
Por unanimidade acordouse a aprobación do Pliego de Condicións para a adxudicación do alumeado público en Arcos. No outro punto da Orde do Dia, o grupo de AP-PDP-UL, aprobou a adquisición de accións á Sociedade Promotora do Turismo do Condado, pola cantidade que noutros exercícios se tiña librado á dita Sociedade. Os membros do PSOE abstivéronse por considerar que na xestión de dita Sociedade non se daba a debida trasparéncia nen a debida informaçión ao Pleno. Polas mesmas razóns e tamén razonando que era unha inversión fóra do noso município, o PG votou en contra. Rematando a sesión o alcalde negouse a dar leitura a un escrito de Rogos e Preguntas presentado polo PSOE, aducindo que primeiro o pasaria á Comisión Informativa pertinente. O escrito preguntaba a razón pola que o alcalde non asistira a unha xuntanza de alcaldes de toda Galícia, convocada pola Xunta, para tratar sobor a normalización do uso do galego nas variadas manifestacións da administración municipal, e presentaba o rogo de que o Concello de Ponteareas, suscribise o documento elaborado na devandita xuntanza.
PUBLICADO EM “A PENEIRA” (ANO I – 1984)