suas actividades cando pasaron as festas pro parque do Fornelo, así chamaballe o popular Chico da Ferreira,  mais coñecido polo “Coisiñas”, tudo isto pasou alá polo ano sesenta e catro.

J.G.Sebastian
(Xose da Casquilla)

oooooooooooooooooooooooooooooo

Ó fundo era a escola das meninas, xá um pouco mais acolhedora que a dos rapazes.

IMG_0455

Eido da Crisánta

Esta penso eu, que sería a entrada principal ó Castro D’Uma.

IMG_0454

A casa do Abáde (mandou-a facer quando lhe saíu a sorte grande).

oooooooooooooooooooooooooooooo

         XOSÉ DO CASEIRO “O CABALEIRO”

Este persoeiro foi un verdadeiro mito na parroquia de Uma, boa persoa, sempre exerceu traballos dos mais duros da época, foi un bo
aserrador, sacristan e de ves en cando alternaba a sua saída de carrillano por moitas latitudes do país, sempre empregou o seu físico nos  trabalhos mais perigosos

da construccion, despreciaba a sua vida como persoa; sendo ainda um mozo abandonou o trabalho e o que podia ser o seu futuro, axiña entregouse á bebida e o vicio do tabaco. Amancia polos camiños encharcado de auga e barro polas mañas, isto era a cotio, un can badio non era mais evidente. Nas noites de mais inclemencia do inverno, espertaba do letargo, xunguido á botella de bebida, tudo isto en pouco tempo fixo mella no seu sangue. Finou a sua vida ao pouco tempo no asilo de Tui.

   J. G. Sebastian
(Xose da Casquilla)

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

Casa do Cabaleiro.

IMG_0441

Artéria lateral dereita baixando do Crato.(Casa da Xerónima)e(Casa da Ribeira).

IMG_0446

Casa da Crisanta

IMG_0452

IMG_0451

IMG_0447

IMG_0448

Se acaso houbera xente com a suficiente capacidade, este País poderia ser a “Galinha dos ovos d’ouro”.

IMG_0449

IMG_0450

Eido de Carmela da Renga

Tamen seria um regalo para a nossa mente !

IMG_0419

O RELOXIO DA IGREXA D’UMA

Este artiluxio diabólico, que fora mandado instaurar polo senhor padre-cura na espadana da igrexa, sacrificava o silencio celestial cada quarto de hora, com unha sucesion de cantinelas insoportáveis.
Um ritmo escravizante e inmiserecorde, martelava desalmadamente os ouvidos humanos, impondolhe unha nocion despótica e poluente do tempo. Non permitia descansar, nin a dios nin ós santos, transtornando de maneira ruidosa e pontual as consciencias mais delicadas.
A maquina de tortura, aparentemente inofensiva, acabou por provocar unha revolta vecinhal. Os quais levantados em fúria demencial, de motus vehemente exigiron se amordazara  de inmediato este monstro íncansavel, que noite e dia ruxia alimentado por unha energia antropófaga.
O seu talante dictatorial, ameaçava apoderarse totalmente do tempo de todos nós.

A Irmandade Circular

IMG_0421

A FUGA DO SAN ANDRES

Era unha ves, fai muito tempo, que aconteceu esta lenda. A qual perviviu na memoria dos nossos antergos através dos séculos, desse asustador dia em que houberon de ficar sem o santo, non porque o roubaran, senon que foi el mesmo quem escapou.
Despois de muito buscar por toda parte, o sacristan por inspiracion divina, deu com el alá metido no medio dos toxos da Bulha. O santo estaba furibundo, pois parece ser que os vecinhos se negaban a pagar o “Limo das Fabas”, imposto antigo que o clero devengaba. Como consequencia de tan irreverente comportamento negavase a entrar em razons e a voltar á igrexa pelo seu proprio pé, preferindo o desterro á cristiana pobreza.

Para aplacar a cólera do beato, organizouse unha procesion de desagrábio monte adentro, no alcance dos altos toxos da Bulha, gritando todos os penitentes ó unísono

¡¡ NOS A VOS !!        ¡¡ O LIMO DAS FABAS PAGAMOLO NOS !!

A Irmandade Circular

IMG_0423

OS ANXOS D’UMA

As cousas do cemiterio non se deben liscar.
Esta historia tenebrosa, ainda que pareça antiga é destes ultimos anos, quando por ordens eclesiasticas se destruiron os ádros das igrexas, baixo orientacions Atilano-saqueadoras, muitas destas obras de arte que formaban parte da nossa memoria foron barbaramente arrasadas e desperdigadas por aqui e por acolá, como se dunha explosion se tratara.
Entre elas unhs fermosos anxos de pedra, que formaban parte d’unha sepultura antiga, o dono cativado pola sua beleza, veio pola noite adentro e levounos para a sua casa, de forma semi clandestina e alí permaneceron por largo tempo
Até ó nefasto dia, em que as asas da morte levantaron voo cara ás portas do inferno.  Antes de entrar nelas, ordenou  ó seu filho, que tamen ó abrigo da escuridade devolvera os Anxos ó seu lugar, onde ainda hoxe em dia permanecen, deslumbrantes ante a mirada das xentes que ignoran.

A Irmandade Circular

IMG_1416uma

IMG_1412uma

IMG_1409uma

IMG_1414uma

IMG_1411uma

IMG_1413uma

IMG_1417uma

IMG_0427

O REXÓN

Deste home eu pouco teño que falar que costedes non coñezan. Eu  solo sei que era un negociante nato, atopabase sempre con atrancos nas suas xeiras da vida. Tiña unha morea de mozos que sempre lle facian as Pascuas, cousa que facia rabear o Sr. Xose. Era un home moi impulsivo, cando chegaba o cabreo daba saltos coma unha corza e non habia Dios que o parara.

Este que escribe o que mais recorda foi a sorte que correu o seu cabalo, este animal estaba a cotio no monte do Calvario, mais chegada a posta do sol pacentaba  no medio dos millos das veigas das Penelas, ahí rillaba todas as noites hasta que presto os donos dos mirrellos deronlle semellante malleira que xa quedou sen vida, pasado un dia era pasto de cans e toda clase de alimañas.

O cabalo do Rexón sempre foi mal tratado por parte do seu amo, pero o animal era moi intelixente, e cando lle petaba sabia usar a retranca para lle causar moitos perxuizos ó Sr. Xosé. Un dia de feira emprenderon viaxe cara Pontareas coas alforxas cargadas de ovos, ó chegaren á casa de Maria do Rei o cabalo petoulle tomar a cebada, i os ovos foron todos escacholados como para facer tortilla para toda a Parroquia. Non queiras ver a argallada que se armou entre o Rexón e o cabalo, pegoulle semellante malleira que a partir de ese dia o cabalo xa nunca mais valeu para nada.

J. G. Sebastian
         (Xose da Casquilla)

IMG_0428

Eido do Malagueno D’Uma.

IMG_0437

IMG_1408uma

IMG_0430

O Torreiro antigo das festas (Este ferro espetado num poste, parece ser para efectuar danças rituais com fitas de cores).

O fundo está a Casa D’Anrique, que era o Maestro.

IMG_1382UMA

IMG_1388uma

IMG_1385UMA

IMG_1387uma

IMG_1389uma

IMG_1394uma

IMG_1386UMA

IMG_1391uma

IMG_1390uma

IMG_1393uma

IMG_1399uma

IMG_1397uma

IMG_1398uma

IMG_1401uma

IMG_1399uma

IMG_1403uma

IMG_0438

O Muinho, ó lado da casa das Pedreiras

IMG_0442

O Lavadouro, coa agua da Madre da Levada e a canle do muinho.

IMG_0434

A Bibiana filha D’Anrique.

IMG_0435

A Casa da Sociedade, parece que era lugar de reunions.


 

O CASAL

IMG_0488

Casa das Portuguesas

IMG_0494

A CASA DO PECHADO NO LUGAR DO CASAL

Eu non podo falar a ciencia certa das xeiras dos antergos desta familia. Pero teño entendido que foi un fogar de moitas vicisitudes. Somentescoñezo aos seus descendentes, como vostedes os recordaran. Era Benito, tio Manuel e Bautista, todos eles tinhan as suas trouladas, que facian as gracias a todos aqueles que os trataban naqueles tempos do humor que outra cousa non habia. O Benito foi o mais popular de aqueles tempos, pola sua

maneira de vestir e polas suas verbas tan ricas en malicia, este vestiu despois da guerra a cotio cunha “chilaba” que lhe debeu apanhar a algun mouro, e coa devandita “chilaba” posta morreu.

Según teño entendido, cando retornou de Lisboa para facer a vida militar xa viña un pouco trabucado, vexan vostedes os feitos deste Benito, tan insólitos como graciosos… Un dia foi á feira e comprou un porco e no regueiro do Casal deulhe un bo baño e refregouno con area, deseguida

puxolle uns pendentes nas orellas e logo facialle de animal de compañia e comia con el na lareira. Todo este comportamento debeuse a unha refeigada de amores
falsos que tivo en Lisboa.

O que tivo mais sorte foi o Bautista que atopou un bo amo, nunca lle faltou calor nin pan e de ves en cando, botaba as suas arrafadas e o señor Nube disfrutaba con el.

         J. G. Sebastian
       (Xose da Casquilla)

DARIO DO MELLADO

Nacido no barrio do Casal (Uma), é coñecido por “Dario dos Quintos” porque se casou con Regina dos Quintos. Este bon home foi retornado de Lisboa, traballou na hosteleria, logo xa na terra antes da guerra do 36 pasou a rexentar a anterga “Casa Medal”, hoxe (Bazar Romero) de Pontareas. Eiqui terminou a xeira da sua vida. Home moi presto a ser útil a calquera suxerencia dos veciños de Guillade.
Prestaba unha grande atencion a todas aquelas mulleres, especialmente carrexonas que amañaban os xerelos que mercaban na praza, e logo o Dario solo lles cobraba o pan e o viño. En fin cousas daquel tempo.
Preguemos unha oracion pola sua alma. D. E. P.

J.G.Sebastián
(Xosé da Casquilla)         

¡(J.G. Sebastián – Xosé da Casquilla)

IMG_0491

Casa da Carmen da Pinheira.

IMG_0492

IMG_0495

Portal da Matilde da Portuguesa

IMG_0496

IMG_0497

Eido da Maria Rosa do Melhado

IMG_0498

IMG_0499

Canexa

IMG_0500

IMG_0501

Quando eu era pequeno, e desemboquei neste lugar pola primeira ves da man da minha nai, fiquei pasmado pola beleza e a vida que daquela tinha este lugar, as mulheres lavavam no rio, e tudo estava feito da harmonia das pedras.

IMG_0502

IMG_0503

Lavadouro no leito do Regueiro que vem do Eido do Velho.

IMG_0506IMG_0507

IMG_0508

Peto das Animas.

IMG_0510

IMG_0511

IMG_0512

Casa de Xosé Antonio do Mellado.

IMG_0513

Casa da Chica Rosa.

IMG_0517

IMG_0516

IMG_0518

Casa da Inesa.

IMG_0519

IMG_0520

IMG_0521

IMG_0522

IMG_0523

IMG_0526

IMG_0528

IMG_0531

IMG_0532

IMG_0534

Fonte

IMG_0535

Lavadouro

IMG_0537

IMG_0538

IMG_0539

IMG_0540

Casa do Amadeo da Costa.

IMG_0543

IMG_0544

IMG_0545

IMG_0547

Esta Canexa levava a unha ponte pequena, que atravessava o regueiro.

IMG_0549

Aqui, por debaixo dunhas vinhas ivase ter o adro.

IMG_0550

IMG_0551

IMG_0552

IMG_0553

IMG_0554

IMG_0556

IMG_0557

IMG_0558

IMG_0559

IMG_0560

IMG_0561

IMG_0566

IMG_0567

IMG_0568

IMG_0569

IMG_0571

 

O CARRASCAL

MANUEL DA RENGA

Tinha unha telha que o partia, o demo do home. Ademais, sempre o colhian coas tamancas na man, pois era retelhador, e trabalhaba descalço enriba dos telhados.

Levaba a irritabilidade a altos cúmios, por ese motivo era alvo das provocacións dos rapaces.

A palabra tabú era “senhor Colón”, utilizada polos rapaces como detonante da súa cólera, e para colmo de infortúnios, puxose de moda na radio unha canción que repetía constantemente “senhor Colón, senhor Colón…”.

Quando se enfurecía, perdía completamente os estribos, as pedras assoviavam no aire, e el saia a correr detrás deles como unha centelha.

Certa vez colheu um dos provocadores, e tan cegamente malhou nel, que quase o deixa morto.

No día do meu nascimento, díxolhe á minha bisavô: se é um home vénhoche tomar o arros doce, se for mulher, xa non apareço por acá.

Eira comunal

 

A PESCA COM BOIS

O tio Antonio da Moxena, casou com a tia Rosa D’Aveiro, que tinha a sua casa paterna em Cacia, xunto das ferteis marismas, as terras do arrós, que xa daquela estaban totalmente abandonadas, pois os barros da celulosa matavan tamen as plantulas do cereal, aparte de assassinar muitas cousas mais, entre elas  o deus da abundancia chamado rio Vouga.
Esta terra de riqueza passada, era conhecida como a Venécia portuguesa, pelas suas fermosas marismas e canais. O arrós, o milho, ocupavan grandes extensions agrícolas, os peixes do rio e do mar, abundavan neste celeiro de fartura.
Na ântiga organizacion económica, muito mais perfeita que a actual, desarrolharonse nestas ribeiras actividades sumamente curiosas, das quais somente fican vestixios através das ruinas das factorias, outras foron incorporadas ó negócio turistico. Os famosos barcos “moliceiros” que percorrian os canais recolhendo limos e palhas, que servian como adubo para fertilizar as terras, os destartalados secadeiros de bacalhau, para aproveitar o sal producido nas salinas do lugar.
Mas a maior das maravilhas locais, era a pesca com bois, tal como a presenciei eu na praia da Torreira, primeiro saía unha esbelta barca a remos com tres ou quatro maruxos, que empurrada desde terra com um pau longo, rompia as espumas mareiras como unha “drakar” Vikinga, e se adentraba no mar, despois largaba a rede num âmplio circo voltando de segida á praia, onde a rede era puxada lenta e forzudamente por duas parexas de bois, que se remudaban no seu esforzo parsimonioso. Quando toda a malha estava recolhida, aparecian os prateados peixinhos saltando vivamente sobre a areia, e ali mesmo eran vendidos sobre tudo ós turistas que así gratificaban a maniobra. Hoxe em dia, os bois maxestuosos foron substítuidos pelo tractor, o qual só por sí xa serve para demostrar a decadencia, sobrando todo comentário. Tudo permanece desmantelado, em favor doutras económias muito mais perigosas, que achegan celulosas ós paraísos naturais, e corroen os ferros das vinhas, e os pulmons das xentes, matan as plantinhas do arrós, e as insuperáveis ânguias e caldeiradas do Vouga, e acabaran envenenando os patos e todas as ínfindas aves das xunqueiras.
Pois para lutarmos com fereza, por todo este fértil mundo ameazado, armemos as nossas forzas com unha Caldeirada d’Anguias, comida na beira do mar, e amemos a quem nos fai tanto bem.

Léria Cultural

 

UN EMPRESARIO AVENTUREIRO”

No ano 1951, antes de rematar as obras do baile do “Arrasta”, aparece un empresário de Vigo, e  aproveita a tempada de 1951 ó 1952 que o Sr. Arrasta xa se lle terminara o contrato co Fidalgo, neste caso alugoulle o garaxe ó viudo no Carrascal, e fixo mil maravillas,  logo a próxima tempada xa foi inaugurado o baile de Guillade, tudo isto foi un proceso de transicion. Que conste que este garaxe do viudo actualmente é propiedade de Hipolito e Italina do Touciñeiro

J.G.Sebastián
(Xosé da Casquilla)

MACEIRA

IMG_0485

AS BARREIRAS

Vista panoramica das Barreiras e da Cachadinha em Uma d’arriba.

IMG_0483

As Barreiras, lugar vistoso, soleado e frio.

IMG_0476

A Chan do Ousende, com a casa da Maria das Pernas Gordas ó fundo.

O Rebanho Comunal d’Uma

Foi o primeiro que eu vin na minha vida infantil, e o único que ainda pervivia como restos dum mundo arcaico que fora organizado con vistas no bem comun.  Sempre me pasmou a perfeicion do seu funcionamento  exemplar, incluso o comportamento harmonioso dos animais resultava surpreendente.

Saía como unha enxorrada ó raiar da aurora, e atravessava toda a aldeia subindo polas Barreiras caminho do monte alto.  Os animais ian-se incorporando na manada, casa por casa desde os seus cortelhos particulares, aumentando desta maneira unha torrente indómita de marabunda.  Passavan todo o dia no baldio, e somente ó solpor da tardinha retornavan ós seus lares.  O chegar á altura dos eidos, eles mesmos se separavan do rebanho comun para entrar saltitando polas cortes adentro, onde recibian o suplemento alimenticio que os esperava nas manxedouras.

Cada dia os vecinhos se remudavan por casas na laboura comun, aforrando deste xeito muitas horas de trabalho quotidiano, necesario era tamen para manter a Irmandade Comunal que esta riqueza de leite, carne, couros, lan e crias para vender,  beneficiara a todos por igual.

Mais tarde, como consequencia das levadas premeditadas de xente para trabalhar nas cidades, o rebanho acabou caindo nas mans dos velhos e pequenos da aldeia, que nesse dia faltaban á escola para participar na tarea comun dos seus.  Todo o dia libres no monte ermo, brincando entre duros toxos, forxavan o seu caracter de independencia espartana, facian casas com pedras para resguardarse dos ventos frios, comian as “putigas” dos carrascos e chupavan o leite fresco dos tetos das cabras.

Co passo dos tempos, toda esta fortuna foi borrada da memoria das nossas xentes, para poder satisfacer outros intereses bem mais ladroeiros e deshumanizadores.

 

Eira Comunal.

IMG_0475

A Casa da Galega.

A casa da Clemencia Rosalina.

A Clemencia morreu nesta cama.

O monte xa irremediabelmente invadido pelo eucalipto.

AMIGO, HA QUE ESCAPAR !

A CASA DA CLEMENCIA ROSALINA

Em Uma d’arriba, pegada ó Eido do Xaneiro, home conversador e amábel, que se preocupava com os meus aborrecimentos infantis. Quando detrás da minha nái, empreendia essas longas peregrinacions a pé rumo ás Barreiras, entravamos polos caminhos lamacentos da Costinha, e os empinados do final, daquela ainda cobertos de vinhas altas, para visitar a tia Olinda que casara com o filho do Restevas.
Quando eu lhe confesaba o meu tédio mortal, o home afanabase em buscarme libros e revistas para me distrair um pouco.
Pois mesmamentemente ó lado está esta casa de pedra, paraíso de misântropos, grande mas discreta, aconchegada no murmurio do ribeiro montarás, foi mimosamente respeitada, e conservase ainda hoxe em dia tal e como foi construida por primorosa man de mestre.
Das xanelas dos seus quartos, estendese unha paisagem inmensa sobre a plenitude do val, e do outro lado a montanha proxima e o regato fundo. A Entrada pequena serve de corta xelos no crú inverno, separada por porta de madeira está a amplia cozinha, com unha campana enorme, a vista sobre o lonxano horizonte, prometedora de cálidas tertulias polas noites grandes adentro.
Tem dous dormitorios, para abranxer o mundo desde a cama através dos cristais, outro interior entre o corredor e a sala de espera-comedor, para que um se poida esconder do sol, nos calores abrasadores do vrán.
No fundo da casa, está a sala de Xantar, com varanda e fiestra sobre a rumorosa ribeira, pintada estranhamente de verde esmeralda e imitacion de madeira nos baixos da parede, tem elementos decorativos perfeitos na sua harmonia.
Do quarto que dá ó norte e nascente, com duas xanelas, disfrutase o monte roxo na sua solitária grandeza, e o sombrio regueiro abaixo non para de ofertar os seus frescos cantares.
Unha sala de espera, tamen utilizada como comedor, pintada do mesmo verde e com ídenticos elementos decorativos que a sala, no centro do tecto tem um peixe verde talhado em madeira, vistoso, máxico. Este  comedor tem saída independente para a salita da entrada.
A xusta medida graeca, e a paz da perfeita beleza, inundan este remoto lugar, tan apartado do mundo.

A Irmandade Circular

A casa do Xaneiro, ou casa da Presa.

Feito de pau de Cerdeira, com adornos a canivete. (Parece ser que non é do Senhor Antonio do Portelo, senon d’alguem de Batalhans.

Este é o Pente, de Pentear o Linho ou a Lan.

A Espadela, de Espadelar o linho.

O Malho.

Ardeche o eixo, Ardeche o carro.

Ardeche o eixo, dalhe co malho.

IMG_0466

O Chocolate, da chocolateira.

IMG_0467

Um bom morteiro.

IMG_0468

A Lanterna de aceite.

IMG_0469

A Canga do Carro de  Bois.

IMG_0470

Pesa Romana

IMG_0471

Em casa de ferreiro, espeto de pau.

IMG_0472

Caixinha para úteis de barbear.

IMG_0474

A Cunca do Bolo.

PERFEITA SEGURANZA

Quando as forças de segurança, se adentraron em territorio d’Uma para probar unha nova arma, ignoraban completamente que estavan a ser vixiados por um sistema infinitamente superior.
A entrada d’unha viatura desconhecida na aldea, foi inmediatamente detectada pelo eficiente radar da Senhora vixilanta A, que alertou enseguida a torre de control.

¡¡ Mira que entrou um coche desconhecido pola carretera arriba, a ver se vés para onde vai !!

¡¡ Subíu para Uma derriba, foi dereito ó monte, vou chamar pra Fulana de tal, a ver se sabe que andan a facer !!

Efectivamente, passados escasos minutos, a pobre da investigadora liga toda assustada pro centro de operacions.

¡¡ Chama rápido para á Guardia Civil, o mais pronto que poidas, pois estes andan aqui os tiros no monte !!

A Guardia, quando ouvíu falar de fúlanos e tiros, veio com toda celeridade, acabando por surpreender os seus colegas de Porriño em plena faena pirotécnica. O mais embarazoso  foi despois as largas explicacions que tiveron que dar á intelixencia local.

Eira Comunal

Um Caldeiro de cobre, colgado da Gramalheira.

FEITICEIRAS

Este acontecimento inesperado, e de certa maneira cómico, pasou fai poucos anos no cumio das Barreiras, em Uma D Arriba.

Á noitinha prendeu fogo no monte, os vecinhos acudiron, talves com demasiada présa, e foron sorpreendidos por um espectaculo com que non contaban.

No alto do coto, unha panela estaba ó lume, cheia de cousas de feitiçaria (cabeza de galinha, sapo espetado,lagarto verde, acompanhados de peças de lenceria femenina, etc,etc.)

As nossas meigas apenas tiveron tempo de fuxir, tendo que deixar detras sua, abandonada, tan comprometedora caldeirada.

Um non deixa de ficar perplexo, ante a pervivencia destas crenças, que afloran expontaneamente no sangue das xentes tan pronto surxe o menor contratempo, como se todas as relixions modernas non foran mais que unha careta superficial, desprovistas de todo valor profundo.

 A Irmandade Circular

IMG_0465

Eido do Pataqueiro.

.Z20

.

.Z21

.

Z22.

Z24.

Z25.

Z26.

Z27.

Z28.

Z29.

Z30.

Z31.

Z32.

Z33.

Z34.

Z35.

Z36.

 

IMG_0479

Casa do Rexon.

IMG_0478

IMG_0480

Eido do Pepe da Puza.

Eido do Laranxeiro.

A CACHADINHA

IMG_0484

 O GALAN
Este Xose Garcia Gonzalez, coñecido polo “Galán” acadou este título porque existia un politico chamado Xosé Garcia de Galán,este é un persoeiro que ten a sua historia por acadar varias facetas, especialmente no eido artistico, Pepe de Prudencia nado no lugar do Carboal durante moitos anos actuou en conxuntos de murgas, coñecidas nos nosos tempos como cuartetos ou quinteto, este desenrolaba o papel de bateria e “Coreografo”, alternaba a sua vida no campo coma tractorista agrícola, agricultor mecanizado, tamen foi emigrante a Suiza entre outras facianas. O Galán un dia que facia un trato pra vender os seus bois a un paisano, aferrouse na palabra e por último tivo que perder 2000 pesetas. Entón o portugues Avelino… dixolle “Tocale la Gaita Galán”.

J. G. Sebastián
(Xosé da Casquilla)

O OUTEIRO

Vista panoramica do bairro do Outeiro.

IMG_0585

 DON MANUEL OUTERELO COSTA

Este home nado no lugar do Outeiro (UMA), por todos lle é recoñecida a sua valia e tamen a sua condicion de verdadeiro magnate, foi naqueles tempos da guerra civil, un pai de moitos Galegos especialmente cos seus veciños de UMA, acadando perante a guerra civil e postguerra española a confianza dos corpos consulares e a embaixada Española un estatus coma un membro mais do corpo diplomático español en Lisboa. Emprendeu de moi novo  a carre moira de negocios hosteleiros entre outras facetas, desenrolaba un papel moi importante entre as autoridades españolas en Lisboa, resolvia os problemas a todos aqueles que lle pedian un favor.
Esta familia mantivo grande amistade con o Rei de Marrocos, este xerarca era recibido na sua casa do Barral, que tiña o nome dun dos seus negocios de Lisboa “O Acuario”. No decorrer de moitos anos, o seu fillo Manolo foi compañeiro de ócio e diversion do monarca, cando as cousas escomenzaron a andar pra tras, tudo quedou na triste fatalidade, a primeira víctima foi a  sua dona que era da Lamosa, de seguido finou a  sua filla mais vella, cando emprendia nova xeira con outra muller en Lisboa, a sua vida pouco durou, e por último de varios avatares da vida, morreu o seu fillo en Madrid.

J. G. Sebastian
(Xose da Casquilla) 

IMG_0625

IMG_0583

FINZANS

IMG_0589

IMG_0591

IMG_0593

IMG_0594

IMG_0592

IMG_0595

IMG_0596

IMG_0597

IMG_0601

IMG_0602

IMG_0603

IMG_0606

IMG_0608

IMG_0609

IMG_0605

IMG_0604

IMG_0611

IMG_0624

IMG_0612

IMG_0613

IMG_0610

IMG_0622

IMG_0620

Finzans, e um dos sitios sagrados da nai natureza, quem aqui nasceu fica marcado para sempre. Vaia onde vaia polo mundo adiante, levará sempre nos seus intres este Castro amoroso.

IMG_0617

IMG_0618

IMG_0598

IMG_0627

.

.

Z37.

Z38.

Z39.

.

Deixar un comentario