Arquivos diarios: 04/04/2017

PORQUE NON HAI OLVIDO

.

           “Kalimera, pensó absurdamente”

           J. Cortázar, en “La isla a mediodia”

 

             “Si tivésemos todos

             unha palabra esacta, unha somente”

             C. E. Ferreiro

                         I

Un devora delirios, insomnios infernais

verdadeiras mentiras, ruídos e noticias.

Un nunca cruza a ponte que vai ata o Silencio:

quédase sempre a medio camiño, sobre a ponte

porque un ten medo, medo.

E se chegamos á outra banda aínda nos queda

o eco dos nosos pasos na memoria

porque non hai Olvido

porque non hai Olvido.

 

 

                        II

Por unha palabra escondida

que tal vez non coñecerás xamais

avantas por barrancos, pasas freitas

que che dan os camiños coma ós lobos.

 

Por unha palabra que inda non hai

unha palabra exacta

correrías congostras, e por ela

ferverían os ollos cansos

de xa naceren tanto.

 

(Por moi certa palabra palpitante

que ha nacer un día para tódolos homes

e que non será a Morte).

 

FRANCISCO XOSÉ CANDEIRA