NAO SENLLEIRA

¡Quen dera ser nao senelleira

naquel mar non presentido

das xa mergulladas terras!

…

Sen ceo, sen astros, sen vento

sempre á toa polas ondas

deitado no esquecimento.

…

nin andar nin desandar,

nin ter outro coido acedo

que leixarse ir polo mar…

…

¡Quen dera ser nao senlleira!

Sen fito -estrela nin porto-

ser eu a propia ribeira!!

…

¡Quen dera…!

…

FERMÍN BOUZA BREI (1932)

Deixar unha resposta