DICENTA, Joaquín (Madrid, 1893). Filho do importânte autor teatral Joaquín Dicenta Benedicto. Autor teatral também, tivo êxito com obras em verso como “Leonor de Aquitania” e “Son mis amores reales, publicados con Plumas en el viento en Obras dramáticas” (1933). Com Antonio Paso escrebeu “Un pasatiempo bufo-lírico-bailable en un acto” y “Los cuernos del diablo” (1927). Publicou também dous libros de poemas: “El libro de mis quimeras” (1912) e “Lisonjas y lamentaciones” (1913) com prólogo de Pérez Galdós. Escrebeu também a triloxía dramática “Hernán Cortés”.
DÍAZ TANCO, Vasco (Fregenal de la Sierra, Extremadura, 1490?-1573?). Autor teatral e poeta. Viaxou por Portugal, Italia, França e Turquía e foi probabelmente cautivo dos mouros antes de 1547, ano da publicaçón do libro entitulado “Palinodia de la nefanda y fiera nación de los turcos y de su engañoso arte y cruel modo de guerrear” (Ourense, 1547). Baseou o seu libro nos “Commentari delle cose dei turchi” (Venecia, 1541) de Paolo Giovio (1483-1552). Foi um autor muito prolífico, xá que no prólogo ao seu “Jardín del alma cristiana” (Valladolid, 1552) menciona ser autor de mais de quarenta e oito obras, algunhas das quais eram compilaçóns e outras, traduçóns. Perto de trinta destas obras perderom-se, mas “Los veinte triunfos” (c. 1530; ed. Rodríguez Moñino, 1945), história em verso de vinte importantes barcos espanhois, sobrevivéu e chegou até nós. O seu estilo latinizado recorda o de Juan de Mena.
DÍAZ SÁNCHEZ, Ramón (Puerto Cabello, 1903-1968). Româncista e contista venezolano. Foi xornalista e colaborador de “Ahora” (1936-1937), xefe de publicaçóns do Ministerio de Agricultura e director da Editorial Nacional de 1942 a 1944. Na sua primeira novela, “Mene” (1936), usou a técnica documental para narrar a história de um povoádo que se converte vertixinosamente nunha próspera cidade pola chegada de unha companhía petrolera. Em “Cumboto” (1950) mostrou os problemas do mestiçáxe e das relaçóns entre brancos e negros nunha facenda cocoteira perto de Puerto Cabello, poboádo natal do escritor. O narrador é o negro Natividad, que conta a sua própria história e a de Federico Zeus, um branco, ao mesmo tempo que narra também a da mulata adolescente Pascua e a doutros personáxes. A fantasía entreláza-se com os feitos, o terror mistura-se com a piedade e o passado com o presente. As suas novelas posteriores resultam menos impresionantes: “Casandra” (1958) trata de unha pobre mulher que enlouqueceu e que alberga habilidades para predizer o futuro. Em essência a novela ataca o materialismo, mas fracasa ao non converter em herói ao personáxe José Uberto, que aparece como plano e carente de vida. Em “Borburata” (1961), unha família antanho poderosa abandona a cidade para tomar conta de unha prantaçón de cacao. Também publicou dous libros de contos: “Caminos del amanecer” (1942) e “La Virgen no tiene cara” (1946). E duas excelentes biografías: “Guzmán, elipse de una ambición de poder” (1951), que é um extraordinário panorama da história do século XIX, centrado nas figuras de Antonio Leocadio Guzmán e do seu filho Antonio Guzmán Blanco, e “El Caraqueño” (1967), sobre Simón Bolívar. Como historiador da literatura, escrebeu “Teresa de la Parra: clave para unha interpretación” (1954) e “Paisaje histórico de la literatura venezolana” (México, 1965), entre outras obras.
DÍAZ RODRÍGUEZ, Jesús (La Habana, 1942). Contista e ensaista cubano, professor de materialismo dialéctico na Universidade de La Habana. O seu libro “Los años duros” ganhou o Premio Casa de las Américas, em 1966.
DÍAZ RODRÍGUEZ, Manuel (1868-1927). Româncista venezolano influído por Bécquer e Rodó. Os seus românces sociosatíricos apresentam unha intelixente descripçón das personáxes e narraçóns de viáxes, mas, carecem de um diálogo adequado. As suas obras som: “Sensaciones de viaje (París, 1896), “De mis romerías” (Caracas, 1898), “Sangre patricia” (Caracas, 1902) e a novela autobiográfica “Ídolos rotos” (París, 1901).
DÍAZ RENGIFO, JUAN (século XVI). Xesuita. Autor de “Arte poética española con una fertilísima silva de consonantes comunes, propios, esdrújulos y reflejos y un divino estímulo del amor de Dios” (Salamanca, 1592). O libro foi ampliádo, sem que se notara melhora algunha, por Joseph Vicens na edicçón de 1703. Na poética de Rengifo, a doutrina (o utile de Horacio) tem maior importância que o deleite (lo dulce en Horacio). Rengifo basou-se nas doutrinas de teóricos italianos como António da Tempo, aos quais adaptou às esixências da métrica espanhola. A sua Silva de consonantes o diccionario rítmico” era tán popular que Moratín, na sua obra “La derrota de los pedantes” (1789), escrebeu: “Qué es la poesía? El arte de hacer coplas. Y cómo se hacen las coplas? Comprando Rengifo por tres pesetas”.
DÍAZ-PLAJA, Guillermo (Manresa, 1909-1984). Historiador da literatura, crítico e ensaista que editou a “Historia general de las literaturas hispánicas” (1949-1967, sete volûmes) e a “Antología mayor de la literatura española”. Escrebeu mais de cento cinquenta libros; foi crítico literario de “ABC” e foi director do Instituto Nacional del Libro Español. Alguns dos seus escritos mais orixinais som: “El arte de quedarse solo y otros ensayos” (1936), “Introducción al estudio del romanticismo español” (1936; 2ª ed. rev., 1942), que obtívo o Premio Nacional de Literatura, na sua primeira apariçón; “El espíritu del Barroco” 1940; ed. ampl., 1983); “Modernismo frente a noventa y ocho” (1951); “Las estéticas de Valle-Inclán” (1965) e “El oficio de escribir” (1969). A sua “Poesía junta” apareceu em 1967. Últimamente publicou “Retrato de un escritor” (1978) e “El combate por la luz”. “La hazaña intelectual de Eugenio D’Ors” (1981).
DÍAZ MIRÓN, Salvador (Veracruz, 1853-1928). Poeta mexicano cuxa influênça sobre Darío e José Santos Chocano foi muito considerábel. O seu poema “Sursum” (1884) e os seus “Discursos políticos” (1884 e 1885) indicam que facía sua a afirmaçón byroneana de que o poeta é o líder dos homes. Mais tarde, habería de rechazar as suas românticas “Poesías” (Xalapa, 1886; 2ª ed., 1901) e toda a poesía que escrebeu antes de “Lascas” (Xalapa, 1901), importante documento do que é primeiro modernismo latinoamericano. Abandonou os temas de tipo social e adentrou-se nunha temática de fastío e desengano. Voltou os olhos para Quevedo polo seu tratamento da fala e a Góngora pola sua brilhante capacidade metafórica. As suas “Poesías completas” publicarom-se em 1941 (3ª ed., 1952). Novas ediçóns dos seus poemas, algunhas delas facsimilares, forom sendo publicádas nos últimos anos. Os escritos de Díaz Mirón non reflectem a violência que presidíu a sua vida. Perdeu o braço esquerdo nunha zaragata acontecida antes de unhas eleiçóns. Abandonou México por sua própria vontade e seguíu practicando o xornalismo político durante 1874 e 1875. Regressou a México como diputado em 1878. Em 1892 matou um home durante unha campanha eleitoral e foi sentenciádo a quatro anos de prisón. Em 1910 foi encarcerádo de novo por intento de asesinato e saíu libre em 1911 com o triunfo do presidente Madero. Os seus últimos borradores: “Astillas” e “Triunfos”, non chegarom a publicar-se.
DÍAZ MEZA, Aurelio (Talca, 1879-1933). Autor teatral chileno que colaborou no xornal de Talca “La Libertad”, até que abalou para Santiago em 1899. Aparte das suas peças teatrais, escrebeu unha biografía de ficçón, “La Quintrala” ( o fundamento do libro, foi também tratado por Magdalena Petit “La Quintrala”, e Armando Araiza, “La tragedia de los Lisperguer”, 1936). O seu primeiro êxito no teatro foi com “Bajo la selva” (1914), comédia, ao igual que a obra num acto “Amorcillos” (1916). Outras peças teatrais forom “Ricacahuín”, “Araucania” e “Con su destino”. Publicou “Leyendas y episodios chilenos” (1925-1927, onze volûmes).
DÍAZ MACHICAO, Porfirio (1909). Novelista e ensaista boliviano. Foi bibliotecario da Universidade de San Andrés em La Paz. Escrebeu um libro de contos, “Los invencibles” (1932), situado em época da “guerra del chaco”, no qual puxo de manifesto um pacifismo activo. Mais conhecido pola sua produçón novelística: “El estudiante enfermo” (Cochabamba, 1938), que versa sobre os problemas sexuais de varios estudantes universitários e de um soldado da guerra do Chaco; “Vocero” (1942), sobre a prensa, e “La bestia emocional” (1955), que é ao mesmo tempo história e autobiografía. A sua detalhada “Historia de Bolivia” (1954, cinco volûmes; aínda em curso de publicaçón) cobre até agora o período comprehendido entre 1920 e 1943. Dos seus ensaios, os mais conhecidos som: “20 lecciones sobre Bolívar” (1949), “El ateneo de los muertos” (1956) e “Crónica de crónicas” (1963). Compilou duas antoloxías: “Antología de la literatura boliviana” (Cochabamba, 1965, quatro volûmes.) e “Prosa y verso de Bolivia: antología” (1966-1967, três volûmes).
¡Que poucos, entre tantos miles de homes, som aptos para as ciências, incluso para unhas ciências como as que temos! Apenas um ou dous. E ningum com perfeiçón. Vou-o demonstrar. Quem haxa de saber algo perfeitamente tem que ser home perfeito. ¿Há alguém que o sexa? Mas temhámos em conta que debe sê-lo. Por certo, tú afirmas que em todos a alma é igualmente perfeita (aínda que ignoras a sua natureza, como o poremos de relevo noutro lugar), mentras que é o corpo a causa de que unhs sexán mais doutos, outros menos e outros nada. Sexa. ¿Será por ventura a nossa alma suficientemente perfeita para que o home poida saber algo com perfeiçón? Non; mas admitámos-lo. Em consequência, aquel cuxo corpo sexa menos perfeito, saberá com menos perfeiçón; o que o tenha mais perfeito, com mais perfeiçón; e o que o tivéra perfeitíssimo, com perfeiçón máxima. Do que tú afirmas parece inferir-se isto, sem dúvida, com maior razón que o contrário. Mas ¿a quem se lhe deu um corpo perfeito? A ninguém, aínda que grite algún médico. E se así fora, non lhe duraría mais que um instânte. Caso de que o negues, non o vou a probar agora; probarei-o noutra parte. Non obstânte, vou-che pedir algo, e sei que non mo vás a dar, pois ígnora-lo, ao igual que eu. Coincidindo com Galeno em chamar perfeitíssimo ao corpo que é muito equilibrado e muito belo. Agora bem: Galeno afirma que só o corpo equilibradíssimo (aínda que debería ser tído em conta a composiçón, por causa das acçóns instrumentais) produze operaçóns todas elas perfeitíssimas e, entre estas operaçóns, a inteleçón, da qual depende a ciência, obstenta a primacía. Mas isto também se apoia na razón. Houbo algúns médicos segundo os quais, para ser perfeito, o médico debe padecer todas as enfermedades, antes de que poida emitir um xuízo perfeito sobre elas.
Cando Noso Señor andaba polo mundo levaba sempre na súa compaña a dous dos seus apóstolos, o señor San Pedro e o señor San Xoán. Os apóstolos facían vida como tódolos homes e tiñan as súas mulleres. E foi do caso que a San Pedro gustáballe máis a muller de San Xoán cá que el tiña; e á muller do outro el tamén lle gustaba e fixeron un apaño. Xa levaban un tempo entendéndose e o pobre San Xoán non sabía nada. Un día San Pedro reparou que na fronte do compañeiro naceran dous corniños coma os dos carneiros e axiña que pasaban os días, máis lle medraban. San Pedro deu en pensar que ó mellor ó outro lle saían os cornos porque tiña pauto co demo e foille consultar o caso ó Noso Señor. —Mestre, ó Xoán sáenlle cornos. E o mestre asentiu: —Saen. Non houbo máis consulta. San Pedro calou, pero ós poucos días vendo que os cornos do outro cada vez eran máis grandes, foi falar outra vez co mestre: —E ó Xoán sáenlle cornos… —Poñerallos algún —respondeulle Noso Señor. —E poñerán —dixo San Pedro. E preguntoulle Xesuscristo: —Entón ti que é o que queres? —Pois eu quería que non se visen —pediulle San Pedro. E dende aquela non se ven os cornos dos casados, homes ou mulleres, cando as mulleres ou os homes teñen algún apaño.
CUBA, X. R.; REIGOSA, A.; E MIRANDA, X., 2001: “CONTOS COLORADOS”, EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, VIGO. (OS AUTORES TOMARON ESTE CONTO DE CARRÉ ALVARELLOS, L. S. A.: CONTOS POPULARES DA GALIZA, ED. MUSEU DE ETNOGRAFIA E HISTÓRIA, PORTO).
Vi Napoleón, essa alma do mundo, sair da cidade para ir passar revista às suas tropas; é efectivamente unha impressón extraordinária ver aquele home que, a cavalo, concentrado o seu olhar, abarca o mundo e o rege.
Carta de Hegel a Niethermayer
A sua vida foi o caminho de um semideus, de batalha em batalha e de victória em victória. Pode dizer-se que Napoleón se encontrava num estado perpéctuo de iluminaçón, daí que o seu destino fosse de unha luminosidade tal que o mundo nunca tinha visto nada parecido nem voltará talvez a vê-lo.
Wilhelm Wien (1864 – 1928) nasceu na Prússia Oriental e era um pouco mais novo que Planck. Trabalhou baixo as ordens de Helmholtz e depois xuntou-se ao Instituto Imperial de Física e Tecnoloxía, situado nas proximidades de Berlim. Ali interessou-se, a finais do século, polo problema da radiaçón de corpo negro. Wien fixo duas grandes contribuiçóns para este assunto, polas quais recebeu, em 1911, o Prémio Nobel da Física. A sua primeira contribuiçón consistíu em demonstrar que a intensidade da radiaçón emitida por um corpo negro, Kv, non dependia da frequência e da temperatura de maneira independente e sim através de unha combinaçón de ambas, que se conhece actualmente como “lei do deslocamento de Wien”, Segundo esta lei, à medida que aumentamos a temperatura, o comprimento de onda da enerxia radiada desloca-se para comprimentos de onda mais curtos. Wien fornecía assim unha explicaçón teórica para um fenómeno que pode constatar-se a olho descoberto: a luz que provém dos corpos incandescentes desloca-se do vermelho para o outro extremo do arco-íris à medida que eles aquecem, como no caso de um forno de gás. (…) A segunda grande contribuiçón de Wien foi unha expressón para a referida distribuiçón espectral que se axustaba muito bem aos dados experimentais conhecidos na altura, embora non pudesse oferecer unha deduçón teórica satisfactória para ela. Esta expressón dictaba que a intensidade da radiaçón térmica decaía exponencialmente com a sua frequência, daí que sexa muitas vezes conhecida como “lei exponencial de Wien”. Os momentos-chave da descoberta do “Quântum de enerxía”, teve lugar de forma muito simbólica na viráxe do século.
O estímulo do interesse individual e a libre concorrência, som unha garantia de progresso e harmonia, como defendia Mandeville em “A Fábula das Abelhas”. A observaçón de Voltaire sobre a “tolerância relixiosa”, que implica o xogo da especulaçón, non deixa de ser inquietante, sempre que relembra a outra cara da actual globalizaçón, evidenciada na sua capacidade para dissolver pluralidades culturais e ideolóxicas. Em questóns de ordem política, compara o povo inglês com o romano, tendendo para este último, xá que “entre os romanos nunca de deu a horríbel loucura das guerras de relixión”. Na nona carta, rexeita enerxicamente a monarquia absolucta e o despotismo da nobreza, mas hesita quanto às formas de corrixir esses abusos. Dir-se-ia que sonha com unha espécie de “república burguesa”, definindo o povo como o conxunto “dos que estudam as leis e as ciências, dos negociantes e dos artesáns”. Como traduz Carlos Pujol para unha linguaxem actual: intelectuais, homes de negócios e classe média. Para Voltaire, o comerciante é o verdadeiro motor do mundo moderno e o seu papel é temido por unha nobreza ociosa, que só sabe adular sem nada contribuir para o bem comum ou para a felicidade do mundo. Sem dúvida, o patriarca de Ferney tinha vislumbrado o potencial revolucionário do burgués que, anos mais tarde, Marx identificará no “Manifesto do Partido Comunista”.