
Decían os vellos dantes que todas as noites había a procesión das ánimas. Ie entonces era un home que lle gustaba muito andar de noite, ir a tapar a auga aos praos. E despois a lo mejor viña dos praos en plena noite ie iba al palleiro a face-la ceba pre despois al día siguiente dárllela ás vacas. Ie el saía cos manizos –como lles chamamos eiquí en Pereda– del palleiro e tiños pousaos na porta. Ie neste momento concidiu que pasaba a procesión das ánimas, ie todos al pasar íbanse erimando al home aquel ie dábanlle así como unha especie de patada, hasta que un que viña dos últimos adelantouse ie púxose do lao de el ie díxolles: —Non, muito cuidado, non darlle, que este é meu padrín. Ie todos aquelos al pasar que lle iban dando unha patada, íbanlle decindo: –Andar de día, que la noche es mía; andar de día, que la noche es mía…
FONTEBOA, A., 1992: LITERATURA DE TRADICIÓN ORAL EN EL BIERZO, DIPUTACIÓN DE LEÓN, PONFERRADA.