
Disque unha vez a un veciño dunha aldeia, cando ele ou cando a muller, ouvían polas noites ruídos estranos como se andivesen nenos a brincar na casa. –Manecho (chamaba ela moitas noites), ¿Sintes? –Sonche os ratos, muller, ou turrará o gando na corte (dicíalle o home, e coa mesma virábase de outro lado e siguía durmindo. Pero, outras veces era ele que sen recordar de todo preguntaba: –Marica, e logo, ¿auvíchelo? Daquela a muller xa non prendiá máis o sono; era como si un pícaro rastreara a mesa; como se lle costara caro rubir a ela, e dimpois, enriba, brincara ao chan… sintíalle o seu alentar e as pasadas lixeiriñas de pés de crianzo. Unha noite, prenderon luz no candil e rexistraron o sobrado todo; outra vez, acordaron solpresos os dous ao cae-la mesa que fixo trema-la cama; non era cousa deste mundo. Si deixaban alcendido o candil, ninguén lles estorbaba o sono, así dormiron moitas noites, e cando voltaron mata-la luz, daquela voltaron tamén os ruídos: