.
Se imos ao Atlas Linguístico Galego, vemos que o Condado se atopa dentro do bloque dialectal occidental e máis concretamente na área pontevedresa. Son ben coñecidas as características fonéticas e morfolóxicas da nosa zona: plural en -ns dos nomes rematados en -n (camións, cans); existencia de gheada (ghato); seseo parcial (lus, rapas), terminación -án para masculino e feminino (meu irmán, miña irmán; mañán, mazán, ran), ditongo -ui- en muito, truita; formas verbais como foches, colleches, din. Como vemos, algunhas destas formas afástanse do estándar ou variedade normativa (a RAG recomenda miña irmá, mañá, mazá, ra, moito, troita, fuches, colliches e dei) e outras, non. Secomasí, gustaríanos facer referencia aquí a outra serie de formas lingüísticas perfectamente normativas que ás veces pasan máis desapercibidas pero que se atopan moi vivas en concellos como Ponteareas, sobre todo cando nos fixamos no galego daquelas persoas das que temos moito que aprender, os nosos maiores. Velaquí algúns deses elementos idiomáticos (sintácticos, léxicos, pragmáticos) que deberiamos potenciar no noso galego, xa que lle dan personalidade á nosa lingua: 1. Cando formulamos unha pregunta das chamadas “polarizadas” (é dicir, das de resposta si/non) e agardamos que nos confirmen o que pensamos, temos á nosa disposición un conxunto moi ricaz de posibilidades (entre outras: Non si ou Non+Repetición do verbo ou adverbio se agardamos resposta afirmativa, e non non cando o que esperamos é unha resposta negativa). Vexamos algúns exemplos: Vas alá, non sí? / Non vas alá, non non? (pronunciado: nonón) / Hai leite na neveira, non hai? / Está na casa, non está? / Xa chegou, non xa? / As cousas teñen que pensarse ben antes de facelas. Non é, Uxía? / Va que non sabias iso? É dicir, evitemos nestes contextos o uso da forma verdade, que tan alleo ao galego resulta. 2. Outra forma interesante do Condado e de todo o centro e sur da provincia de Pontevedra, usada polo tanto nunha das zonas máis poboadas de Galiza, é a perífrase verbal Querer+Participio: As árbores queren regadas, Iso quería feito, Ese chan quere fregado, etc. Trátase dun xeito de expresar necesidade ou obriga, o mesmo ca se dicimos Hai que regar as árbores, Hai que facer iso, Hai que fregar o chan. O que se fixo foi situar o obxecto na primeira posición da oración (porque diso é do que primeiro se quere falar) e ademais convertelo en suxeito (de maneira que nos queda a orde máis normal na nosa lingua: suxeito+predicado). Estamos diante dun curiosísimo complexo verbal que o catedrático da Universidade de Vigo Xosé Henrique Costas puxo recentemente en relación con outra semellante existente en sardo. 3. Vexamos agora algúns procedementos para expresión de dúbida. Imaxinemos que nos preguntan: Vas ir a Xinzo? Pois ben, se queremos expresar “probabilidade”, podemos responder. Hei de ir ou Quen sabe vaia. E para indicar pura “posibilidade”: Ao mellor, vou – Se cadra, vou – Se acaso, vou. Na nosa zona, a forma Quizais non a atopamos na fala viva, e moito menos Talvez, forma esta última que nos parece allea ao galego. 4. No tocante ao nivel léxico, poderiamos citar centos de palabras, mais debido á falta de espazo, imos simplemente pór de relevo unhas poucas verbas ben documentadas na nosa zona que estaría ben que reivindicásemos como falantes: -Entón?, como fórmula de saúdo. Lembro de pequeno que cada vez que ía visitar a meus avós a Xinzo, eles para saudar nunca usaban a expresión Ola ou Que tal, senón Entón (que pronunciaban: antón). -Faladeiro e Adozado como adxectivos: unha persoa faladeira é aquela que fala con todos, sociable; e cando dicimos de alguén que é adozado, facemos referencia a que é moi agradable e agarimoso (lembremos que en galego existe tamén o verbo adozar, que significa botar doce á comida e, por extensión, suavizar algunha situación). -Incomodarse, Anoxarse, Bater, Broucar, Revirarse, verbos moi frecuentes na nosa zona que entrarían dentro do eido semántico para describir conflitos entre persoas. Coidamos que incomodarse é a forma máis tradicional de expresar o que en castelán se denomina “enfadarse” (Non te incomodes. Estou incomodado contigo); un sinónimo é anoxarse (Non te anoxes, que non o dixen por mal). Bater é utilizar a violencia física contra alguén (en castelán: pegar): Non lle batas, Bateume. É a forma máis común e xeral e podemos dicir que posúe un significado máis amplo ca o de broucar ou mallar, que fan referencia a un bater máis violento ao implicar adoito a utilización dun pau: Broucáronlle ben. Se nos fixamos noutros exemplos documentados no Condado: Brouquei a cabeza contra o moble. Non brouques a porta (é dicir, non a peches con forza), podemos fixarnos que equivale ao verbo castelán “golpear”, que nós non temos necesidade de empregar. Por último, revirarse, verbo sempre pronominal: Hai que revirarse aos novos e non aos vellos. Eu douche unha labazada agora a ti e ti revíraste; podes mesmo chegar á violencia física e irme áos fuciños). Nos nosos falantes máis fiables nunca escoitamos o verbo “rebelarse”. -Preto (con e pechado), adxectivo que fai referencia a unha persoa negra de pel / Preto (con e aberto). adverbio: que non está lonxe. Os bos falantes de Ponteareas distinguen perfectamente este par de palabras dende o punto de vista fonético. -Outras voces: larear “conversar, falar con ánimo de pasar o tempo (Estiven a larear un pouco con Xan). Arrombar “pór en orde, arranxar” (Vou arrombar o cuarto), “solucionar algo” (A cousa quedaba arrombada). Careco “sen pelo” (Unha persoa careca). Trabar: en castelán, morder (Traboume un can. Traboulle un can. Ese can traba? Trabei a lingua). Devalar “diminuír a lúa de tamaño” (Ao devalar a lúa). Fustalla “recipiente onde se garda o viño” (Estiven a lavar as fustallas). Estar á raxeira “estar ao sol, gozando del”. Escantar “xurar” (Escántate! Escántome!). Escantamento “xuramento” (Mira que fixen un escantamento. Cobiza “ganas de traballar” (se houbese máis cobiza e menos preguiza outro galo nos cantaria. Así que poño a comida na mesa, pégalle a cobiza). E para rematar, algúns vocábulos que polo de agora só se describiron na nosa zona e que ben poderiamos exportar a outras zonas de Galiza, se é que non existen xa. Como di o lingüista Juan Carlos Moreno Cabrera, no seu fermoso libro La dignidad e igualdad de las lenguas, cando unha palabra ou a acepción dunha palabra non figura no dicionário, é un defeito do dicionário, non da palabra: Esquifar: “delatar” (Non me esquifes. Xa me esquifaches, eh? Non che dixen que non lle comentases nada?). Temos toda a familia léxica: esquifón “persoa que esquifa, delator” (É un esquifón), e esquifa “acción de esquifar” (Houbo unha esquifa). Negrar: “manchar, ensuciar” (Negrouse todo. Vaste negrar). e negro: “manchado” (A camisa está negra. Estás todo negro). Aneguir “agochar, ocultar” (Estás aneguido. Faste o aneguido, vén falar coa xente! E se tivera un querido aneguido no aseo?). Xoldra, que equivale ao castelán “hojaldre”: Eu quero mellor a xoldra (referido a unha rosquilla). Entroutar: “organizar as tarefas”. (-Mañá tes que facer aquilo, -Non, agora xa teño todo entroutado. Xa teño as cousas todas entroutadas). Estas e moitas outras expresións poderiamos seguir debullando para caracterizar a lingua galega do Condado, as cales demostran que para atoparmos cun galego fiable, libre da influencia do castelán, non fai falta irmos a zonas illadas do nosso país. Algúns destes recursos expresivos foron analizados e documentados por primeira vez en diversos traballos que publicamos non hai demasiado tempo, e o que iso indica é que, dadas as especiais circunstancias de marxinación que a nosa lingua sufriu ao longo da história, a descrición da totalidade das formas existentes na lingua galega era e segue a ser un capítulo aínda non pechado da linguística galega.
delio garcía represas
Publicado en Uncategorized
.
Mirai a ónde viñen parar hoxe
A Mondariz
Un día máis en Mondariz Balneario
Canta un moucho
Xa sabedes cómo cantan os mouchos
Dígovos que estou a mirar o ceo
da noite polas fiestras
do Gran Hotel derruído
O ceo que baixa ao chan
pra beixar os fentos
entre as paredes baleiras
Acordeime do moucho
que canta en Lisboa,
no xardín do Centro Galego,
porque a lúa que miro agora,
difuminada, borrosa, esvaída,
derretida, nebulosa, querendo
alongarse e espallarse a cabalo das nubes
parece pedirme que a leve
a onde a miña lembranza queira
Ela, a lúa, sabe tamén
que eu veño de contemplar o río
e que todos os ríos sonoros á noite
semellan unha fervenza negra, solitaria.
francisco candeira
Publicado en Uncategorized
.
Hobbes transformou-se naquilo que os franceses chamaram um “conducteur d’un Seigneur”. Atravessou o mar, levando pela mao o seu pupilo e amigo William, para descobrirem juntos um mundo que até entao só tinham explorado nos livros. Essa viagem iniciática durou cinco anos. De todos os lugares que visitaram, Veneza foi a cidade que lhes causou uma impressao mais profunda. Era o último bastiao republicano na fragmentada Itália pós-renascentista, pois a maioria dos estados tinha sucumbido ao domínio espanhol, depois de França ter sido derrotada. Cavendish e Hobbes entraram em contacto com a classe dirigente veneziana, sobretudo com o religioso Paolo Sarpi, membro do Tribunal dos Dez e excelente defensor da república perante o papado. A luta de resistência face ao papa travava-se também no campo das ideias, sobretudo por manter a autonomia de Veneza em questoes religiosas perante o papa PauloV, muito inclinado para o lado espanhol. Por esse motivo, os venezianos estavam sinceramente interessados nos ensaios de dois humanistas cujas propostas julgavam poder ajudá-los na sua causa contra a intromissao do pontífice: um contemporâneo, o inglês Francis Bacon, e o renascentista francês Michel de Montaigne. Este último, como os cépticos clássicos, promovia o questionamento dos preceitos morais, a suspensao de todas as crenças (epochê) com o objectivo de alcançar a serenidade e a imperturbabilidade (ataráxia) e, como os estoicos e o renascentista Justus Lipsius, a ausência de qualquer tipo de alteraçao de índole emocional (apatheia). De qualquer modo, Montaigne punha um límite a este tipo de neoestoicismo e isolamento céptico: “a conservaçao da própria pessoa”, dado que defendia ser obrigaçao do homem sábio manter a sua integridade física, um ponto que se liga também ás ideias do céptico Carnéades. Hobbes, por seu lado, dará um paso em frente até transformar esse princípio de autoconservaçao em direito natural inalienável, o axioma fundacional sobre o qual baseia uma nova moral. Por outro lado, Bacon, contra o que opinava Montaigne, defendia o envolvimento político dos cidadaos, bem como a aplicaçao práctica das ciências para melhorar a sua vida.
ignacio iturralde blanco
Publicado en Uncategorized
.
O veciño cando adolescente
apretando entre as mans ourizos arregañados,
agora pervagando antergo por riba do tellado
e a baixar pra dicir de herbas e essencias:
“a folla da nogueira é boa prás úlceras
e hai que collela agora e póla a ferver”
Os amigos que axudaban no eido, que xa se foron,
mais enxertaron e plantaron roseiras.
Os homes barís, tal habelencia acabou…
O compañeiro que ergueu a casa, tan ben,
neste intre na casa de todos,
qué amigos nos leva a vida, a morte!
Outros podaron, deron sulfate, cavaron:
este, aquel, as mulleres.
¡Ouh, qué cousas boas
ten a alma da labranza!
¡E qué cousas ten o tempo da Terra!
¡O tempo é unha man,
unha manchea de terra, traballo e versos
a ir e vir pola escaleira de Xacobo!
francisco candeira
Publicado en Uncategorized
.
Despois das duas primeiras teorías sobre a orixem do nome de Guillade, chega a nós unha terceira vía desta vez polo caminho da história “As orixes desta parroquia vencellaríase a un propietario, “Williahathu” – “Viliati”, un xefe xermánico posuidor dun amplo latifundio na Alta Idade Media na marxe norte do rio Uma. A familia, magnates ou ricohomes, irían desmembrando o territorio desde o século XI con diferentes doazóns aos principais poderes eclesiásticos da rexión: a Catedral de Tui e o mosteiro de Melón. No século X comprobamos a fundación dunha igrexa en Guillade baixo a advocación de Santa Leocadia. No ano 963 un numeroso grupo de persoas, herdeiros do antigo propietario, contribuirán con diferentes bens no territorio para establecer unha casa e basílica, adicada a Santa Leocadia. Os nomes de orixe xermánica dos doantes sinalan eses vencellos coa antiga posesión agrícola, que se irá disolvendo coas diferentes doazóns que se practicarán nos séculos XI e XII. Restos da igrexa de Santa Leocadia, así como a súa pía bautismal, serian atopados polo equipo arqueolóxico do Baixo Miño e expostos os datos por Martínez Tamuxe. A tipoloxía da pía de bautismo, cunha banda sogueada ao seu redor, encadraría coa época da doazón (século X), do mesmo xeito que algúns dos restos atopados que sinalaría unha ocupación do lugar breve. Neste senso sinalar, como xa o fan Romaní e Otero no seu traballo, que Santa Leocadia non se trataría dun mosteiro, como nun principio se conxeturou, senón unha igrexa que atendía a un núcleo rural que esmorecerá probablemente nos comenzos do século XI. A igrexa de San Miguel de Guillade (Viliati), sería doada por Hermosenda Menéndez ao bispo tudense Auderico no ano 1074, o que sinala a antigüidade da parroquia pero tamén como a súa orixe se ligou a unha poderosa familia nobre na rexión miñota. En 1156 no reparto de bens entre bispo e cabildo, o bispo tiña a posesión da metade da igrexa de Guillade. Varios documentos do mosteiro de Melón, sinalan as diferentes doazóns que se fan no territorio de Guillade, como a de 1223 por Fernando, Maior e Rodrigo Petri, do lugar de Palaciis (Pazos). Este lugar de Pazos evidencia a fragmentación das velhas propiedades dos magnates altomedievais e tamén como o topónimo mostra o núcleo do territorio e residencia dos antigos latifundistas, nas inmediacións da mesma igrexa parroquial. En 1205 o rei Alfonso VIII de León concedería o realengo de Guillade a Suero Díaz; o señorío de Guillade pasará a mans da nobreza que acabará integrando a parroquia co paso dos séculos no condado de Salvaterra. Tal e como acontece coa igrexa de Santa Leocadia, a posesión dos documentos de doazón en mans de Santa Maria de Melón mostra como estas posesións acabarían formando parte do poder económico do mosteiro cisterciense, mentres que a igrexa parroquial quedaria en pertenza dos bispos tudenses. Deste xeito temos as separacións habituais entre señorío, bens e xurisdicción eclesiástica nunha mesma parroquia que provoca numerosas confusións e pleitos durante o Antigo Réxime. É importante entender o proceso de formación da parroquia, cos seus límites, toda vez que esta vaise producindo entre os séculos XI e XII, ata o seu proceso de maduración definitiva. O crecemento económico e demográfico que empurran á roturación de novas terras neste período, vai crear unha nova organización eclesiástica para dotar a eses núcleos de poboación emerxente do auxílio espiritual apropiado. Neste senso, San Miguel de Guillade ofrece unha información extraordinaria sobre o proceso de formación das parroquias baixomedievais. Desde un latifundio (villae), o territorio de Guillade vai desmembrándose ata acadar os límites formados con outras parroquias que crecerán ao seu redor (Cumiar, Mouriscados, Vilacoba, Uma, Celeiros e Santiago de Oliveira) desde o século XII”.
léria cultural
Publicado en Uncategorized
.
Pregúntolle ao veciño Xeneroso
pola fonte vella
e dime que inda non cansou.
Da fonte nova de Pazos
vou á fonte vella,
alá no cachafundo,
e adiviñoa tras os vimbios
e máis a broza de silvas.
Escondida e viva está
como a infancia nosa
no barrio
cando non se botara a perder
o riso de fuxir á chamada das nais.
Escondida e sonora anda
como toda a infancia,
como aquela en que, ocultos,
rubiamos castiros
pra sacarlle solfeo a botes e cacharros…
¡Ouh, Eido da Sorna, ouh lugares
da nenez agora con cerco
de silvas
e de uvas de can hoxe como onte
embriagados!
francisco candeira
Publicado en Uncategorized
.
Naquela época ter criados da mais alta erudiçao era bastante conveniente. Num tempo em que se valorizava a qualidade dos textos, a retórica e as ideias, considerava-se apropriado ter a soldo pensadores capaces de compor uma apologia em alexandrinos, um discurso para ser pronunciado no Parlamento ou simplesmente capaces de recitar com elegância Virgílio, em latim, á hora do chá. A aristocracia britânica seguia, assim os passos de outros reputados mecenas do saber, entre eles os Medici, de Florença, muito embora, ao contrário daqueles, os ingleses incorporassem os sábios no seu serviço doméstico pessoal. Corria o ano de 1608, Hobbes tinha-se graduado em Oxford, revelando dotes excepcionais no uso da linguagem, e, por recomendaçao do director do Magdalen Hall, entrou ao serviço de uma das famílias mais ricas de Inglaterra os Cavendish do Devonshire. “Embora eu proprio fosse um adolescente, nomearam-me tutor de outro adolescente, pois continuava submetido á autoridade paterna. Servi-o satisfactoriamente durante vinte anos, e nao foi tanto meu senhor como meu amigo. Foi a etapa mais doce da minha vida e ainda sonho gratamente com ela”. Enquanto foi preceptor de William Cavendish, o futuro segundo conde do Devonshire, pôde continuar a sua própria formaçao, ainda que de forma muito mais autodidacta. Passou dois anos a ler romances e depois dedicou-se ao estudo da história de Inglaterra, de Roma, de Grécia, fase durante a qual devorou com especial prazer Tucídides, que viria a traduzir para inglês. “Foi ele que me ensinou até que ponto é inepta a democracia, e que mais juízo tem um único homem que uma assembleia inteira”. A sua situaçao profissional permitiu-lhe também conhecer os cientistas, políticos e pensadores mais destacados da época, bem como ter accesso ás principais obras que iam publicando. Outros grandes cérebros contemporáneos de Hobbes também serviram patronos aristocráticos; por exemplo, John Locke exerceu como médico pessoal e secretário, e o jurista John Selden também serviu um conde, e tornar-se-ia, com os anos, grande amigo do filósofo de Malmesbury. Est vida tranquila, protegida, permitia-lhe desfrutar dos luxos próprios da classe aristocrática. No entanto, também acarretava alguns inconvenientes. O mais evidente era a impossibilidade de usufruir de uma vida sentimental: pelo que sabemos dele, nao casou nem se lhe conhece descendência. Considerava, talvez por essa condiçao, que a estupidez provém “do apetite de prazeres sensuais ou da carne” (A Natureza Humana, X) e que “os seus deleites se veem compensados com o tédio” (De Homine, XI).
IGNACIO ITURRALDE BLANCO
Publicado en Uncategorized
.
A Mai mándame atrancar
a porta do canastro
e eu aproveito pra reparar
nas noces e avelás do ano pasado.
Achégase a Mai e nomea
a serda que se mira
a través do saco roto
-¿Serda?- pergunto dúas veces
-Si, serda; si, serda- responde
como cabreada por non saber eu
o que ela coñece demasiado ben:
– Serda prós colchóns, do rabo
de cabalos e bois!
Comprendín que reprochara
a miña ignorancia.
Quen non comprendeu, quen se puxo
de mal humor foi o meu veciño onte
cando lle propuxen irmos unha noite
con focos e candís arrincar
os marcos do monte da aldea
pra lle remendar unha casiña
bonita pró poeta máis pobre
da tribo, na ladeira dun monte,
abrigada de ventos, pra vixiar
carballos e piñeiros, pra que ninguén
queime a alma verde do ar
que nos fai respirar a solidón sonora.
O veciño frunciu o ceño
sen saber que eu llo dixera
medio en serio medio en broma.
¡Moito poden as pedras, amiguiños!
francisco candeira
Publicado en Uncategorized
ARBORES DE XUNTA E CONCELHO
Ignacio Abella Mina, entre outras, unha das suas linhas principais de trabalho é a investigación, divulgaxión e conservación das árbores monumentais e os seus múltiples valores. Nesta obra oferece um pormenorizado estudo do papel que as árbores tiveron como eixos em torno dos quais se desarrolharon históricamente algunhs aspectos da vida comunitária, aparte dunha reflexión sobre o nosso actual desencontro com unhas companheiras tan veneráveis. A árbore como lugar de encontro, como centro de confluência entre paisaxe e paisanaxe, natura e cultura, política e administración. A partir de documentos e testemunhos da tradición oral, Ignacio Abella indaga na memória dunha institución histórica a Árbore de Concelho, um dos rasgos mais significativos e paradóxalmente mais esquecidos da nossa história e identidade: velhos carbalhos, freixos, alamos, teixos, moreiras… que foron centro xeográfico e neurálxico das nossas sociedades. Ao seu âmparo celebraron-se assembleias, parlamentos e concelhos abertos nunha sorte de “dendrocracia” na que a árbore era a capital, séde e símbolo de toda unha tradición profundamente enraízada em grande parte da velha Europa. A través do seu estudo, este livro é unha crónica apaixoante do nosso passado. É tamém unha chamada a participar num proxecto de recuperación destas raízes, daquel património vivo e insubstituível do qual non soubémos conservar nem sequer o recordo.
ignacio abella mina
Carrasca de Lecina, na Serra de Guara (Aragón).
Teixo da Serra de Coura (Asturias).
O Carbalhon de Oviedo, talado em 1829.
Teixo da Abadía de Jumiéges (Normandía).
Teixo de Santa Coloma (Asturias).
Oliveira de Cort (Palma de Maiorca).
Teixo de Vidiago (Asturias), foi asfaltado até ó tronco.
Carbalhos de San Indalecio, San Xoán da Pena (Huesca).
Freixo de Buerba (Huesca).
Teixo de Ceñal (Asturias), danza prima.
Teixo de Lugás (Villaviciosa – Asturias).
Teixo de Selorio (Asturias), foi derrubado por um forte temporal.
O “Conceyu do Texu”, reunido em Abamia (Asturias)
O Povo de Bermiego (Asturias), reunido entorno do seu “Rebollo”.
A “Texona” de Bermiego (Asturias).
O Carbalho da Forca, Carrandi, Colunga (Asturias).
Teixo de Cenero (Asturias).
Teixo do Condado, Laviana (Asturias)
Carbalheira onde se celebrava o “Conceyu Abiertu” de Lastres (Asturias).
Teixo de Mier (Asturias).
Teixo de Santibáñez (Asturias).
Teixo xá seco de Valledor (Asturias).
Cajigona de Potes (Cantabria).
O Avô, da Irmandade de Campo de Suso (Cantabria), morreu em 2014.
Teixo de Lebeña (Cantabria).
Carbalho de Terán (Cantabria).
Olmo de Corrales del Vino (Zamora).
Olmo de Becedas (Ávila), morto no final da década dos oitenta.
Azinheira de Sotoscueva (Burgos).
Carbalho das Ermitas (Castela).
Olmo de Santerón (Cuenca).

.
Azinheira Conceja, de Cobeta (Guadalajara).
Olmo de Torre de San Miguel (Cáceres).
Olmo de Villa del Arco (Cáceres).
Carbalheda das Pías (Lugo).
Santa Mariña de Augas Santas (Ourense).
Teixo de Pontedeume (Galiza).
Carbalho de Santa Margarida, em Mourente (Pontevedra).
Carbalho de Santa Margarida em Xulho de 2013.
Olma de Colmenar de Arroyo (Madrid).
Batzarre xunto da árbore de Jauregizar (Navarra).
Rebolla de Aldeacueva (Vizcaya).
Carbalho de Arbieto (Bilbao).
Carbalho de Arriaga (Vitoria).
Azinheira de Arceniega.(Álava).
Árbore novo de Guernica (Viscaya).
Carbalho de Guerediaga (Vizcaya).
Teixo de Lequeitio (Vizcaya).
Carbalho de Zendokiz (Vizcaya).
La Lloca (Galinha) de Canals (Valencia).
Olmo de Aras de los Olmos (Valencia).
Olmo de Navajas (Valencia).
Olmo de Castellnovo (Valencia).
Teixo de Plogonnec (Bretanha).
Teixo do cemitério de Haye de Routot (Normandía).
Teixo, cemitério de Haye de Routot (Normandía).
Teixo de Estry (Normandía)..
Conceyu do Texu em Suares (Asturias).
Castanheiro do Eido do Alcaide, em Guillade (Pontevedra).
Castanheiro do Eido do Alcaide, deidade tutelar da Irmandade Circular Comunal de Guillade.
Publicado en Uncategorized
.
A Nai quenta o bosque
co seu paso pronto
Abre carreiros, refai camiños, anda.
Sinala a Nai piñeiros e freixos,
conta os días, o abraio,
sabe que vibro cando lle ouvo
“ourego”, “árnica”, “trovisco”,
“carrasco manso”, “codeso”,
insinúa, olvidada, sen saber,
que a frouma adelgaza o ar.
Um día quixen pensar
e non recordei o seu rostro de hoxe,
recordei os seus rostros de antes.
Sei moi ben, Alma, cando te alzabas
nena só con ollos!
francisco candeira
Publicado en Uncategorized
.
Thomas Hobbes nasceu na pequena localidade de Westport, pertencente ao município de Malmesbury, no Sudoeste de Inglaterra, na época isabelina. No poema autobiográfico que mencionámos, explica que “um bichinho” nasceu a 5 de abril de 1588, Sexta Feira Santa, ano em que a temível Armada Invencível estava atracada nos portos espanhóis”. A senhora sua mae, do susto de saber que aquele ataque ás ilhas estava iminente, deu á luz prematuramente dois “gémeos”: o pequeno Thomas e o medo. A sua família era humilde e religiosa, embora com alguns matizes. Do seu progenitor, pastor anglicano, recebeu a água baptismal e o nome. Pouco mais recebeu Thomas, que era o segundo filho varao, além da irma mais nova, que lhe arrebatou os privilégios de filho mais novo. Por outro lado, este pai de família empenhou-se menos no cuidado do seu rebanho que no cultivo dos seus diversos vícios. Foi truculento, conflictuoso e jogador, nada pouco para o responsável espiritual de duas paróquias. Segundo o seu biógrafo e bom amigo do filho, John Aubrey, Thomas Hobbes pai nao foi uma pessoa de inteligência notável, muito pelo contrário. Thomas Hobbes filho, por outro lado, aprendeu a ler e a escrever ainda muito jovem na escola paroquial. Segundo Aubrey, “em criança era bastante brincalhao, mas já naquela altura tinha uma melancolia contemplativa e costumava retirar-se para um canto para aprender a sua liçao de cor”, também estudou grego e latim sem sair da sua terra – ao longo da sua vida, acabou por dominar quatro línguas com perfeita fluidez -, mostrando já o grande dominio da palavra escrita que o caracterizaria. Por exemplo, ainda criança fez uma traduçao de Eurípides, do grego para versos jámbicos latinos. Aos 14 anos foi enviado para a Universidade de Oxford, dominado na altura pela escolástica de influência aristotélica. Mais concretamente, Hobbes estudou no Magdalen Hall, um dos centros autónomos da universidade, onde recebeu uma formaçao baseada nos clássicos greco-romanos. Daí provém a ligaçao ao humanismo manifestada na juventude e que se manterá como base das suas ideias durante o resto da vida. Quando Hobbes tinha apenas 16 anos, o seu pai abandonou de vez a família e as paróquias que tinha a seu cargo. Segundo explica Aubrey, o clérigo “bon vivant”, protagonizou uma infeliz disputa com outro pároco, que ia substituí-lo, um confronto que terminou numa luta azeda no adro da igreja. Aquele confronto físico, impróprio de dois pastores, levou a que, por fim, o nosso Thomas fosse criado pelo tio paterno, um próspero fabricante de luvas, solteiro e sem descendência, que também era regedor do município. A sua juventude foi, por isso, marcada pela ausência da figura paterna. Essa infeliz circunstância deve ter afectado Hobbes de forma profunda e, muito provavelmente, influenciou a sua futura relaçao com os responsáveis eclesiásticos.
ignacio iturralde blanco
Publicado en Uncategorized
.
O Pai olla pensativo
as froiteiras que plantou
¡Seguro que o Eido
agradece o traballo
dos cen froitos que nos deu!
¡Ouh, qué alegría,
zumes e colores da Terra!
francisco candeira
Publicado en Uncategorized
.
José Augusto Trinidad Martínez Ruiz (Monóvar 1873 – Madrid 1967). Nos pauta unha complexa experiencia intelectual, de narrador, de xornalista e de vocación política. Azorín esgrime a relación do transo entre o suxeito e o medo. Móstranos a súa opinión persoal sobre o conflito entre a tradición e a modernidade; diferenciando o traballo industrial urbano e o traballo artesanal dos pobos. Azorín parte dos ecos nietzscheanos de “El eterno Retorno”, coa máxima de que en toda a obra impresa “Vivir es volver a ver”. En 1904 escribiu a súa obra de “Un pequeño filósofo”. Comeza “Yo no sé escribir”, pero describe como ninguén a vida cotiá do home. Unha especie de espírito da manifestación precisa na súa linguaxe e cunha personalidade literaria forte. Azorín é un lírico observador da vida cotiá, das “Vidas opacas”, o sentido recreador e amante dos pequenos obxectos que embelecen a existencia e unha constante precisa do “eu”, Ortega e Gasset define a “La escritura es el ademán con que lo más íntimo de nuestra persona responde a lo circundante”, Azorín escritor da realidade aprenderá de Nietzsche: que a impersonalidade non ten valor, nin na terra e nin no ceo. As ideas non han de quedar nun ámbito abstracto. A apreciación sutil de Pío Baroja cando di: “Se habla de Azorín que tiene fama de tortuoso e es un espíritu rectilíneo”. Desde mediado do século XIX era practicamente parello en todos os países europeos. O ano divídese en dúas tempadas: a de inverno-primavera na cidade; e a de verán-outono no campo. Na maioría dos casos non se posuía unha vivenda no campo, de modo que se alugaba para a tempada, ou ben se instalaran en hoteis. A calidade de vida é máis saudable nos Balnearios e máis lúdicos nos Grandes Hoteis, ambos constitúense en auténticos focos da vida social. Ao redor dos cales celébranse as reunións políticas, sociais e culturais. No verán de 1905 Azorín atopase na cume como xornalista do diario madrileño ABC. Será a única vez que o escritor transitou por Ponteareas co motivo da reportaxe “Verano sentimental”, que realizou sobre os balnearios do norte de España. Viaxa ao Balneario de Mondariz. Así no ABC, 4-9-1905, escribe Azorín un artigo titulado “MONDARIZ”. “El viaje, Mondariz se halla en el fin del mundo: NON PLUS ULTRA”, onde describe “que el tren en que yo he viajado, es un modesto tren mixto” resultoulle moi incómodo ata “llegar a la estación de Salvatierra a las siete de la mañana. El paisaje maravilloso”. O desprazamento “Salvatierra a Mondariz son tres horas” farao nunha carruaxe de cabalos “Las carreteras de Galicia vemos que no son las soberbias vascas; hondos baches, alterones y cavidades nos hablan elocuentemente del centralismo administrativo”. Durante dúas horas, “hasta divisar las primeras casas del poblado de Puenteareas” Atravesa o poboado de Ponteareas moi rápido de sur a norte, entrando polo barrio da Castiñeira, ao Cantón de Boavista, ata rúa dos Ferreiros, vira a rúa Real e volve a virar para subir polo barrio Bos Aires, e baixa ata Queidores. De aquí dirección a Mondariz tardase unha hora máis. Azorín non sinte curiosidade pola Vila de Ponteareas: a Escola da Graduada, o Concello do trinque, a Igrexa nova, as casas peculiares de estilo modernista, entre outras: Casa de Castro-Sarmiento, Casa Puga-Sarmiento, Casa Ojea-Ferro, Casa Paramés, Salón-Teatro Domínguez, as prazas e plazuelas. Tamén non di nada da nosa industria de os serrádeos de madeira, a fábrica da luz, as fábricas de curtidos, entre outros. Na España do século XIX as eleccións non significaban democracia. Así para Galicia, aclárao, Miguel-Anxo Murado ao indicar, “O voto non vai servir máis que para poñer o pé no edificio dunha institución antidemocrática”. Engade “O caciquismo como sistema político funcionaba como un reloxo. O caciquismo para un político liberal, como Castelar, tratábase dunha herdanza patrimonial do Antigo Réxime. Cando en realidade era unha institución nova nada da modernidade, co caciquismo os liberais conseguiran o que non lograran todos os réximes anteriores, integrar a Galicia no sistema político español, aínda que fose a través deses intermediarios fraudulentos, os caciques”. Non houbo ningún goberno do século XIX e principios do XX, que non contasen con ministros galegos. Curiosamente reservábanse as carteiras de Xustiza e Facenda. De aí o devandito: “Galicia non dá máis que augadoiros ou ministros”. O curioso é que os deputados que representan aos caciques non eran todos galegos, había os que chamaban entón candidatos “cuneros” (Durante a Restauración foron unha lexíon os “cuneros”, a súa proclamación sen elección, aos candidatos ou deputados do Congreso, estraños ao distrito e patrocinados polo Goberno). José Martínez Ruiz ao introducirse, aos chicos, na política española conservadora, entre 1907 e 1919, sae elixido deputado en cinco ocasiones diferentes, todas elas polo partido conservador. Desde entón Azorín pasou a levar unha vida tranquila e sosegada como escritor sereno, preciso e metódico. Ao seu coñecemento de Galicia polas súas viaxes en 1905 e 1909, e compleméntase co coñecemento da poesía rosaliana. O artigo publicado “Rosalía precursora” de 1913, onde analiza a relación da autora coa súa propia realidade histórica e cultural. Ademais é amigo persoal de Murguía, e Enrique Peinador. A todo isto, en 1914 sae nomeado como deputado cunero por Ponteareas, nunha lista controlada polos Bugallal, os caciques locais. Na páxina Web del WWW. congresso. es/. Congreso de los diputados-históricos 1810-1977. Descrición da ficha de: Diputado: José Martínez Ruíz. Elecciones: 47. Elecciones 8.3.1914. Legislatura: 1914.1915.1916. Circunscripción: Pontevedra. Distrito: Puenteareas. Nº Credencial: 52 Fecha de Alta: 04.03.1914. Fecha de Baja: 16.03.1916. Fecha de Jura/Promete: 28.04.14. Fracción Política: Conservador. Profesión: Literato-Escritor. DATOS BIOGRÁFICOS. Fecha y lugar de Nacimiento: 1873 en Monóvar (Alicante). Fecha e lugar Fallecimiento: 1967 en Madrid. Biografía: Ministro de Instrucción Pública y Bellas Artes. Interino durante la ausencia del titular 15/02/1918 (BOE. 16/02/1918) a 20/02/1918 (BOE. 21/02/1918). Observaciones: Proclamado Diputado electo por la Junta Provincial con arreglo al artículo 29 de la Ley Electoral (Proclamación sin Elección) Fecha de Alta la del sello de Registro de Entrada. Para Azorín, “A política é a arte da conxuntura”. A acta de deputado por Ponteareas, xunto ao rio Tea e próximo ao Balneario de Mondariz, non significaba tanto un escaño no Congreso en 1914. Lembraría, talvez, as súas viaxes a Galicia en 1905 o de 1909. A atracción daqueles relatos en longos faladoiros de Echegaray, Pardo Bazán e Don Emilio Castelar, asiduos tomadores das augas de Mondariz. No xornal local El Tea, 06-03-1914. O político local “Agrarista e Republicano” Don Amado Garra Castellanzuelos remite unha carta enviada ao Director e será publicada no xornal El Tea. Nela ironiza sobre o paradoxo, de que sendo de Ponteareas un lugar de gran tradición católica trouxésese un representante para as cortes, que sentaba a praza de ateo, tiña un pasado anarquista, e a súa falta de vinculacíón con Ponteareas como deputado proclamado, non o coñecen a D. José Martínez Ruíz en Ponteareas, nin sequera polas súas notables obras, porque aquí ninguén se toma o traballo de ler, pero, en cambio tampouco Martínez Ruíz coñece Ponteareas e aos seus homes, e váiase uno polo outro. Dicimos mal, a un coñece polo menos, ao actual de Ministro de Facenda. Curioso é que Amado Garra descoñece, ou non lese no seu día, o xornal ABC, 4 e 5-9-1905, o escrito por Azorín sobre o Partido Xudicial de Ponteareas, e así como “o seu rápido paso polo pobo”. José Augusto Trinidad Martínez Ruíz, desde 1905 substituíra o seu nome civil, e todos os pseudónimos de mocidade, polo breve e eufónico pseudónimo de “Azorín”. A súa dilatada vida explica a evolución desde o anarquismo radical e nihilismo existencialista que afundía as raíces en Nietzsche e Schopenhauer, ata as posturas máis conservadoras que foi experimentando na súa ideoloxía patente nos seus escritos literarios e xornalísticos dos seus últimos anos. Os milleiros de pequenos textos que escribiu, sobre todos os temas imaxinables -política, viaxes, actualidades, sociais, deportes, teatro, cinema, ciencia, historia, folclore-, forman parte dunha boa literatura pola calidade de estilo e a astucia do enfoque. Desenvolve unha gran actividade como xornalista, crítico teatral, escritor de ensaios e novelas. Está presente nos sentimentos da creación literaria e da atención á realidade cotiá. Saberá describir con sutileza a paisaxe e as vidas anónimas das persoas. Evita o central e derívase ao accesorio, talvez: “Ninguén é máis realista que un idealista”. Ortega e Gasset cualificou a súa escritura no ensaio “Primores de lo vulgar” de 1916, que dedicou a Azorín, afirma: “El arte azoriano, ha hecho de las menudencias, minucias, inanidades e insignificancias, que gracias a la pulcritud del estilo, la sutileza de la observación y la audacia de la estructura se vuelven objectos merecedores de reverencia y cariño”. Vargas Llosa considera a Azorín, como “El orfebre de nuestra Literatura por su prosa menuda y morosa”. Unha prosa escrita como verso pero sen verbo. O mundo é sinxelo e directo, e lábrao cada un deses homes que viven e extinguense sen decatarse da súa existencia nesta terra. Azorín ensinounos a ler, a mirar o mundo, creou unha sensibilidade aos lectores e dotou de vitalidade a lingua falada para o seu tempo. Talvez, “La relación entre el sujeto e el medio”, nas que se manifesta, “…la belleza, la imagen, es la moral suprema. Las imágenes únicas de la realidade, que motivan sensaciones y crean la conciencia colectiva”, nace a revolución estética do século XX. Desde 1900 a 1936 recoñécese como “A idade de prata do Xornalismo”, Azorín, Josep Pla, Camba, Valle-Inclán, Manuel Domínguez Benavides, Wenceslao Fernández Flores, entre outros. Entre as súas columnas xornalísticas de opinión e analizando diversos aspectos cotiáns, as cartas publicadas nos medios de comunicación, todo é traballo literario. El Azorín, novelista, xornalista e deputado en Cortes, asina un manifesto titulado “La Guerra Europea. Palabra de algunos españoles”, en setembro de 1915, redactado pola masonería española “Gran Oriente Español”. A única literatura que se preocupou por percorrer o noso país fixando a súa atención nos costumes e as paisaxes, foran os libros de viaxes da literatura estranxeira, en lingua francesa ou inglesa. A Revolución de 1868 produce unha das reformas profundas e afastadas oitocentistas, que levará a distanciarse da España oficial cara a unha España auténtica. Así Giner de los Rios e a Institución Libre de Ensino inicia o descubrimento da paisaxe como corpo físico do país ou da patria. Miguel de Unamuno convértese nun excursionista e viaxeiro destacado en España, como modo de facer da paisaxe unha xeografía viva e coñecer o país. Agora pénsase que para estender a cultura hai que viaxar e a viaxe supón o contacto directo coa natureza e o patrimonio. Francisco Giner de los Rios e a Xeración do 98 son o precedente da importancia á experiencia viaxeira. Na obra de Azorín “Los Pueblos” publicada en 1905, fai referencia á viaxe nunha serie de artigos xornalisticos publicados entre abril e novembro de 1904. A I.L.E. dirixe todos os seus esforzos á raiz do problema. A educación entendida como modo de sair do cráter en que está sumida a poboación española. Necesaria é a formación de homes, das persoas capaces de concibir un ideal, de gobernar con substancialidade a súa propia vida e de producila libremente. A mellor escola para a Institución é o paseo, a excursión e a viaxe. O individuo permanece en contacto coa Natureza, e esta é a mellor escola que cabe esperar. Desde 1913 a data de 1898 está asociada a un suceso histórico, ao que se designa de maneira concisa e rotunda, como o “Desastre”: A guerra contra Estados Unidos, a perda de Cuba, Filipinas, Porto Rico. E o clamor por unha necesaria “Rexeneración” dun país abatido. O ano 1898 está asociado a un grupo de escritores ao que, con préstamo terminolóxico das ciencias históricas e sociais, denominouse co nome á “Xeración do 98” e cuxa nómina, na fracción dos artigos de 1913 escribe Azorín: “Hombres de la Generación de 1898 son Valle-Inclán, Unamuno, Benavente, Baroja, Bueno, Maeztu, e Rubén Darío”. Na Xeración do 98 está sempre presente a diferenza dos grandes feitos son unha cousa e os miúdos son outra. Analizanse os primeiros, desdeñanse os segundos que forman parte dunha sutil trama da vida cotiá. En 1916 Ortega e Gasset no seu ensaio “Primores do vulgar”, o filósofo amosa un Azorín como “un eloxio da honestidade, da intelixencia, da exactitude asociada ao minúsculo e do intrascendente”. No seu ensaio “El paisaje de España visto por los españoles” de 1917, dedícalle un capítulo á súa apreciada Galicia. Azorín o incansable viaxeiro por España, empápase de lírica rosaliana, a vida cotiá e o ambiente da paisaxe de Galicia, moi poucos escritores reflectisen con tanta fidelidade un determinado medio. Unha Rosalía de obra fina, sensitiva e dolorosa, percibindo os sentidos de vaguidade, de melancolía, de misterio, de sentido difuso da morte. A obra de Valle-Inclán está condensada nesta frase rosaliana “Non se ve…”. A empatía da Xeración do 98 é total coa obra de Rosalía, a escritora influente, pola súa forma de describir a paisaxe e a maneira de relatar a vida cotiá do pobo galego. En 1922 nace “El Pen Club Español” fundado por Azorín e Ramón Gómez da Serna, e forma parte do Pen Club internacional, a única sociedade mundial de escritores creada en Londres 1921. En 1924 é nomeado membro da Real Academia Española, co discurso de ingreso “Una hora de España. (1560-1590)”. Algúns dos melhores intelectuais contemporáneos son profundos admiradores de Azorín. Nalgún momento da súa produción bibliográfica escriben as súas ideas sobre o pensamento “Azoríniano” no seu conxunto para compartilo ou debatelo. Exemplos claros foron Echegaray, Pérez Galdós, Clarín, como representantes da xeración do 68, Emilia Pardo Bazán, Ramón Gómez da Serna, Valle-Inclán, Pío Baroja, Benavente, Maetzu, Blasco Ibáñez, Miguel de Unamuno, Rubén Darío com representantes da xeración do 98, Ortega e Gasset, Manuel Azaña, Américo Castro, Niceto Alcalá Zamora da xeración de 1914. Mesmo influíu na obra dos escritores en lingua española que foron os Premios Nobel de Literatura como. Echegaray, Juan Ramón Jiménez, Vicente Alexandre, Gabriel García Márquez, Xullo Cortázar, Camilo José Cela, Vargas Llosa, e sen esquecer multitude de Premios Cervantes, entre outros os xa citados anteriormente. Discursos e respostas na toma de posesión como académicos da RAE: Vargas Llosa, Camilo José Cela, Torrente Ballester. Non será menos importante na RAG, nomeándoo Académico de Honra en 1967. Os libros e diversos artigos que lle dedican os académicos galegos, como: Filgueira Valverde en 1967, Xesús Alonso Montero en 1985 e 2008; e, Francisco del Riego en 1967, Salvador de Lorenzana en 1967, entre outros. Todos eles coinciden, en dicir que: “Azorín foi un dos primeiros escritores contemporáneos non galegos, que rehabilitaron a obra pética de “Rosalía de Castro”. Sexa preciso dicir: Azorín opta por describir as paisaxes galegas a través de Rosalía, de Pardo Bazán e de Valle-Inclán. A súa relación con Galicia non se limita ás viaxes de 1905 a Mondariz e de 1909 á cidade da Coruña; e ao estudo da Literatura Galega, en particular de Rosalía lida na súa lingua nai. A súa capacidade de captar e interiorizar a imaxe lírica da paisaxe”.
.
antonio-josé groba diéguez
Publicado en Uncategorized
.
Na veiga
levanto un coco grande
e vexo debaixo os grilos
a ir e vir ledos.
¡E ouvo o seu cantar sen ouvir
e tanto peso non poder con tanto canto!
francisco candeira
Publicado en Uncategorized
.
No seu conjunto, nao se pode considerar que Hobbes tenha sido uma criança prodígio. Embora de inteligência precoçe, só descobriu a geometria aos 42 anos, só escreveu a sua primeira obra política depois dos 50 e só foi considerado filósofo a partir da publicaçao do seu “De Cive”, quando se aproximava dos 60 anos. Nao obstante, acabou por ser um grande pensador político, um sistematizador filosófico completo, matemático, óptico, físico, e até deu os seus primeiros passos como domador de cavalos. Além disso, compôs a sua autobiografia em forma de poema, quando já passava dos 80 anos, primeiro em língua latina e depois em traduçao livre, também em rima, que ele mesmo fez em inglês. A sua perícia foi notável em ambas as línguas e esta aproximaçao bilingue é um traço do seu processo de trabalho, no qual sempre manteve a perspectiva do traductor. “Lamento os tempos adversos e os males que nasceram comigo” é um dos primeiros versos da sua autobiografia, Refere-se ao facto de a sua idade adulta, como explicaremos adiante, ter sido marcada pela guerra civil inglesa e pelo seu apoio ao lado realista. Testemunhou como Carlos I tentou governar sem ter em conta o Parlamento e como essa decisao desembocou na Guerra Civil, que Cromwell ganhou e o rei perdeu, pelo que foi decapitado em execuçao pública. Foi nessa altura que Hobbes partiu para o exílio devido ás suas ideias políticas, mas os seus aliados acabariam por inimizar-se com ele, quando publicou “Leviatá”, a obra que transmitiu as suas ideias á posteridade, mas que lhe trouxe muitas dores de cabeça desde que chegou ao prelo.
ignacio iturralde blanco
Publicado en Uncategorized