.
devoradas con avidez.
O son desenrola un gran pergamiño.
Este mar escribe un libro sincero e profundo,
moi olvidado de quen pouco entende,
case único, fascinantemente eficaz, para todos…
E eu quero berrar alto, cando ninguén me vexa:
!Ouh Mar, ouh inmenso e solidario e apaixonado Mar!
francisco candeira
Publicado en Uncategorized
.
Se aquela sábia pergunta, que os nossos páis, perante a irracionalidade do nosso comportamento soltavan ¿¿ Que fixem eu, para merecer isto?? Foran capazes de metela dentro das suas abóboras, todas estas xentes modernas, poderiam chegar a importântes conclusions, que talvez lhes permitiram mudar o seu comportamento e evitar as mortes e fame que propositadamente espalhan polo mundo. Xentes conservadoras, de pouco miolo, acomodatícias e bastante parasitárias. Pessoas que pelos anos que levaron estudando na escola, era de esperar que tiveran um pouco mais de picardia e de actitude crítica. Qualquer vigarista os engana! As defesas están muito baixas! Entranha-se passivamente toda a propaganda oficial! Non fai falta que Donald nos diga, que a prensa é desonesta e mentirosa! Nós que somos maiores de idade, xá deveriamos sabe-lo, xá supostamente acumulamos nas nossas costas o fardo de unha velha civilizacion. Resultando pasmosa e desencoraxadora, a falta de racionalidade, o que nos leva a temer sériamente pelo futuro da humanidade. E quando um, coa boca toda aberta diante do televisor, examina o talânte destes nossos governantes, as suas palabras, as manhas que se lhes adivinham, um pensa rápidamente em fazer um “refúxio nuclear” na bodega, e acumular nela o maior número de conservas possíbel.
léria cultural
Publicado en Uncategorized
.
Eis o ditoso silencio deste espazo,
brava música que agarima os astros
e non olvida as cousas pequeniñas do mundo.
Eu o contemplo.
Dentro, ningún navegante posuíu o mar.
francisco candeira
Publicado en Uncategorized
.
Também conhecido como “Alfonso I da Amazónia” viu a luz o cinco de marzo de 1878 em Amiudal, uma das nove aldeias do Concelho de Avión, na província de Ourense (Galiza). O seu pái, Xosé Benito era sastre e a sua nái, Xoaquinq, labradora. Amiudal por aquel entón era unha pobre e mal comunicada aldeia da montanha no mais agreste da xeografia galega, com vivendas que, na sua maior parte, conservavam ainda os telhados de colmo. A doença e a fame mondavam as famílias completas obrigando a emigrar a unha grande parte dos seus habitantes, como sucedeu em outras muitas zonas da Galiza. Muitos escolheron o Brasil, xa que o goberno deste país pagaba o pasaxe de quantos quixeram estabelecer-se neste rico e extenso lugar. Ildefonso Graña Cortizo, sendo ainda muito novo, a fins do século XIX, emigra “ás américas”, recalando em Belém do Pará e despois dirixe-se a Manaus, trasladando-se posteriormente a Iquitos (Perú), onde aparece documentado em 1910 e alí trabalha em vários ofícios inclusive o de “seringueiro”. Após a “críse da borraxa”, o seu espírito aventureiro o levou a “desaparecer da civilizacion” dirixindo-se ao mais apartado da selva onde habitavan os temíveis indios do continente americano, os Xíbaros. Segundo o relato de Emílio Rosendo: “Graña internou-se na selva acompanhado de um amigo e vecinho (…)” Outros autores defendem versions diferentes, uns que foi raptado polos indios para casar-se com a filha do xefe, ó falecer este, quedou el como “Rei dos Indios Xíbaros”; mentras que outros sostenhem que Graña matou a outro patrón e refuxiou-se entre os indios aguarunas onde foi bem recibido casando-se com unha india.
Cesáreo Mosquera conta, com todo o luxo de detalhes, como rescata a um aviador que caiu na selva; como o embalsama e traslada, posteriormente, a Iquitos trás quase dous messes de viaxe; também, como saiu em auxilio d’unha expedicion que se encontrava perdida e sem víveres na selva e como fai de guía á Standar Oil, á Standar California nas suas exploracions pola selva em busca de petróleo ou em missions científicas como foi o caso da Latin Expedition… e também relata o que aprendeu dos indios sobre plantas, venenos… e os mistérios da selva amazónica. Así como a classe de barcos que podian navegar por aqueles rios, calado, etc… Todas estas informacions eram enviadas a Madrid, ó capitán Iglesias Brage para facilitar-lhe os preparativos da sua futura “Expedicion Iglesias ó Amazonas” e graças a isso e á meticulosidade do capitán que arquivou estes e outros documentos nos permite hoxe resgatar estas valiossíssimas informacions com as que documentamos a vida de Ildefonso Graña.
maximino fernandez sendín
.
Publicado en Uncategorized
.
Namorei amiga de alén do río
co ar que pasa cedo na barquiña do río
Namoreina, meu amigo
E ten ela peixes de auga leda no seo
no pelo longo como o río bágoas do ceo
Namoreina, meu amigo
E se a min chama, souril, de alén, do outro lado,
unha ponte de ar levanta, de ar moi calado
Namoreina, meu amigo.
Namoreina, meu amigo,
por non ir e vir, por non cansar, que me mata
por non caír no río
que soña o seu pelo de ouro e de prata.
francisco candeira
Publicado en Uncategorized
.
Isto permitiu-nos conhecer que Graña se encontrava, em 1922 “reinando” no Alto Maranhon, Pongo de Manseriche, Rio Nieva e Santiago vivendo entre os indios Xíbaros Aguaruna e Huambisa. Que a partir dessas datas comezan a baixar com grandes balsas cargadas de ricas variedades de productos da selva a Iquitos, onde os venden, e aproveitan para encontrar-se com Cesáreo Mosquera. Com el levava como bogas (remeiros) a vários indios aos que, cortava o cabelo, passeavan em coche, levava-os ao cinema, comprava-lhe xelados, punha a rádio e curavan as feridas. “Os indios o admiravan e seguian a todas as partes (…)” Facia também de guía a diferentes expedicions, á Standar Oil, Standar California, Latín Expedition American… pola selva, tanto científicas, como comerciais em busca de petróleo. Acude em auxilio de um grupo de americanos que formavan parte de unha expedicion científica, perdida na selva, quedando sem alimentos “e tabaco”… Assim como ensina ós indios a extrair o sal das águas de um rio, salino, utilizando unha paila para obter maior quantidade do preciado sal que logo vendia a bom preço… Intervinha nas guerras entre tribus, “civilizando-os á sua maneira”. Mas talvez o episódio mais famoso, foi o resgate de um piloto das forzas aéreas peruanas que se despenhou na selva, e que Ildefonso depois de embalsamar traslada, xunto com dous hidroavions que tinham caido até Iquitos. Trás quase dous meses de peripécias, xa que tiveron que atravessar o temido Pongo de Manseriche, um rápido que tragava tudo. Logrando entrar em Iquitos depois de unha aventura sem precedentes. Alí é recibido xubilosamente, obséquiado e gratificado polas autoridades e a família do falecido, que pertencia a uma influente linhaxe peruana. Este foi um dos mais belos e interesantes relatos de aventuras, “deu fama” e algo de dinheiro a Ildefonso Graña. Tamém descubrimos que um dos aeroportos mais importântes do Perú, leva o nome do piloto rescatado por Graña.
maximino fernandez sendín
Publicado en Uncategorized
.
Serei de riba de Chan.
Riba de Chan é a miña Patria.
Riba de Chan queda xalundes.
Podo recordar
o retrato dunha clepsidra
cruzada por unha gran nube de neblina,
bruxas e barcos imponentes que se acercan
(orgullosos, serios, tenros, moi lentos).
Un varredor que fala de Tarot, de runas,
números e grafoloxía.
O Nilo entrou en min: cada vez flui máis lonxe.
Compenso a súa ausencia figurando o cero
e o tres coa man esquerda,
coa man direita
figuro o seis e o nove.
Con ambas as dúas mans simbolizo
o número oito.
Pouso as gafas.
Acaricio uns anteollos.
Unha figa e un arrouto
reprimido poñen a camiñar un gato.
Hai poetas que non existen
porque parecen perfeitos.
Outros coexisten
porque son emigrantes
do tempo.
Vivo a fins de Xaneiro
e ando un mes atrasado.
Puidera estar once meses adiantado,
estar a tumbar dous paxaros dun só tiro.
Teño que rematar este poema
e vou á cociña. Corto a primeira
fatía de Bolo Rei e tócame a faba,
corto a segunda e tócame o “brinde” (un brinco).
Eu son de Riba de Chan.
FRANCISCO CANDEIRA
Publicado en Uncategorized
.
Cesáreo Mosquera, mentras Graña lhe dicta, escreve para o capitán Iglesias Brage numerosa informacion que ambos consideran pode resultar de interese para a futura expedicion. Tamém envian mostras de prantas, animais, frutos diversos, petróleo… para seren analizados, assim como cartas que por sí mesmas son valiosos documentos sobre os conhecimentos de unha cultura milenária narrada pelos indios Xíbaros que acompanhavan a Graña cada vez que baixava a Iquitos para vender mercadorias, e aos que entrevistava Mosquera e, é nestas interesantes e curiosas “entrevistas”, quando desvelan o seu conhecimento do mundo. Toda esta documentacion, mostra, fotografias… enviadas ao capitán Brage a Madrid onde estava a sede da expedicion. É aquí onde acude e entra em xogo o famoso xornalista e escritor Víctor de la Serna, que se convertirá num entusiasta defensor da “Expedicion Iglesias ó Amazonas” e através de diferentes artígos na prensa e revistas dá a conhecer a organizacion… durante mais de cinco anos. Mas nunca chegou a realizar-se, principalmente debido a esses personaxens que quase sempre aparecem em todo proxecto “que non fan nem deixam facer” ainda que outros autores culpan o começo da Guerra Civil. Graças á documentacion, mais de cinquenta cartas e documentos e vintinove fotografías que san á luz por primeira vez e ós trabalhos de campo realizados na sua aldeia natal, família, vecinhos… Conseguimos dar veracidade ó que parecia unha lenda pois de non contar com estes testemunhos escritos, muito do que aquí relatamos poderia entrar no xénero do incrível. Estas son algunhas das xestas deste insigne aventureiro que foi Ildefonso Graña Cortizo “que podia movilizar a cinco mil indios”, e que bem merece figurar nos anais da história como um valente explorador dos segredos da selva amazónica e, ademais, logrou o que nunca antes puido conseguir um home branco, viver e “reinar” entre os indómitos indios Xíbaros e ser seguido e admirado polos nativos até á sua morte.
maximino fernandez sendín
Publicado en Uncategorized
nesta lúbrica alborada ateigada de avelairas…
Neste cuarto alado por soños
sen presenza de careixas
síntome iluminado
e, moi ledo, xa todo me namora:
Mundo e Luz (non esa cinza)
E tamén – agasallado por ti
e por estas tellas (cadernos ruborizados
imbricando sabeduría cuxas letras
unha neve de antano xa borrou) –
as follas máis novas dos amieiros,
seivas ocultas,
veigas onde brillan viñas,
o vento e as carqueixas,
mil camiños andados, outros mil que non pisei,
catro cores quentes para catro aves,
todas as barallas por cadubar,
chanzos de luz,
arume orballado,
lerias e trebellos coruscantes,
mil libros nacidos da pedra e do aire,
mil alboradas, mil tardes, mil noites
abertas entre a memoria e o olvido.
FRANCISCO CANDEIRA
Publicado en Uncategorized
.
Um xovem campesino galego da província de Ourense (Amiudal-Avión) nunha das zonas mais agrestes, montanhosas e pobres, por aquel enton, da Galiza profunda, que emigrou a fins do século XIX ó Brasil e posteriormente trasladou-se a Iquitos (Perú) nos principios do passado século, dando início a unha das mais incríveis aventuras que o home branco puido contar, entre os indómitos e temíveis indios Xíbaros, do Alto Maranhon, sobre os que reinou até á sua morte. Um vecinho de Avión, Emílio Rosendo que ainda vive, tendo noventa e cinco anos de idade, e era amigo dunha das pessoas que embarcara com Alfonso Graña. Como muitos outros desta terra, Alfonso Graña, emigrou para o Brasil recalando em Manaos. Trás um tempo nesta cidade, embarcou de novo, desta vez rumo a Iquitos (Perú) onde está documentado o seu paradeiro no ano 1910, sabemos que permaneceu por estes sitios durante dez anos. Depois da crísis do caucho (1922) A. Graña interna-se na selva xunto com um amigo e vecinho que com el tinha emigrado a essas latitudes, atopando-se com unha tribu de indios Xíbaros, os quais matan o seu acompanhante, mentras que a Alfonso Graña lhe respeitam a vida. Porque segundo parece a filha do rei dos Xíbaros, se encapricha por el. Quando morre o seu sogro, Alfonso Graña é o seu sucesor no trono. Reinando durante doze anos entre as tribus Xíbaras, Aquaruna e Huambisa, até que lhe sobreveio a morte por unha doença terminal, em 1934. E probavelmente tudo teria ficado no esquecimento se a casualidade e a fortuna non se tiveran dado a man com efeito de que em Iquitos rexentara unha concurrida libraría “Amigos del País”, outro célebre personaxem galego da Costeira (Ribadávia) cuxo nome era Cesáreo Mosquera, que procedia polo tanto, dunha zona próxima á da Graña na Galiza (18 Km). C. Mosquera convertiu a sua libraría num lugar de encontro da colonia espanhola e doutros países que trabalhavam na rexion peruana de Loreto. Mosquera ó ter conhecimento por um artigo de Victor de la Serna (1931) de que em Espanha o capitán Iglesias Brage preparava unha expedicion científica ó Amazonas, puxo-se em contacto com el e ofereceu o seu apoio e o do seu amigo, Alfonso Graña. “Depois de ler o que dí o amigo da Serna. Suponho que será unha broma, mas se por acaso non o é, aquí estamos Graña e eu. Pero em menuda se vai ustede meter (…). Escriba-me porque podemos ser-lhes de útilidade Graña e eu quando ustedes fagan a loucura de cair por aquí.”
MAXIMINO FERNANDEZ SENDÍN

Publicado en Uncategorized
.
. “Quédanme as herbas, os niños, estes cantos,
. e un cabalo con rodas en algures”
. Luís G. Tosar
Pois eu xa te amaba cando as palabras tiñan algo de pedra
no tempo en que o home coñecia a sua forza, mentres eles,
afoutos, construían gumes de pedra, afiados apeiros
pra esculpiren o mundo.
Foi entón cando subín ás montañas máis altas e propicias
e labrando nas canteiras máis íntimas dunha palabra ceibe
forxei co granito máis prateado e máis belo das sílabas
unha estatua viva de harmoniosa e insuperábel música
rodeada por apóutegas, xestas e flores amarelas.
Semeei en ti, miña amiga, un alento erótico purísimo,
xuntei a miña forza aos tenros gumes da voz primordial
e tamén aos croios que me cedían os camiños máis antigos,
xuntei o meu amor aos rochedos que acollen as enormes ondas
nas costas bravías da nosa patria bañada por dous mares.
E entón xa, ao ver tanta fermosura humana, baixei aos vales,
aos muiños, aos hórreos, as casas, aos alboios,
recollín nas veigas os froitos tintos e brancos das videiras
e soñei logo que a cqda verba era unha uva doce e vidrosa,
un fráxil froito dos outonos, cando vai ancha e alta a lúa.
Seica estabamos no Tempo do Vidro. Si, pero eu xa te amaba.
Eu xa te amaba, pois, no vidro da auga lustral do val frondoso,
olvidaba entón a zafra, o martelo,o punteiro, as tenaces…
eu xa sabía de ti cando as palabras tiñan algo de vidro:
no tempo en que o home coñecia a súa autente fraxilidade,
cando eles, decididos, deseñaban Santos, Virxes e Cristos
nos vitrais das igrexas, dos mosteiros, das portas, das capelas,
e todo pra aplacaren o medo do mundo, e por outras cousas máis.
Foi entón cando me bañei nos rios máis nidios e sonoros,
e labrando nos croios máis perfeitos da maxia e máis da arte
forxei coa auga máis leda e transparente da buliciosa voz
un corpo quentísimo de sublime música celestial
beirado por fiunchos, toxos, herba xunqueira e manzanilhas.
Semeei en ti, miña noiva, un sopro erótico humanísimo,
xuntei a miña alma e o meu corpo aos doces fíos do soño
e tamén aos tan xeados codornos que me daba o inverno,
xuntei a miña utopía ás nubes que voan nos altos ceos
da verde bóveda da nosa Terra azoutada por dous ventos.
E entón xa, ao ver tanta maravilla xuvenil, ascendín
ás arbores, ao vento, ás estrelas, á choiva, ao sol, ás nubes…
E entón quedoume pra sempre o amor á maxia das palabras.
francisco candeira
Publicado en Uncategorized
.
¿Nao sei, se te cante ou chore?
¿Nao sei, se te grite um dia?
Rasgo a alma, e digo em pranto!
!!Que eu por tua culpa, aínda podia morrer!!
De todas elas, sem sombra de dúvida a mais temíbel é a cozinha “Oriental”. Sobre tudo a comida ambulante, aquela que se vende desparramada por ruas ateigadas de viandantes, “Xentes que van e venhem, xentes que venhem e van, em van.” Um venenoso cerne, que encerra matéria de “Harakiri”, toda a profunda miséria espiritual do comêrcio, que poderia chegar até ó desmesurado liberal-canivalismo moderno. Perdon, amigos meus, mas os nossos filhos, que van deslocalizados por esse mundo fora, podem encontrar-se fácilmente com esta comida barata, que até lha levan á casa se fai falta. Pode ser unha verdadeira armadilha, esta comida, servida diante do televisor com filmes Norte-Americanos porriba. Garanto, que non pode haber corpo nem mente humana capaz de aguantar tamanho suplício. O nosso planeta, ficaria irremediávelmente na man das máquinas. A outra, que non lhe queda nada atrás, é a “American Way of Life” , funcional, moderna, super-dinâmica. Enormes postas grelladas, amburguesas, salchichas, pizas, mostazas e salsas de tomate, e “Gasus my Good”, etc, etc… Sim, mas “Científicamente Obessa”, “Multinacional”, “Multidireccional”, interplanetária, de granxas de pitos e grandes escolas de porcos, !!Mama mia!!, !!Mama mia!!, !!Porca Miséria!! E as “mentes planâlticas” coma sempre dirán, muita crítica, muita crítica, pero nunca apresentades unha alternativa irracional? !!Pois sí, desta vez, apressentarei a minha estrela, a “melhor cozinha do mundo”!! Madame Rosa. Alá em Uma D’Arriba, nos contrafortes das Barreiras, alí onde os ventos son tempestades, e as ventiscas xelan no crú inverno. Na casa do Xaneiro, mora unha “Senhora Cozinheira”, formada nos fogons de “Terratenentes do Alentejo” e na imponente Suiza. É ela que prepara os banquetes de celebracion, dos grandes deuses paganos
que formam parte do panteon familiar do “Clan dos Airgeabais”
léria cultural
Publicado en Uncategorized
.
Soamente pido unha noite iluminada por un soleil noir,
un delirio sempre en fuga, unha voz que entoe pois poboados silencios
muller que non escribes para certo silencio,
que non es volúbel nas razóns profundas
e sais incólume de tantos perigos
e non fas caso de espúrios ideais
e es inmarcesíbel ante toda ilusión
e desprecias inocuas accións e pusilánimes ignorancias.
Para ti son todas as cousas ledas,
muller que convertes as páxinas en branco en berros nidios,
que cantas o mundo e traballas a palabra do soño
mentres segues a rota do vento cando vai pra ningures
mentres no fogar vello dos antergos aínda arden as cepas
con lume eterno e misterioso,
e sabes que nas veigas os homes
xa non danzan as danzas do noso,
e que xa non hai catro xogos
para cadansúa xeira,
e lembras que as lúas enxendran panteras tenras,
e que sofren os homes
moita inxustiza neste mundo noso.
Eu direi que, se non escribo, deambulo
pola cidade amando, en silencio, as persoas
que, depar de min,
pensan cousas belas:
con beleza:
Sen Tempo.
francisco candeira
Publicado en Uncategorized
.
Alfonso Graña, o galego que reinou entre as tribus Xíbaras do Alto Maranhon. Dominaba, o único ser branco habitante da selva, nunha zona comprendida entre os rios Nieva, Santiago e Alto Pastaza; unha extension como a Andalucia, Extremadura e Castela a Nova, xuntas. Povoada pelos indios mais indómitos do Continente, os temíveis Xíbaros, disecadores de cabezas, magos e xigantescos guerreiros, Pese a que em vida, contara com um cronista de primeira ordem como Victor de la Serna, que na palestra pública se encargou de proxectar resenhas literária e descriptivamente admiráveis… “como um emigrante procedente de unha brumosa aldeia agrícola e pastoril das montanhas da Galiza, sem apenas conhecimentos, sem saber leer e escribir, chegou a ensenhorear-se de um territorio equivalente a meia Espanha, convertindo-se na primeira referência da autoridade entre as tribus Xíbaras, até ó ponto de merecer o título que lhe conferiu Victor de la Serna de “Alfonso I da Amazônia, rei dos Xíbaros?”… Que dúvida cabe, que de levar-se a cabo a expedicion que foi tumbada pela Guerra Civil espanhola, a figura e o reconhecimento de Alfonso Graña houvera proxectado toda a sua grandeza… Tamém contribuiu á liquefaccion histórica de Graña a sua morte prematura… pois non deixou unha mínima infraestructura orgánica capaz de dar continuidade á sua obra. Unha simbiose entre o mundo dos Xíbaros e o mundo “civilizado”, mantendo o respeito polos usos, costumes e cultura nativos, aportando aqueles aspectos prácticos da “civilizacion” que melhor contribuiram ó desenvolvimento das tribus autóctonas… os Xíbaros, tan impermeáveis á penetracion occidental, foram ensenhoreados por um emigrante inculto e analfabeto, que por outra parte non era senon emisário de sí mesmo. Non estaba respaldado por ningúm poder, nim político nim corporativo, non contava com um equipo humano, nem sequera com unha força física que o fixera temível. Unicamente contava com o seu instinto e a sua astúcia, uma personalidade que era poderosa e peculiar. Mesurado, parco em palabras mas definitivas e resolutórias, bom administrador dos seus silêncios, habilidoso para encontrar a melhor solucion ante situacions extremas. Os tan temidos Xíbaros o veneravam e até as autoridades peruanas e equatorianas, e as corporacions internacionais, tinham que contar com a autoridade de Alfonso Graña para poder desenvolver-se dentro desse território.
ángel maldonado vita
.
Publicado en Uncategorized
.
José Maria Bouzó Argibay, agora que está “Jubilado”, e podia disfrutar descansando prazenteiramente dos abatares da vida. É “presunto implicado”, num “Proxecto de Dessarollo Local”, para a sua aldeia de Guillade. A el que gosta de decir que é um aldeano incrustado a duras penas na cidade, sempre tivo em mente a preocupacion pela sua tribu , lugar onde nasceu e passou os anos mais felizes da sua vida. Voltou com um proxecto cooperativo, para tentar melhorar o seu país pequeno, que se atopa num calamitoso estado de desorganizacion. Filho e herdeiro de famílias emigrantes em Lisboa por três xeracions consecutivas, foi capaz de levantar em Vigo um pequeno império escolar. Nasceu em 1933, na sua casa do Cabo de Reimonde, porque ainda que os seus pais estavam em Lisboa, queriam que os seus filhos nasceram na sua terra, para o qual sua nái retornou temporalmente para o parto en Guillade. A emigracion a Portugal vêm do tempo do seu bisavô, que deixou para o seu avô duas “carboarias”, e umas tabernas, onde se comprava o carbon para cozinhar e ó mesmo tempo se levava o vinho prás comidas, aproveitando que arrimados ó monstrador tamém se tomavam uns “copos” a modo de aperitivo. O velho corazon da antiga Lisboa, antes cheia de “carboarias”, foi evolucionando para as “casas de pasto”, “petiscos”, “comes e bebes”, e “restaurantes”, acabando por desenvocar na cuidada hostelaria actual. Viviam no Largo Silva Albuquerque, ó lado da Praça da Figueira, e do Rossio, recordando ainda de neno ás sete da manhan o movimento dos carros e aquel grito cada dia de um vendedor: “Quem quer figos, quem quer almoçar?” Mas na realidade onde passou a maior parte da sua infância foi em Guillade, com os seus avós, nunha

escola de catorze nenos, de várias idades. Durante a Guerra Civil certas casas forom muito sacrificadas porque tiveron que contribuir ó sosten do exército, primeiro com o ouro que tinham, e depois com os bois… mas ficaron com as suas veigas e o seu ânimo de subsistir. A sua avó contava com um nutrido “Corpo de Bens”, que ainda que de pequenas parcelas, axudava muito á economia de autoconsumo, fortalecida pelas axudas que vinham de Lisboa. “O meu avô, chegou a levar para Lisboa uns trinta galegos, para trabalharem com el, porque confiava mais neles para o trabalho duro, xá que estavan acostumados ás rudas xornadas das labores agrárias. Eu estava muito bem, quando iva a Lisboa, ainda que gostava muito mais de viver em Guillade, mas chegou um momento em que dixeron que tinha que estudar, habia que decidir-se Lisboa ou Vigo, e se fora em Espanha deberia ir interno a um colégio de Vigo.” “O maior de todos os traumas, estava por vir, porque da vida livre dos nossos campos, passei a água com patacas, ou patacas com água… e um bolo de pan para as três comidas. Claro, que eran tempos de postguerra, cheguei ó coléxio em 1943 e em Vigo comia-se mal; na aldeia tinhamos, quem mais, quem menos algúm porco, algunha vaca, coelhos, galinhas… O que nos chegava ó coléxio das casas, era a nossa esperanza. Non vou decir o nome do coléxio, mas passei alí dez anos muito disgustado e sain com a conviccion de que nunca permitiria que ningúm dos meus filhos se fora interno a um centro educativo. Soportei unha discíplina férrea, á base de golpes e patadas no cú, que era o que se entendia por educacion nesse momento.” “De aviador, nada”. “Feita a “Reválida” acabei a escola, e sentin como se saíra de unha cárcel. Quedei em Vigo, a viver no bairro de Casablanca, por onde está agora o “Corte Inglés”. Na verdade queria ser aviador, mas isso implícava trasladarme a Madrid, e o meu pái dixo que de ningúm modo, que acabara o “Bachillerato” e despois se veria, isso de ir a Madrid. Na casa queriam que fixera “Comercio”, porque deberia facerme cargo das cousas da avó, usufructuária de todos os negócios que deixara o avô: um comercio de calzados e fazendas, e um “almacén de vinhos” que exportava para a América. Tudo em Lisboa. Sendo eu, o único neto varón…” “Recordo os “bailes” de xuventude naquel Vigo pueblerino, “Las Cabañas”, “Jardin Park”, “El Suévia”, as verbenas, “O Grímpola”, a terraza do último piso do Hotel Moderno com bailes os sábados, onde vinham as “chicas bien” e até alguma vez o rei Juan Carlos, que estudava em Marín e tinha como amigo na escola a Pérez Moreiras, companheiro meu tamém dessa vida. Estava o “Club Náutico”, o Casino, “O Club de Campo, “O Aero Club”, etc… Nalgunhas destas sociedades classistas dependia para entrar de que aparecera ou non unha bola negra que che vetara a entrada”. “Foi em 1957 quando a minha avó me mandou a Lisboa para atender aqueles negócios que, ainda que estaban alí o meu pái e o meu tio, os tinham na man de apoderados e eles vivíam regaládamente das suas rendas. Ir alá com a autoridade delegada da minha avó, com a ordem de que debian dividir e resolver, non era nada fácil, sendo eles os meus maiores. ¿Quem és tu para pedirnos contas?, me decian. Conseguim meter ainda um contable que foi pondo os negócios em ordem, e convencim a avó que vendera os seus numerosos pinheiros em Pontareas, para que sacara um dinheiro para ela e repartira com os filhos… A min non me deixou nada, mas sim muito carinho e, sobre tudo, rezou muito por min. Tanto ela como a minha tía-avó. Em 1958 a avó convenceu o meu pái a comprar um edifício na rua Lóriga, de cuxa compra me encarguei eu mesmo.” “Trabalhei primeiro nos Correos em 1957 ganhando 1600 pesetas, mas isso gastava-o eu quase na pension, assim que colhin representacions de máquinas de pesar, bolsos, zapatos, hebillas, cordas, etc…” “Como eu queria ganhar mais dinheiro, alá por 1959 entrei a trabalhar na Academia Octavio, que se tinha separado do Colégio Muro, e alí comecei a dar classes de cálculo. Ou sexa que facia o meu horário em Correos e no tempo libre tinha as minhas representacions, e ainda dava classes. Passei da pendonaria xuvenil, ao trabalho sem límites”. “Nascim na aldeia, e á aldeia voltei. Vivim todo o inmenso câmbio na Espanha desde a Guerra Civil, a solidariedade que havia com a xente daquel rural e, quando me “Jubilei” em vez de descansar, ideei um proxecto para o meu povo de Guillade. Intento, contando com a xente d’alí, mudar a fisionomia dos montes e da natureza circundante, este ano plantamos mais de mil árbores, nogais, cereixos, castanhos e avelhanos. Procuramos unha cooperativa com o sessenta por cento do povoado, com objecto de limpar os montes e eliminar o eucalipto, rarear as plantacions de pinheiros, etc, etc… Em definitiva, organizar e conservar os manantiais de água, para futuras plantacions de frutais, cultivos agrícolas e abastecimento das vivendas. Desexando que tudo vaia no sentido do “Bem Comum” de todas as nossas xentes.”

.
a irmandade circular
Publicado en Uncategorized