Categorías
Arquivo
- Agricultura Alimentación Anonymous Arquitectura Astronomía Blogs para curiosear Bos desexos Cerebro Cine Darío e Breixo Economía Educación Frutais Futuro Historia Humor Indignados Libros Lingua Literatura Medios de comunicación Monte Comunal Natureza Poesía Política Procomún Publicidade Sidra Socioloxía Software libre Tradicións Viaxes Xadrez
EM NOME DE GUILLADE (XXII)
A Aldeia de Guillade, parte dunha orixem territorial mais antiga do que a época baixomedieval. A organizaçón do território eclesiástico e senhorial define-se habitualmente polos accidentes naturais (montes e rios) e fragmentam-se a partir do século XI e XII a medida que o espaço eclesiástico se organiza em base ás comunidades rurais em crescimento. A edificaçón de novas igrexas, para dar solucçón ás necessidades relixiosas das comunidades agrárias (vencelhadas ás antigas “villae”) fomentará a apariçón dum território eclesiástico definido pola proximidade dos feligreses á sede parroquial e dos próprios limítes naturais. Como sinala Sánchez Pardo: “o obxectivo teórico da rede parroquial, é a cobertura mais eficaz possíbel dum território, atendendo concretamente ao reparto da poboaçón nel.” Será deste xeito que poidamos comprender como um antigo território como o de Guillade se reduza em superfície, a partir dos séculos XI ou XII a medida que se vaian criando novas igrexas parroquiais e xurda a necessidade por parte da sede episcopal de marcar limítes entre as novas feligresías que estabam nascendo. A distancia entre vecinhos e igrexa e os elementos próprios da paisaxe natural, rios e montes, definirám a nova identidade territorial.
a irmandade circular
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.
