
Lourenzo esfollaba no cuberto a primeira carrada de millo dos chousos sequeiros. Namentras “Rufo”, o noso cabalo pedrés, mastigaba un cunco de puruchos, preso na ergola da eira, esperando aparellado para levar a miña equipaxe. O reloxo de péndulos en vaivéns na saa, bateu as des da mañán daquel horario solar, do dia nove de Setembro de 1.911. Meu pai tiñase comprometido coa madriña, en mandarme a Vilacoba dous meses cada vrán, mentras ela vivira. Aquela promesa tranquilizounos moito a todos. Eu xa escomenzaba a pensar na chegada denantes de ter saido.