A IRMANDADE CIRCULAR COMUNAL

ARBORES DE XUNTA E CONCELHO

               Ignacio Abella Mina, entre outras, unha das suas linhas principais de trabalho é a investigación, divulgaxión e conservación das árbores monumentais e os seus múltiples valores.   Nesta obra oferece um pormenorizado estudo do papel que as árbores tiveron como eixos em torno dos quais se desarrolharon históricamente algunhs aspectos da vida comunitária, aparte dunha reflexión sobre o nosso actual desencontro com unhas companheiras tan veneráveis.  A árbore como lugar de encontro, como centro de confluência entre paisaxe e paisanaxe, natura e cultura, política e administración.  A partir de documentos e testemunhos da tradición oral, Ignacio Abella indaga na memória dunha institución histórica a Árbore de Concelho, um dos rasgos mais significativos e paradóxalmente mais esquecidos da nossa história e identidade: velhos carbalhos, freixos, alamos, teixos, moreiras… que foron centro xeográfico e neurálxico das nossas sociedades.  Ao seu âmparo celebraron-se assembleias, parlamentos e concelhos abertos nunha sorte de “dendrocracia” na que a árbore era a capital, séde e símbolo de toda unha tradición profundamente enraízada em grande parte da velha Europa.  A través do seu estudo, este livro é unha crónica apaixoante do nosso passado.  É tamém unha chamada a participar num proxecto de recuperación destas raízes, daquel património vivo e insubstituível do qual non soubémos conservar nem sequer o recordo.

 

ignacio abella mina

Carrasca de Lecina, na Serra de Guara (Aragón).

Teixo da Serra de Coura (Asturias).

O Carbalhon de Oviedo, talado em 1829.

Teixo da Abadía de Jumiéges (Normandía).

Teixo de Santa Coloma (Asturias).

Oliveira de Cort (Palma de Maiorca).

Teixo de Vidiago (Asturias), foi asfaltado até ó tronco.

Carbalhos de San Indalecio, San Xoán da Pena (Huesca).

Freixo de Buerba (Huesca).

Teixo de Ceñal (Asturias), danza prima.

Teixo de Lugás (Villaviciosa – Asturias).

Teixo de Selorio (Asturias), foi derrubado por um forte temporal.

O “Conceyu do Texu”, reunido em Abamia (Asturias)

O Povo de Bermiego (Asturias), reunido entorno do seu “Rebollo”.

A “Texona” de Bermiego (Asturias).

O Carbalho da Forca, Carrandi, Colunga (Asturias).

Teixo de Cenero (Asturias).

Teixo do Condado, Laviana (Asturias)

Carbalheira onde se celebrava o “Conceyu Abiertu” de Lastres (Asturias).

Teixo de Mier (Asturias).

Teixo de Santibáñez (Asturias).

Teixo xá seco de Valledor (Asturias).

Cajigona de Potes (Cantabria).

O Avô, da Irmandade de Campo de Suso (Cantabria), morreu em 2014.

Teixo de Lebeña (Cantabria).

Carbalho de Terán (Cantabria).

Olmo de Corrales del Vino (Zamora).

Olmo de Becedas (Ávila), morto no final da década dos oitenta.

Azinheira de Sotoscueva (Burgos).

Carbalho das Ermitas (Castela).

Olmo de Santerón (Cuenca).

.

Azinheira Conceja, de Cobeta (Guadalajara).

Olmo de Torre de San Miguel (Cáceres).

Olmo de Villa del Arco (Cáceres).

Carbalheda das Pías (Lugo).

Santa Mariña de Augas Santas (Ourense).

Teixo de Pontedeume (Galiza).

Carbalho de Santa Margarida, em Mourente (Pontevedra).

Carbalho de Santa Margarida em Xulho de 2013.

Olma de Colmenar de Arroyo (Madrid).

Batzarre xunto da árbore de Jauregizar (Navarra).

Rebolla de Aldeacueva (Vizcaya).

Carbalho de Arbieto (Bilbao).

Carbalho de Arriaga (Vitoria).

Azinheira de Arceniega.(Álava).

Árbore novo de Guernica (Viscaya).

Carbalho de Guerediaga (Vizcaya).

Teixo de Lequeitio (Vizcaya).

Carbalho de Zendokiz (Vizcaya).

La Lloca (Galinha) de Canals (Valencia).

Olmo de Aras de los Olmos (Valencia).

Olmo de Navajas (Valencia).

Olmo de Castellnovo (Valencia).

Teixo de Plogonnec (Bretanha).

Teixo do cemitério de Haye de Routot (Normandía).

Teixo, cemitério de Haye de Routot (Normandía).

Teixo de Estry (Normandía)..

Conceyu do Texu em Suares (Asturias).

Castanheiro do Eido do Alcaide, em Guillade (Pontevedra).

Castanheiro do Eido do Alcaide, deidade tutelar da Irmandade Circular Comunal de Guillade.

A NAI QUENTA O BOSQUE

.

A Nai quenta o bosque

co seu paso pronto

Abre carreiros, refai camiños, anda.

Sinala a Nai piñeiros e freixos,

conta os días, o abraio,

sabe que vibro cando lle ouvo

“ourego”, “árnica”, “trovisco”,

“carrasco manso”, “codeso”,

insinúa, olvidada, sen saber,

que a frouma adelgaza o ar.

Um día quixen pensar

e non recordei o seu rostro de hoxe,

recordei os seus rostros de antes.

Sei moi ben, Alma, cando te alzabas

nena só con ollos!

 

francisco candeira

 

INFÂNCIA E FORMAÇAO (V)

.

               Thomas Hobbes nasceu na pequena localidade de Westport, pertencente ao município de Malmesbury, no Sudoeste de Inglaterra, na época isabelina. No poema autobiográfico que mencionámos, explica que “um bichinho” nasceu a 5 de abril de 1588, Sexta Feira Santa, ano em que a temível Armada Invencível estava atracada nos portos espanhóis”.  A senhora sua mae, do susto de saber que aquele ataque ás ilhas estava iminente, deu á luz prematuramente dois “gémeos”: o pequeno Thomas e o medo.  A sua família era humilde e religiosa, embora com alguns matizes.  Do seu progenitor, pastor anglicano, recebeu a água baptismal e o nome.  Pouco mais recebeu Thomas, que era o segundo filho varao,  além da irma mais nova, que lhe arrebatou os privilégios de filho mais novo.  Por outro lado, este pai de família empenhou-se menos no cuidado do seu rebanho que no cultivo dos seus diversos vícios.  Foi truculento, conflictuoso e jogador, nada pouco para o responsável espiritual de duas paróquias.  Segundo o seu biógrafo e bom amigo do filho, John Aubrey,  Thomas Hobbes pai nao foi uma pessoa de inteligência notável, muito pelo contrário.  Thomas Hobbes filho, por outro lado, aprendeu a ler e a escrever ainda muito jovem na escola paroquial.  Segundo Aubrey, “em criança era bastante brincalhao, mas já naquela altura tinha uma melancolia contemplativa e costumava retirar-se para um canto para aprender a sua liçao de cor”, também estudou grego e latim sem sair da sua terra – ao longo da sua vida, acabou por dominar quatro línguas com perfeita fluidez -, mostrando já o grande dominio da palavra escrita que o caracterizaria.  Por exemplo, ainda criança fez uma traduçao de Eurípides, do grego para versos jámbicos latinos.  Aos 14 anos foi enviado para a Universidade de Oxford, dominado na altura pela escolástica de influência aristotélica.  Mais concretamente, Hobbes estudou no Magdalen Hall, um dos centros autónomos da universidade, onde recebeu uma formaçao baseada nos clássicos greco-romanos.  Daí provém a ligaçao ao humanismo manifestada na juventude e que se manterá como base das suas ideias durante o resto da vida.  Quando Hobbes tinha apenas 16 anos, o seu pai abandonou de vez a família e as paróquias que tinha a seu cargo. Segundo explica Aubrey, o clérigo “bon vivant”, protagonizou uma infeliz disputa com outro pároco, que ia substituí-lo, um confronto que terminou numa luta azeda no adro da igreja.  Aquele confronto físico, impróprio de dois pastores, levou a que, por fim, o nosso Thomas fosse criado pelo tio paterno, um próspero fabricante de luvas, solteiro e sem descendência, que também era regedor do município.  A sua juventude foi, por isso, marcada pela ausência da figura paterna. Essa infeliz circunstância deve ter afectado Hobbes de forma profunda e, muito provavelmente, influenciou a sua futura relaçao com os responsáveis eclesiásticos.

 

ignacio iturralde blanco

O PAI OLLA PENSATIVO

.

O Pai olla pensativo

as froiteiras que plantou

¡Seguro que o Eido

agradece o traballo

dos cen froitos que nos deu!

¡Ouh, qué alegría,

zumes e colores da Terra!

 

francisco candeira

AZORÍN DEPUTADO CUNERO POR PONTEAREAS (1914-1916)

.

               José Augusto Trinidad Martínez Ruiz (Monóvar 1873 – Madrid 1967).  Nos pauta unha complexa experiencia intelectual, de narrador, de xornalista e de vocación política. Azorín esgrime a relación do transo entre o suxeito e o medo.  Móstranos a súa opinión persoal sobre o conflito entre a tradición e a modernidade; diferenciando o traballo industrial urbano e o traballo artesanal dos pobos.  Azorín parte dos ecos nietzscheanos de “El eterno Retorno”, coa máxima de que en toda a obra impresa “Vivir es volver a ver”.  En 1904 escribiu a súa obra de “Un pequeño filósofo”.  Comeza “Yo no sé escribir”, pero describe como ninguén a vida cotiá do home.  Unha especie de espírito da manifestación precisa na súa linguaxe e cunha personalidade literaria forte.  Azorín  é un lírico observador da vida cotiá, das “Vidas opacas”, o sentido recreador e amante dos pequenos obxectos que embelecen a existencia e unha constante precisa do “eu”, Ortega e Gasset define a “La escritura es el ademán con que lo más íntimo de nuestra persona responde a lo circundante”,  Azorín escritor da realidade aprenderá de Nietzsche: que a impersonalidade non ten valor, nin na terra e nin no ceo.  As ideas non han de quedar nun ámbito abstracto.  A apreciación sutil de Pío Baroja cando di: “Se habla de Azorín que tiene fama de tortuoso e es un espíritu rectilíneo”.  Desde mediado do século XIX era practicamente parello en todos os países europeos.  O ano divídese en dúas tempadas:  a de inverno-primavera na cidade; e a de verán-outono no campo.  Na maioría dos casos  non se posuía unha vivenda no campo, de modo que se alugaba para a tempada, ou ben se instalaran en hoteis. A calidade de vida é máis saudable nos Balnearios e máis lúdicos nos Grandes Hoteis, ambos constitúense en auténticos focos da vida social.  Ao redor dos cales celébranse as reunións políticas, sociais e culturais.  No verán de 1905 Azorín atopase na cume como xornalista do diario madrileño ABC.  Será a única vez que o escritor transitou por Ponteareas co motivo da reportaxe  “Verano sentimental”, que realizou sobre os balnearios do norte de España.  Viaxa ao Balneario de Mondariz.  Así no ABC, 4-9-1905, escribe Azorín un artigo titulado “MONDARIZ”.  “El viaje, Mondariz se halla en el fin del mundo: NON PLUS ULTRA”, onde describe “que el tren en que yo he viajado, es un modesto tren mixto” resultoulle moi incómodo ata “llegar a la estación de Salvatierra a las siete de la mañana. El paisaje maravilloso”.  O desprazamento “Salvatierra a Mondariz son tres horas” farao nunha carruaxe de cabalos “Las carreteras de Galicia vemos que no son las soberbias vascas; hondos baches, alterones y cavidades nos hablan elocuentemente del centralismo administrativo”.  Durante dúas horas, “hasta divisar las primeras casas del poblado de Puenteareas”  Atravesa o poboado de Ponteareas moi rápido de sur a norte, entrando polo barrio da Castiñeira, ao Cantón de Boavista, ata rúa dos Ferreiros, vira a rúa Real e volve a virar para subir polo barrio Bos Aires, e baixa ata Queidores.  De aquí dirección a Mondariz tardase unha hora máis.  Azorín non sinte curiosidade pola Vila de Ponteareas: a Escola da Graduada, o Concello do trinque, a Igrexa nova, as casas peculiares de estilo modernista, entre outras: Casa de Castro-Sarmiento, Casa Puga-Sarmiento, Casa Ojea-Ferro, Casa Paramés, Salón-Teatro Domínguez, as prazas e plazuelas.  Tamén non di nada da nosa industria de os serrádeos de madeira, a fábrica da luz, as fábricas de curtidos, entre outros.  Na España do século XIX as eleccións non significaban democracia.  Así para Galicia, aclárao, Miguel-Anxo Murado ao indicar, “O voto non vai servir máis que para poñer o pé no edificio dunha institución antidemocrática”.  Engade “O caciquismo como sistema político funcionaba como un reloxo. O caciquismo para un político liberal, como Castelar, tratábase dunha herdanza patrimonial do Antigo Réxime.  Cando en realidade era unha institución nova nada da modernidade, co caciquismo os liberais conseguiran o que non lograran todos os réximes anteriores, integrar a Galicia no sistema político español, aínda que fose a través deses intermediarios fraudulentos, os caciques”.  Non houbo ningún goberno do século XIX e principios do XX, que non contasen con ministros galegos.  Curiosamente reservábanse as carteiras de Xustiza e Facenda.  De aí o devandito: “Galicia non dá máis que augadoiros ou ministros”.  O curioso é que os deputados que representan aos caciques non eran todos galegos, había os que chamaban entón candidatos “cuneros” (Durante a Restauración foron unha lexíon os “cuneros”, a súa proclamación sen elección, aos candidatos ou deputados do Congreso, estraños ao distrito e patrocinados polo Goberno).  José Martínez Ruiz ao introducirse, aos chicos, na política española conservadora, entre 1907 e 1919, sae elixido deputado en cinco ocasiones diferentes, todas elas polo partido conservador.  Desde entón Azorín pasou a levar unha vida tranquila e sosegada como escritor sereno, preciso e metódico.  Ao seu coñecemento de Galicia polas súas viaxes en 1905 e 1909, e compleméntase co coñecemento da poesía rosaliana.  O artigo publicado “Rosalía precursora” de 1913, onde analiza a relación da autora coa súa propia realidade histórica e cultural.  Ademais  é amigo persoal de Murguía, e Enrique Peinador.  A todo isto, en 1914 sae nomeado como deputado cunero por Ponteareas, nunha lista controlada polos Bugallal, os caciques locais.  Na páxina Web del WWW. congresso. es/. Congreso de los diputados-históricos 1810-1977.  Descrición da ficha de: Diputado: José Martínez Ruíz. Elecciones: 47. Elecciones 8.3.1914. Legislatura: 1914.1915.1916. Circunscripción: Pontevedra. Distrito: Puenteareas. Nº Credencial: 52  Fecha de Alta: 04.03.1914.  Fecha de Baja: 16.03.1916. Fecha de Jura/Promete: 28.04.14.  Fracción Política: Conservador.  Profesión: Literato-Escritor.  DATOS BIOGRÁFICOS.  Fecha y lugar de Nacimiento: 1873 en Monóvar (Alicante).  Fecha e lugar Fallecimiento: 1967 en Madrid.  Biografía: Ministro de Instrucción Pública y Bellas Artes.  Interino durante la ausencia del titular 15/02/1918 (BOE.  16/02/1918) a 20/02/1918  (BOE. 21/02/1918).  Observaciones: Proclamado Diputado electo por la Junta Provincial con arreglo al artículo 29 de la Ley Electoral (Proclamación sin Elección) Fecha de Alta la del sello de Registro de Entrada.  Para Azorín, “A política é a arte da conxuntura”.  A acta de deputado por Ponteareas, xunto ao rio Tea e próximo ao Balneario de Mondariz, non significaba tanto un escaño no Congreso en 1914.  Lembraría, talvez, as súas viaxes a Galicia en 1905 o de 1909.  A atracción daqueles relatos en longos faladoiros de Echegaray, Pardo Bazán e Don Emilio Castelar, asiduos tomadores das augas de Mondariz.  No xornal local El Tea, 06-03-1914.  O político local “Agrarista e Republicano”  Don Amado Garra Castellanzuelos remite unha carta enviada ao Director e será publicada no xornal El Tea.  Nela ironiza sobre o paradoxo, de que sendo de Ponteareas un lugar de gran tradición católica trouxésese un representante para as cortes, que sentaba a praza de ateo, tiña un pasado anarquista, e a súa falta de vinculacíón  con Ponteareas como deputado proclamado, non o coñecen a D. José Martínez Ruíz en Ponteareas, nin sequera polas súas notables obras, porque aquí ninguén  se toma o traballo de ler, pero, en cambio tampouco Martínez Ruíz coñece Ponteareas e aos seus homes, e váiase uno polo outro.  Dicimos mal, a un coñece polo menos, ao actual de Ministro de Facenda.  Curioso é que Amado Garra descoñece, ou non lese no seu día, o xornal ABC, 4 e 5-9-1905, o escrito por Azorín sobre o Partido Xudicial de Ponteareas, e así como “o seu rápido paso polo pobo”.  José Augusto Trinidad Martínez Ruíz, desde 1905 substituíra o seu nome civil, e todos os pseudónimos de mocidade, polo breve e eufónico pseudónimo de “Azorín”.  A súa dilatada vida explica a evolución desde o anarquismo radical e nihilismo existencialista que afundía as raíces en Nietzsche e Schopenhauer, ata as posturas máis conservadoras que foi experimentando na súa ideoloxía patente nos seus escritos literarios e xornalísticos dos seus últimos anos.  Os milleiros de pequenos textos que escribiu, sobre todos os temas imaxinables -política, viaxes, actualidades, sociais, deportes, teatro, cinema, ciencia, historia, folclore-, forman parte dunha boa literatura pola calidade de estilo e a astucia do enfoque.  Desenvolve unha gran actividade como xornalista, crítico teatral, escritor de ensaios e novelas.  Está presente nos sentimentos da creación literaria e da atención á realidade cotiá.  Saberá describir con sutileza a paisaxe e as vidas anónimas das persoas.  Evita o central e derívase ao accesorio, talvez: “Ninguén é máis realista que un idealista”.  Ortega e Gasset cualificou a súa escritura no ensaio “Primores de lo vulgar” de 1916, que dedicou a Azorín, afirma:  “El arte azoriano, ha hecho de las menudencias, minucias, inanidades e insignificancias, que gracias a la pulcritud del estilo, la sutileza de la observación y la audacia de la estructura se vuelven objectos merecedores de reverencia y cariño”.  Vargas Llosa considera a Azorín, como “El orfebre de nuestra Literatura por su prosa menuda y morosa”.  Unha prosa escrita como verso pero sen verbo.  O mundo é sinxelo e directo, e lábrao cada un deses homes que viven e extinguense sen decatarse da súa existencia nesta terra.  Azorín ensinounos a ler, a mirar o mundo, creou unha sensibilidade aos lectores e dotou de vitalidade a lingua falada para o seu tempo.  Talvez, “La relación entre el sujeto e el medio”, nas que se manifesta, “…la belleza, la imagen, es la moral suprema.  Las imágenes únicas de la realidade, que motivan sensaciones y crean la conciencia colectiva”, nace a revolución estética do século XX.  Desde 1900 a 1936 recoñécese como “A idade de prata do Xornalismo”, Azorín, Josep Pla, Camba, Valle-Inclán, Manuel Domínguez Benavides, Wenceslao Fernández Flores, entre outros.  Entre as súas columnas xornalísticas de opinión e analizando diversos aspectos cotiáns, as cartas publicadas nos medios de comunicación, todo é traballo literario.  El Azorín, novelista, xornalista e deputado en Cortes, asina un manifesto titulado “La Guerra Europea.  Palabra de algunos españoles”, en setembro de 1915, redactado pola masonería española “Gran Oriente Español”.  A única literatura que se preocupou por percorrer o noso país fixando a súa atención nos costumes e as paisaxes, foran os libros de viaxes da literatura estranxeira, en lingua francesa ou inglesa.  A Revolución de 1868 produce unha das reformas profundas e afastadas oitocentistas, que levará a distanciarse da España oficial cara a unha España auténtica.  Así Giner de los Rios e a Institución Libre de Ensino inicia o descubrimento da paisaxe como corpo  físico do país ou da patria.  Miguel de Unamuno convértese nun excursionista e viaxeiro destacado en España, como modo de facer da paisaxe unha xeografía viva e coñecer o país.  Agora pénsase que para estender a cultura hai que viaxar e a viaxe supón o contacto directo coa natureza e o patrimonio.  Francisco Giner de los Rios e a Xeración do 98 son o precedente da importancia á experiencia viaxeira.  Na obra de Azorín “Los Pueblos” publicada en 1905,  fai referencia á viaxe nunha serie de artigos xornalisticos publicados entre abril e novembro de 1904.  A I.L.E. dirixe todos os seus esforzos á raiz do problema. A educación entendida como modo de sair do cráter en que está sumida a poboación española.  Necesaria é a formación de homes, das persoas capaces de concibir un ideal, de gobernar con substancialidade a súa propia vida e de producila libremente.  A mellor escola para a Institución é o paseo, a excursión e a viaxe.  O individuo permanece en contacto coa Natureza, e esta é a mellor escola que cabe esperar.  Desde 1913 a data de 1898 está asociada a un suceso histórico, ao que se designa de maneira concisa e rotunda, como o “Desastre”:  A guerra contra Estados Unidos, a perda de Cuba, Filipinas, Porto Rico.  E o clamor por unha necesaria “Rexeneración” dun país abatido.  O ano 1898 está asociado a un grupo de escritores ao que, con préstamo terminolóxico das ciencias históricas e sociais, denominouse co nome á “Xeración do 98” e cuxa nómina, na fracción dos artigos de 1913 escribe Azorín:  “Hombres de la Generación de 1898 son Valle-Inclán, Unamuno, Benavente, Baroja, Bueno, Maeztu, e Rubén Darío”.  Na Xeración do 98 está sempre presente a diferenza dos grandes feitos son unha cousa e os miúdos son outra.  Analizanse os primeiros, desdeñanse os segundos que forman parte dunha sutil trama da vida cotiá.  En 1916 Ortega e Gasset no seu ensaio “Primores do vulgar”, o filósofo amosa un Azorín como “un eloxio da honestidade, da intelixencia, da exactitude asociada ao minúsculo e do intrascendente”.  No seu ensaio “El paisaje de España visto por los españoles” de 1917, dedícalle un capítulo á súa apreciada Galicia.  Azorín o incansable viaxeiro por España, empápase de lírica rosaliana, a vida cotiá e o ambiente da paisaxe de Galicia, moi poucos escritores reflectisen con tanta fidelidade un determinado medio.  Unha Rosalía de obra fina, sensitiva e dolorosa, percibindo os sentidos de vaguidade, de melancolía, de misterio, de sentido difuso da morte.  A obra de Valle-Inclán está condensada nesta frase rosaliana “Non se ve…”.  A empatía da Xeración do 98 é total coa obra de Rosalía, a escritora influente, pola súa forma de describir a paisaxe e a maneira de relatar a vida cotiá do pobo galego.  En 1922 nace “El Pen Club Español” fundado por Azorín e Ramón Gómez da Serna, e forma parte do Pen Club internacional, a única sociedade mundial de escritores creada en Londres 1921.  En 1924 é nomeado membro da Real Academia Española, co discurso de ingreso “Una hora de España. (1560-1590)”.  Algúns dos melhores intelectuais contemporáneos son profundos admiradores de Azorín.  Nalgún momento da súa produción bibliográfica escriben as súas ideas sobre o pensamento “Azoríniano” no seu conxunto para  compartilo ou debatelo.  Exemplos claros foron Echegaray, Pérez Galdós, Clarín, como representantes da xeración do 68,  Emilia Pardo Bazán,  Ramón Gómez da Serna, Valle-Inclán, Pío Baroja, Benavente, Maetzu, Blasco Ibáñez, Miguel de Unamuno, Rubén Darío com representantes da xeración  do 98,  Ortega e Gasset, Manuel Azaña,  Américo Castro, Niceto Alcalá Zamora da xeración de 1914.  Mesmo influíu na obra dos escritores en lingua española que foron os Premios Nobel de Literatura como.  Echegaray, Juan Ramón Jiménez, Vicente Alexandre, Gabriel García Márquez, Xullo Cortázar, Camilo José Cela,  Vargas Llosa,  e sen esquecer multitude de Premios Cervantes, entre outros os xa citados anteriormente.  Discursos e respostas na toma de posesión como académicos da RAE: Vargas Llosa, Camilo José Cela, Torrente Ballester.  Non será menos importante na RAG, nomeándoo Académico de Honra en 1967.  Os libros e diversos artigos que lle dedican os académicos galegos, como: Filgueira Valverde en 1967, Xesús Alonso Montero en 1985 e 2008; e, Francisco del Riego en 1967, Salvador de Lorenzana en 1967, entre outros.  Todos eles coinciden, en dicir que: “Azorín foi un dos primeiros escritores contemporáneos non galegos, que rehabilitaron a obra  pética de “Rosalía de Castro”.  Sexa preciso dicir: Azorín opta por describir as paisaxes galegas a través de Rosalía, de Pardo Bazán e de Valle-Inclán.  A súa relación con Galicia non se limita ás viaxes de 1905 a Mondariz e de 1909 á cidade da Coruña; e ao estudo da Literatura Galega, en particular de Rosalía lida na súa lingua nai. A súa capacidade de captar e interiorizar a imaxe lírica da paisaxe”.

.

antonio-josé groba diéguez

 

NA VEIGA

.

Na veiga

levanto un coco grande

e vexo debaixo os grilos

a ir e vir ledos.

¡E ouvo o seu cantar sen ouvir

e tanto peso non poder con tanto canto!

 

francisco candeira

UMA VIDA EM VERSO (IV)

.

               No seu conjunto, nao se pode considerar que Hobbes tenha sido uma criança prodígio.  Embora de inteligência precoçe, só descobriu a geometria aos 42 anos, só escreveu a sua primeira obra política depois dos 50 e só foi considerado filósofo a partir da publicaçao do seu “De Cive”, quando se aproximava dos 60 anos. Nao obstante, acabou por ser um grande pensador político, um sistematizador filosófico completo, matemático, óptico, físico, e até deu os seus primeiros passos como domador de cavalos.  Além disso, compôs a sua autobiografia em forma de poema, quando já passava dos 80 anos, primeiro em língua latina e depois em traduçao livre, também em rima, que ele mesmo fez em inglês.  A sua perícia foi notável em ambas as línguas e esta aproximaçao bilingue é um traço do seu processo de trabalho, no qual sempre manteve a perspectiva do traductor. “Lamento os tempos adversos e os males que nasceram comigo” é um dos primeiros versos da sua autobiografia,  Refere-se ao facto de a sua idade adulta, como explicaremos adiante, ter sido marcada pela guerra civil inglesa e pelo seu apoio ao lado realista.  Testemunhou como Carlos I tentou governar sem ter em conta o Parlamento e como essa decisao desembocou na Guerra Civil, que Cromwell ganhou e o rei perdeu, pelo que foi decapitado em execuçao pública.  Foi nessa altura que Hobbes partiu para o exílio devido ás suas ideias políticas, mas os seus aliados acabariam por inimizar-se com ele, quando publicou “Leviatá”, a obra que transmitiu as suas ideias á posteridade, mas que lhe trouxe muitas dores de cabeça desde que chegou ao prelo.

 

ignacio iturralde blanco

CANDO ME PIDES, ALTA, UNHA RAZÓN

.

Cando me pides, alta, unha razón

póñome a brincar, deixo de vivir

porque así vivo máis en queimazón

ao esconder a sinrazón do dicir.

 

Vivir é brincar neno no salón

e como un louquiño botar a rir

da vida que é morte triste a carón

de cousa moi séria a deixarnos ir.

 

E tes razón cando me pensas nécio

se por tal entendes a seriedade

do home que non brinca por ser de prezo.

 

Mais seriedade é brincadeira tonta

daquel que tonto sabe a súa idade

e non brinca, porque xa o morrer conta.

 

francisco candeira

PASSEIOS PARA UNHA TARDE DE SABADO (1)

           Vamos parsimoniosamente, caminho de Ribadávia, cheios de honestas intencions.  Nada pecaminoso entúrvia o nosso espírito cuncupiscente. Discutimos serenamente de política mais rastreira, repetimos as horrendas frases televisivas, como si foramos dioses terrenos, aos que nada disto lhes puidera afectar.  Tira para Arnoia, alá queda o “Templo do Viño”, que afortunadamente está pechado a cal e canto, como debe ser, para evitar que venhan todos.

Como é possível? Que este “Chateau” tan modesto, sexa conhecido en todo o mundo dos vinhos?  Isto nos devia servir de escarmento, para ver como o mundo da fama é inseguro e carente de fundamentos sólidos. A paisaxe fermosa e arcáica, invoca a outros tempos en que a xente andava a pé, e isto era um fim de mundo, povoado por autosuficientes agarrados vitalmente a esta terra nái nossa.

 

Avançamos, cara ó nosso incontornável Louredo, outrora povoado de fermosas mulheres loiras como espigas, muito mais bonitas que as de Mahiary (cantadas en sonoros versos por Compay Segundo. Repilado para os amigos), Alí onde antes brilhava um sol mais forte, vive agora o abandono da morte, um lugar para vir morrer con dignidade,sentado a um sol morno.

Entramos no fantasmal labirinto de pedra, no qual um se poderia atopar de repente, en qualquer esquina con “El Chacho”, e seria lóxico enton perguntar,  ¡¡Hei Chacho!!¿¿Quen anda aí??


Tudo está ermo e abandonado, para onde iría esta xentinha toda? Para trabalhar nas cidades do franquismo? Ou talvez para aumentar as riádas de emigrantes afogados com liberalidade.

Bom aquí há vida, xa se mira azulexos de quarto-de-banho á vista, seguramente algúm emigrante retornado do inferno do dessarrolho.

Portais de fria lata, vedan as miradas indiscrétas dos transeuntes, sempre incómodos e perturbadores da paz da aldeia.

O Labirinto é enorme, e enmaranhado, silêncioso e intrigante. Há pouca xente, mas non se mira nem se ouve, permanece pechada nas suas histórias particulares e segredas.

Herexia!  Blasfémia! Unha igrexa tornada em corte de ovelhas. Mas ovelhas doutra espécie animal.  Isto é dunha falta de respeito pelos feligreses, que outrora rezavan nesse lugar sagrado as suas aflicions. Xa non há lugar para honrar o passado!

Non há espigas nos canastros, a autosuficiência findou.  Os morcegos xa non revoletean ó seu redor, a nossa alma e os nossos corpos sómente se alimentan de porcarias.

As duras escaleiras de pedra, unha mala caída por elas abaixo podia deixar unha pessoa éivada para toda a vida.

Cada vez que a xente morre, as casas fican á sua espera sentadas, e é um dos espectáculos mais trístes e desoladores para a profundidade do ser.

¡¡Chacho!!  ¡¡Chacho!! ¿¿Quen anda aí??

Esta casa adivinha-se o centro do poder na aldeia, está mais bonita así cerrada.  O taberneiro costumava ser o funesto “Cacique” das nossas xentes, ele era quem dividia a droga por todos, o que informava as autoridades, repartia o correo e facia “negocio” com os seus semelhantes.

Algunhs velhos ainda conservan na mente o duro paraíso agrário dos seus tempos mozos, e resisten-se a abandonar a sua independência.

O Mundo semi-comunal agrário, é muito difícil de esquecer, poque as relacions de trabalho comun davan outra alegria á vida, e outra satisfacion tamém.

Estes foron bastante respeituosos con esta bonita casa, o qual nos dá unha certa esperanza nalgunha xuventude, e nos fai enganar e crer em certa evoluccion progressiva da humanidade.

A videira ainda pervive, deve levar aí muitos anos, e é unha mostra dos boms gostos âncestrais, pois esta Amadríade seguirá protexendo estes lares mentres viva.

O carro de bois, espera empoleirado na varanda melhores tempos, talmente o seu irman de Guillade que apodreceu encima do andén.

¡¡Longa Vida a Louredo!!  ¡¡E ás boas xentes que aí ocultas vivan!!

Continuamos viaxe para a fronteira de San Gregório, a qual era aproveitada pelos nossos maiores, para certas irregularidades alfandegárias, pois a benignidade dos guardas compensava os muitos kilómetros que se facian demais. Curiosamente, aquí se verifica tamém unha dupla paradóxa nas edifícacions fronteirizas entre Portugal e Galiza, pois as portuguesas costuman ser muito melhores e mais bonitas.  Mas aquí, onde quase ninguém as mira, a portuguesa é pequena bonita e modesta.  Mas a galega é espectacular, parece talmente unha gasolinera da Mobil Oil Company.  Seguidamente adentramonos na Serra D’Agra, sempre atentos, por se vemos algum cabrito. Enfrente, caminho do Mosteiro de Faians, com a sana intencion de comer em Melgaço, mas o restaurante estava fechado com a ementa roida pelos ratos, o qual nos deu unha impresion de “Crise Liberal” super aguda.  Non quedou mais remedio, que ir comer ó restaurante Costa do Vez. nos Arcos do Val do rio Vez.

léria cultural

HAI UNHA NUBE DENTRO DE TI

.

Hai unha nube dentro de ti.

Hai unha nube en ti

máis pequena,

sempre máis pequena que ti.

Unha nube branca (ou incolora)

que se volve azul ou negra, ou branca ou gris,

depende, de cando en cando.

E esa nube só te cobre enteiro,

só se fai tan grande como ti

cando che pasan algo,

quizáis unha escura comprensón

do mundo,

cando acadas a madurez,

mixto de misterio e segredo,

ou cando te cren na vellez serena,

neno vivido mais olvidado,

e es ceo e terra

e terra e ceo

e rodeas, andas encol do teu silencio,

amas o sono, descres risoñamente

dos soños, queres un ventiño

que pasa, que outros compran.

Esa nube só crece toda,

só te ocupa enteiro,

só é ti mesmo

e se confunde contigo

cando comezas a aprender.

Mais pode crecer de golpe

se por un azar

acaece un accidente.

E pode chorar un ceo limpo,

unha nube soa, enorme, total,

se acaso, se en verdade expiras,

se de certo desapareces,

ti, ou a nube túa.

 

francisco candeira

THOMAS HOBBES (III)

.

               Segundo a ciência política de Hobbes, o Estado é um “Leviata, um ogre filantrópico, como Octavio Paz gostava de lhe chamar, protector e pacificador, e simultaneamente temível e repressivo.  Mas, ao contrário do que opinam os anarquistas, a alternativa a este autómato coercitivo nao nos torna mais livres.  Na concepçao hobbesiana da vida política, a disjuntiva dá-se entre um temor regulado, ordenado e partilhado (veiculado pelo medo ao castigo) e um temor geral, constante e caótico: a guerra de todos contra todos.  Assim, o realismo pessimista de Hobbes procura convencer-nos de que as incomodidades da submissao sao inevitáveis, tanto num governo democrático como em qualquer outro.  Trata-se de um saudável mal menor.  Devemos, por conseguinte, obedecer agradecidos, porque a alternativa ao seu regime absoluto é muito mais desagradável e aterrorizadora. Na ausência de um soberano forte, tudo se transforma num perigoso e brutal “salve-se quem puder”.  Em resumo, a autoridade é também recomendável a partir de baixo, a partir da perspectiva dos súbditos.

 

ignacio iturralde blanco

A TÚA MIRADA

.

A túa mirada

non retén nada,

canciño amigo,

e por iso ládrasme,

e por iso ladras e ladras;

a túa mirada

nada retén e mira

con todo o amor do mundo,

cunha ternura suprema;

non es meu, can amigo,

mais mírasme tan fixamente

que de certo non sei se me miras ou non,

ignoro se algunha vez me viches.

Nós, os homes, somos como somos

porque retemos coas mans e cos ollos

as cousas, os obxectos, as tonterías…

As cousas deste mundo

móvense todas,

andan sempre movéndose

dun lado para outro…

E nós somos homes

porque as retemos, as gardamos,

escondémolas con silencio

da vista dos outros.

E anque se moven as cousas

no noso escondite,

nós equivocados, cremos

que as detemos.

E porque as detemos, ou cremos

que as detemos e gardamos

somos donos de dúas cousas:

do silencio e da palabra.

Si, porque escondemos e gardamos

cousas nun espazo de noso,

aprendemos a calar co silencio

e a falar coa palabra.

Por iso os homes falan, e calan,

e non somos deuses, e non somos como ti,

canciño amigo.

 

francisco candeira

BENAVIDES VS. IGLESIAS, O ÚLTIMO CANALLA DE PONTENOVO

.

               Non vén ao caso agora actualizar as Vidas Paralelas de Plutarco: nin se pretende; mais si semella interesante tirar do fío da vida pública de dous personaxes senlleiros e naturais de Ponteareas.  Interesante, quero insistir, até chegar mesmo a defender que por estes dous inimigos íntimos pasaron sucesos transcendentais da historia hespañola (coa agá de Castelao) do século XX: quer a Setmana Trágica de Barcelona ou a Guerra do Rif, quer o Bienio Negro da II República ou o propio golpe de estado feixista posterior.  Falamos do xornalista e escritor Manuel Dominguez Benavides (nado en 1895) e máis do político radical e polémico avogado Emiliano Iglesias Ambrosio (nado en 1878).  Republicanos os dous:  o primeiro, concienciado na esquerda – derivou do PSOE até posicións comunistas- e referente da intelectualidade antifeixista; e o segundo, cunha longa carreira política aboiando entre o populismo radical, o liberalismo, os intereses do capital e as relacións perigosas.  Un e outro cruzan notoriamente os seus camiños públicos cando Benavides escribe e publica El Último Pirata del Mediterráneo (1934), a renomeada e popular novela sobre a vida do polémico empresario balear Juan March Ordinas.  Na obra, Iglesias, vaise ver reflectido como un secundario imprescindible: no tempo era o home para todo do plutarca balear.  Benavides non terá piedade co seu paisano.  A publicación do libro (no Museo Municipal de Ponteareas consérvase un orixinal da primeira edición) foi un dos feitos máis significados da vida hespañola (insisto) de 1934 nos meses previos á Revolución de Asturias.  Convertido en anatema de inmediato pola poderosa influenza do magnate e contrabandista retratado, o libro acadou, porén e aínda baixo ameazas, grande sona, mesmo europea, multiplicándose de contado as súas edicións.  Un falar: en 1936 Benavides cede os dereitos da publicación á Unión Soviética para,  verquido ao ruso, ser distribuído de xeito masivo como exemplo das derivas caóticas do capitalismo que representaba March.  Mesmo en 1953, xa falecido o autor, volve a editarse polo PCUS, agora no seu orixinal, anotado e con biografía de Benavides, como libro de referencia para aprender o idioma nas escolas.  Daquela é unha brincadeira dar conta de que os espías rusos na crise dos mísiles de Cuba aprenderan o español (aquí si) coas floridas frases coas que Benavides conta a historia de Ponteareas no tal libro.  Así é.  Ao nos narrar como Emiliano Iglesias chega a ser o avogado e íntimo colaborador de Juan March, o autor dedica unhas poucas de páxinas á vida de Ponteareas, co nome mudado en San Miguel de Pontenovo.  O libro, nas súas primeiras edicións, como defensa legal do autor e da editorial que o publicou, recorre aos seudónimos; o propio Juan March é Juan Albert;  e Emilano Iglesias é Pepe Luna.  A descrición do protagonista, do March, é contundente en todo o relato;  mais a imaxe do seu cómplice, o Iglesias, non queda atrás.  Ao primeiro, Benavides, íspeo con moreas de datos até amosar a imaxe máis crúa, a máis fusca, a dun “pirata dos negocios”, a do ladrón -di- dos cartos e da conciencia do país.  E faino no intre en que se está a debater no Congreso a súa idoneidade como deputado.  Juan March xa é na altura un personaxe indispensable para entender o devir da triste historia do século XX hespañol:  el é o traficante que vende armas a Abd el-Krim na Guerra do Rif e el é o financeiro que apoia ao ditador Primo de Rivera para se beneficiar co monopolio do tabaco e do transporte marítimo.  Foi preso, xa coñecido como o Grande Corruptor, na primeira etapa da II República e, tras dunha fuxida que o transforma nunha celebridade europea, remata como deputado e membro no Tribunal de Garantías Constitucionais (!¡).  Logo, aínda financia o golpe de estado de 1936 e até mesmo negocia con Mussolini a intervención do exército italiano na Guerra Civil.  Contodo, ao segundo, a Emiliano Iglesias Ambrosio, Benavides resérvalle un papel de peso.  Sen el -di o autor- sería “muy difícil la comprensión de un hecho tan evidente como el  de que don Juan Albert figure en la sociedad española con una personalidad”. Será, xa que logo, a sombra do mafioso: un bribón, di, un canalla.  Dende El Tea (edición do 03.03.1932) xa o chamaban “El compadre del máximo contrabandista de España”, e rexeitan a adhesión que o daquela deputado electo pedía para non ser declarado incompatible co Parlamento “por su intervención en las porcalladas de Juan March”.  A súa traxectoria coñecémola dende moi cedo.  El Áncora, Diario Católico de Pontevedra (12. 10. 1898), reclama a atención sobre o xove Iglesias: sometido a xuízo por “delitos contra o governo e escarnio da relixión”.  A sona que acada lévao a se incorporar á primeira liña do partido radical de Lerroux, a quen segue a Barcelona.  Co xeito demagogo do seu líder, celebra numerosos actos nas sociedades obreiras da capital catalana entre citas de Reclus ou de Kropotkine.  Non lle collía o talento na cabeza, di, retranqueiro, Benavides, ao relatar esse período.  Muda en avogado polémico:  defende a Ferrer i Guardia logo do intento de rexicidio de Mateo Morral; e participa a dúas bandas nos sucesos da Setmana Trágica.  Entrementres, apadriñado por Lerroux, medra na súa carreira política.  Elixido deputado por varias veces, chega a gobernador civil de Barcelona e a embaixador en México.  Antes, polos anos da Ditadura de Primo de Rivera, é cando muda en compadre do March para servilo no papel de avogado do diaño e facerlle de ponte na política.  No libro sae narrado maxistralmente ese primeiro encontro (páxina 87 da 1ª edición).  Benavides, como diciamos, acha en Iglesias o elo co que pechar a cadea para atar en corto ao empresário balear.  Así, pescuda, con datos de primeira man, nas orixes do ponteareán, até presentalo como un herdeiro da nobleza galega vendida a Castela.  Aproveita para reflectir no relato (páxinas 130 a 142) unha síntese histórica fascinante (do atraso) da nosa terra e máis da propia vila de Ponteareas, onde se detén, gorentoso, cunha crúa visión da sociedade mercantil, señorita e fachendosa dos seus veciños.  Supoño que de aí o de Pontenovo.  Daquela, arredor do controvertido March, en paralelo, o Benavides dando a crónica (precisa e desgarrada) e o Iglesias como argallador, ambos os dous de Ponteareas, deixan pegada na tráxica historia hespañola do passado século.  Benavides morreu (1947) no exilio, en México, no que foi símbolo, aínda que borrado da memoria do seu país.  Deixaría escrito La Escuadra la Mandan los Cabos, onde informa, con profunda dor, como se viviu o 18 de Xullo no Condado.  Iglesias, logo de deixar a embaixada de México, non acadou acta de deputado nas últimas eleccións da República e faleceu en Madrid nos primeiros anos corenta, sen máis transcendencia (que xa lle chegou). Para rematar, non podo resistilo, traio, agora si, as Vidas Paralelas de Plutarco.  Cito textual da Comparación de Demóstenes e Ciceron:  “De los destierros, el del uno fue ignominioso, teniendo que ausentarse por usurpación de caudales, y el del otro fue muy honroso, habiéndosele atraído por haber cortado los vuelos a hombres malvados, peste de su patria”.

 

kiko neves        

ESTOU NAMORADO

.

Para un ser omnisapiente, yo no soy el hombre
Que ese jardín hace temer.  Sin embargo, lo he creado.

Adolfo Bioy Casares

Estou namorado:

vou facer un xardín

en torno da muller que está no penedo,

pra que fique contenta.

Un irmán meu

filma o meu pasatempo.

Tamén o filma a dobre da muller

que está no penedo.

Á medida que vou colocando flores

arredor do penedo

voume alonxando dela.

Decátome deste detalle cando xa estou moi lonxe.

Decido entón comezar

a arrincar as flores, fila por fila, para non pisalas,

pra acercarme á muller.

Cando chego ao penedo

a muller xa non está alá, desapareceu.

O meu irmán filmou todo,

o meu pasatempo e a fuga da muller.

A dobre da muller filmou todo,

o meu traballo e a fuga da muller.

E agora todos se preguntan

se eu son ela

e

se ela xa non é eu.

 

francisco candeira

THOMAS HOBBES (II)

.

              Perante a situaçao de insegurança e a guerra civil que marcaram a sua vida, Hobbes considerou que a forma mais acertada de garantir a paz era combater tudo aquilo que debilitasse o poder central do monarca.  Para tornar o seu país um reino mais unido, entendeu que devia fazer campanha por dois valores intimamente relacionados, por um lado, o absolutismo  como forma de governo, já que defendia a centralizaçao de toda a autoridade política na figura do soberano e, por outro, a independência do Estado perante qualquer interferência da Igreja.  A respeito deste segundo ponto, Hobbes dedicou muitas páginas á demonstraçao de que se podia levar uma vida crista ao mesmo tempo que se obedecia a uma moral secular ditada pelo soberano.  Estava consciente que através da culpa, do pecado e dos castigos do além, a Igreja centralizara em si um enorme peso político que nao hesitava em usar em questoes pura e simplesmente terrenas.  Nesta cruzada pela secularizaçao do Estado, Hobbes chegou a afirmar que a salvaçao estava ao alcance de quase todos, pondo em duvida a própria existência do inferno.  Deste modo, debilitava a posiçao de anglicanos e calvinistas, uma vez que defendia que a ética do seu tempo se podia sustentar independentemente dos dogmas da fé crista, sem oposiçao a ela, mas relegando a teologia para o papel de saber afastado da filosofia e da verdadeira ciência.  De facto, um dos principais alvos do trabalho de demoliçao empreendido por Hobbes foi o fundamentalismo religioso, que no seu tempo provocava (como hoje, infelizmente) guerras e matanças.  E este ataque á Igreja (sobre tudo á Protestante, embora também á Católica)  valeu-lhe ter sido considerado herege e ateu no seu país, embora nenhum eclesiástico tivesse alguma vez conseguido processá-lo por isso, ao contrário do que ocorrera com Giordano Bruno no final do século XVI.  (…)  A sua teoria do contracto social baseia-se na constataçao de que apenas renunciando a uma parte dos nossos direitos (naturais) a favor de uma autoridade suprema podemos realmente ser livres, embora esta liberdade seja definida á sua maneira.  É este o argumento, pouco intuitivo, que Hobbes nos apresenta:  só na submissao alcançamos a máxima liberdade a que podemos aspirar.  Em relaçao a Rosa Luxemburgo e ao seu “quem nao se movimenta nao sente as cadeias que o acorrentam”, Hobbes replicaria “que essas mesmas correntes sao aquilo que nos protege.  Mas Hobbes nao foi guiado apenas por um interesse político ou filosófico; fazendo jus á consideraçao de cientista que tinha de sí mesmo, fez contribuiçoes para os campos da matemática, da óptica, da lógica e da linguística, entre muitas outras disciplinas.  Além disso, prestou grande atençao ao método de investigaçao e á forma de produçao do conhecimento científico.  Hobbes – juntamente com Francís Bacon e muitos outros – contribuiu para estabelecer os fundamentos e o método hipotéctico-deductivo das ciências sociais.  Por esta razao, das trés secçoes em que tinha previsto dividir e publicar o seu sistema filosófico, começou pela terceira, aquela que achava ter maior utilidade social:  a que versa sobre a autoridade soberana e a obrigaçao de lhe obedecer.  O objectivo fundamental da política, segundo Hobbes, nao é a realizaçao do bem (que, como teremos ocasiao de comprovar, exige que previamente se abandone o estado de natureza), mas a convivência pacífica e harmónica da vida em sociedade, sem a qual nao há uma noçao comum do que está bem ou mal.

 

ignacio iturralde blanco