Arquivo por autores: fontedopazo

BERTRAND RUSSELL (A FILOSOFÍA ANALÍTICA)

.

               Bertrand Russell quis tanto compreender o seu mundo e o seu tempo como transformá-lo.  Todas as suas actividades son rexídas por esta inquietaçón em entender o seu sentido, xustificaçón e verdade.  A sua obra “Os Problemas da Filosofía” começa com unha pergunta que o define: “Existe algum conhecimento no mundo tan firme e seguro que nenhum home razoável o possa questionar?”  Esta pergunta está  presente em toda a sua traxectória filosófica, nas suas conquistas e frustraçóns, e nas alteraçóns que sofreu com o tempo.  Para Russell, compreender é vislumbrar as razóns que suportam unha ideia, e conhecer as razóns implica reconstruir o edifício no qual se apoiam.  Esta paixón conduziu-o a um estilo de indagaçón lóxica, matemática e linguística que hoxe conhecemos como filosofía analítica.  Efectivamente, apesar de toda a controvérsia em torno das conquistas particulares da filosofía de Bertrand Russell, non se pode negar que foi um dos criadores da análise filosófica.  Xuntamente com o alemán Gottlob Frege e o também inglês (e amigo de Russell) George Edward Moore, deu início a um modelo de filosofía que determinou o pensamento contemporâneo.  Na “Filosofía do Atomismo Lóxico”, afirma: “Filosofar correctamente consiste sobretudo, na minha forma de ver, em passar das cousas imediatamente manifestas, imprecisas e ambíguas, e ao mesmo tempo daquelas em que nos sentimos relativamente seguros, a algo preciso, claro e definitivo, que,  graças à reflexón e à análise, descobrimos estar envolvido na imprecisón de que partimos, o que constitui, por assim dizer, a autêntica verdade de que tal imprecisón era unha espécie de sombra.”  A filosofía e a vida de Lorde Bertrand Russell son inconstantes e estáveis.  “Eadem mutata resurgo” (“Modificada, ressurxo a mesma”), defendeu Jacques Bernoulli (1654-1705, matemático suíço, membro de unha ilustre família de cientistas, os Bernoulli), que viveu enredado na espiral logarítmica.  A mesma frase pode ser aplicada às duas dimensóns de Russell.  Mudou várias vezes de filosofía (era acusado de tirar da manga um sistema filosófico de tempos a tempos), e também de profisón: começou por ser matemático, trocou a matemática pela filosofía académica, abandonou a filosofía académica para se dedicar à divulgaçón e à vida de conferencista, para regressar à universidade e mais tarde à vida pública.  Porém, em todas estas mudanças Russell manteve um mesmo desexo de verdade, de tolerância e de racionalidade tenáz.

fernando broncano

A MUTUA GANDEIRA DE PADRÓNS

.

O ASOCIACIONISMO PARROQUIAL DURANTE O FRANQUISMO: A MUTUA GANDEIRA DE PADRÓNS (1953-1959)

               Durante a postguerra, a gandeiría bovina, porcina, ovina e aviar tivo unha grande importancia económica en Ponteareas, num contexto dun alto gráu de auto-consumo familiar.  Do gando vacún, especialmente aproveitábase a carne, o leite, o coiro, o esterco para os cultivos e a forza de tiro dos bois e das vacas para carros e arados. Por isso, a constitución de mutuas que protexesen as reses tivo um forte arraigo dende antes da Guerra Civil.  Eran formas de colaboración entre gandeiros en interese recíproco, que perviviron, durante o franquismo pola súa utilidade. As Hermandades Sindicales de Labradores y Ganaderos – personificaçión do sindicalismo vertical no campo, pretenderón encadralas, segundo a ideoloxía falanxista de control de calquera manifestación asociativa durante a dictadura.  Sen embargo as actas e regulamentos da Mutua Gandeira da parroquia de Padróns nos anos 50 non reflicten o control nacional-sindicalista.  Déixannos, en cambio, unha estampa da fortaleza do ancestral asociacionismo parroquial autónomo.  As mutuas gandeiras naceron como asociacións voluntarias de propietarios de animais coa finalidade de asegurarse reciprocamente as perdas por accidente, enfermidade ou morte do seu gando.  Estaban compostas por un grupo de veciños dunha parroquia ou de varias limitrofes que aceptaban os seus regulamentos e obrigábanse a cumprir cos posibles compromisos económicos e sociais que permitían o correcto funcionamento do seguro.  O Seguro Mutuo de Ganados da Parroquia de Padróns, entre os anos 1953 e 1959, soamente aseguraba vacas e bois.  Era un organismo autónomo, coa súa xunta directiva renovable anualmente, no que reaparece o vello agrarista republicano e mestre Manuel Piñeiro Groba que, logo de superar as depuracións de rigor, acabou desempenhando un papel activo como socio desta Mutua Gandeira no seo da cal a súa opinión experimentada foi sempre tida en conta.  

   

               Sistema de admisión e abandono:  A admisión dun novo socio/a na Mutua Gandeira aprobábase na asemblea, previa solicitude do/a interesado/a.  Isto conlevaba a determinación dos animais que se aseguraban, que previamente debían pasar por un exame para coñecer as súas condicións sanitarias e para someterse a unha valoración económica en base á cal se establecían as indemnizacións a percibir e a porcentaxe aplicable en caso de prorrateo de gastos.  O abandono da Mutua era libre cando así o decidía o/a asociado/a ou por decisión da asemblea en caso de incumprimento grave dos estatutos.  Así, en 1958 deuse de baixa a unha asociada por non facer fronte ás obrigas económicas co seguro.  Noutros casos é o propio asegurado/a quen decide marchar por desconformidade cos acordos da directiva ou da asemblea. Para acollerse aos beneficios da Mutua en caso de incidencia, os asociados/as estaban suxeitos ás condicións estabelecidas nos estatutos.  As principais obrigas eran: -Avisar a Mutua de accidentes ou enfermidades e non actuar por conta propia sen a autorización da directiva.  -Permitir a visita da directiva, sempre que fose necesario, para comprobar o estado do gando.  -Obter autorización da Mutua para a atención veterinaria.  -Obter autorización da Mutua para vender unha res na feira.  -Seguir as indicacións da directiva para a xestión e cuidado do gando.  -Participar no prorrateo para indemnizacións a outro asociado/a.  A Mutua de Padróns contaba cunha directiva composta por un presidente, un secretário, un tesoureiro, – en ocasións un vicepresidente e mesmo un vicesecretário, – e un síndico ou vogal en representación de cada barrio da parroquia onde había asociados.  En 1958, nos barrios de Castro, Chán de Gándara, Cortellas, Portela e Seca.  Pero tamén había asociados/as da limítrofe parroquia de Fozara.  Na directiva nunca había mulleres, pese a que as mulleres tiveran presencía abondo como asociadas.  Para manter ao día a valoración económica  e as condicións sanitarias dos animais propiedade dos asociados/as, producíanse de maneira periódica revisións e valoracións xerais do estado do gando asegurado.  Tendo en conta que a de Padróns é unha parroquia de grande extensión e cunha considerable diseminación do habitat, as inspeccións facíanse sinalando o día e a hora que eran diferentes en cada barrio da aldea.  O órgano soberano era a asemblea da Mutua que tiña o poder de adoptar decisións sobre o destino do gando dos asociados, o abono de cantidades a socios/as por perdas nas suas reses, e o prorrateo de cantidades para facer fronte aos pagos.  Moi frecuentemente, ante calquera incidencía sanitaria, era obrigada a valoración individual do animal logo da cal se adoptaba unha decisión sobre o seu destino: visita ao veterinario, venda inmediata ou o antes posible sacrifício, curas por parte dos mesmos membros da directiva, procedencia ou non da cobertura da Mutua, dependendo das circunstancias…  Non parece que durante este período houbese que satisfacer polo seguro cota fixa ningunha, pero cando unha incidencía no gando asegurado ocasionaba un gasto, os asociados/as estaban obrigados a contribuir cunha cantidade proporcional ao número ou valor tasado dos seus animais.  Así, en 1956 acordouse facer un reparto de 3.000 pts. entre os asociados/as pola perda do becerro dun socio e o costo de varias visitas ao veterinario mais medicamentos.  O incumprimento da normativa ou dos acordos da asemblea, tanto para os asociados/as en xeral como para membros da directiva, foi sancionado con diversas cantidades económicas e outras medidas.  Así, en xuño de 1954 o presidente presentou unha denuncia contra um directivo para o que propuxo unha multa de 25 pts.  “por no comparecer ou negarse a ir a visitar un animal enfermo”.  En outubro de 1957, “los síndicos nombrados para a venta de los bueyes de la asociada María Alonso no han asistido a su misión faltando totalmente a ella po lo tanto se acordó ponerle la sanción correspondiente”.  O mesmo sucedía con calquera asociado/a.  A asemblea da Mutua Gandeira actualizou periodicamente os seus estatutos.  En 1958 regulando as porcentaxes de indemnizacións segundo o dano sufrido pola cabeza de gando.  No 1959 contemplouse un caso que afectaba aos gastos que se podían ocasionar a tódolos asociados/as polo mal coidado das reses  – que incrementaba o número de incidencias e polo tanto de reparto de gastos -. Así mesmo a utilización para o traballo de vacas preñadas tivo que regularse.  Os integrantes da directiva da Mutua Gandeira estaban obrigados a visitar os animais doentes ou accidentados, propiedade dos asociados/as, a tomar decisións sobre o tratamento e as curas aos animais, así como a realización das tasacións.  Igualmente era a súa tarefa acompañar ao propietario á feira para vender reses, controlar e mesmo efectuar a transacción.  A actuación por conta propia, sen informar ou sen seguir as indicacións do seguro, levaba aparellada a perda das prestacións que proporcionaba a Mutua. Así mesmo, quedaban fóra dos benefícios en caso de que as reses non estivesen vacinadas.  Todo socio tiña a obriga de avisar do estado de saúde dun animal asegurado e da súa intención de levalo a vender.  A falta a esta obriga eximía ao seguro de calquera cobertura sobre o animal.  Xunto co Grupo de Colonización, a Mutua Gandeira de Padróns escenificou a capacidade dos veciños para autoorganizarse en asuntos do seu interese.  Mediante un sistema de prorrateo prestou un servizo fundamental aos gandeiros asociados/as e permitiu que persoas con grande experiencia, como Manuel Piñeiro, seguisen contribuindo ao benestar da súa aldea.  As autoridades franquistas procuraron integrala dentro da concepción de sindicato único, no seo da Hermandad Sindical de Labradores y Ganaderos San Miguel de Ponteareas.  E tamén aquí o propio Piñeiro chegaría a deixar a súa impronta.

francisco candeira mosquera   

NOTA    Tódalas citas que neste artigo se fan, proceden dos libros de Actas do Seguro Mutuo de Ganados de Padróns  entre 1953 e 1959.

.

JÜRGEN HABERMAS (INICIAÇÓN AO PENSAMENTO)

.

               Jürgen Habermas (Düsseldorf, 1929) é um clássico vivo.  É non só um filósofo como um pensador interdisciplinar na melhor tradiçón da Teoría Crítica, unha corrente intelectual que vinculou a reflexón filosófica às ciências sociais.  Desde o início da sua actividade que procurou ligar de diversos modos a teoría à práctica e dedicou a sua obra, prioritariamente, à ética, à política e ao direito, isto é, à dimensón normativa que deve guiar a acçón humana.  Habermas entronca nos filósofos-chave da filosofía alemán.  Kant é, assim como Hegel, fundamental como inspiraçón de toda a sua obra.  Habermas aborda as tensóns entre estes dois grandes sistemas do idealismo alemán com o propósito de actualizar a tradiçón, transformando-a a partir da consciência linguística.  A sua filosofía fundamentar-se-á na acçón e na racionalidade comunicativa intersubxectiva.  Sería impossível compreender a filosofía da segunda metade do século XX sem ler Habermas.  O seu carácter polemista levou-o a questionar todas as correntes actuais da filosofía.  Para assinalar apenas três das mais relevantes, refiram-se a hermenêutica, a filosofía analítica e o pós-modernismo.  Além disso, mediando entre a teoría e a práctica, non deixou de absorver os avanços nas ciências sociais assím como de rever, em especial, a tradiçón sociolóxica a partir das suas orixens em Marx, Durkheim e Weber.  As suas propostas promovem a radicalizaçón do ideal democrático no debate com o liberalismo, o comunitarísmo ou o multiculturalismo.  Destacam-se, no seu proxecto filosófico-político, a defesa da Europa e do cosmopolitismo e o seu compromisso com os direitos humanos.  E a sua traxectória teórica de mais de seis décadas aínda non terminou.  Nesta obra, relataremos a sua convícta aposta na democracia.  O que nos propomos non é unha introduçón exaustiva à obra habermasiana  – há estudos que o fazem e com grande pormenor, os quais recomendamos na bibliografía – mas unha iniciaçón que indica as chaves principais do desenvolvimento do seu pensamento ético e político.  No labirinto da obra habermasiana – libros, artigos, capítulos em obras colectivas, conferências e entrevistas – , vamos empreender o caminho seguindo aquele fío de Ariadne que nunca desaparece: o da defesa intransixente da democracia como ideal moderno non apenas político, mas também ético e civilizacional.  A deliberaçón, o chamado Discurso, em que confrontamos os melhores argumentos e deliberamos para tentar atinxir consensos, é o eixo que articula a sua proposta para as disciplinas normativas: a ética, a política e o direito.  Habermas é, antes de mais, um “deliberacionista”.  A polémica, o debate, a controvérsia son o motor da sua maquinária teórico-práctica.  Os seus obxectivos prioritários e motivos impulsionadores da sua traxectória son dous: garantir as condiçóns para que os espaços e tempos das deliberaçóns  sexam possíveis e igualitários  com o fim de tornar efectivo o uso público da razón; e garantir a inclusón democrática, isto é, que estexam representadas todas e todos os afectados pelos assuntos em deliberaçón.  Habermas é um democrata radical.

maría josé guerra palmero

DERIVA HISTÓRICA (REBORDINHOS Nº 6)

.

    XACIMENTO ARQUEOLÓXICO GA36042019

                     REBORDINHOS Nº 6

               Catalogado com tipoloxía de asentamento ao ar libre, pertencente á cultura do calcolítico.  Está situado perto da mâmoa nº 2, no cimo da altichaira.  Os regos abertos para a repoboaçón com pinheiros, em Outubro do ano 1997, puxerón ó descoberto o xacimento, aparecerón entón cerâmicas campaneiformes, apesar de que a superfície removida é exígua, apareceu o numero de cerâmicas e de industria lítica suficientes, como para pensar na existência dum asentamento prehistórico no lugar.

a irmandade circular

FILOSOFÍA MEDIEVAL (UNHA IDADE NON TAN ESCURA)

.

               No imaxinário europeu, a Idade Média representou antes de mais unha época sombría de pobreza, ignorância e servidón. Unha mostra desse atraso colectivo é dada pela lenda dos terrores do ano 1000, quando as pessoas, fustigadas pela fame e pelas guerras, xulgavam que a ameaça apocalíptica se ia cumprir e, com ela, o fim do mundo (o filósofo José Ortega y Gasset dedicou a sua tese de doutoramento a este tema).  No entanto, a realidade histórica, que vamos reconstruindo graças aos estudos dos medievalistas, dista muito dessa pintura negra.  Devem distinguir-se, em primeiro lugar, diferentes períodos dentro da Idade Média. Após a queda do Império Romano do Occidente, provocada pelas tropas bárbaras no início do século V, começa a constituir-se unha série de reinos, na sua maioría de orixem xermânica, como os visigodos.  O maior desastre que esta invasón acarretou do ponto de vista cultural foi a ruptura com o mundo greco-romano e o esquecimento do seu legado filosófico e científico.  Depois surxíu o Império Carolínxio (séculos VIII-IX), e com ele chegou unha modesta recuperaçón do saber antigo através do ensino das artes liberais e da difusón de compilaçóns (enciclopédias, compêndios e floriléxios) Chamados Alta Idade Média a este primeiro período que culmina no século X.  O desenvolvimento urbano, o surximento das universidades e o florescimento da filosofía escolástica caracterizam a Baixa Idade Média (séculos XI-XIII).  A crise histórica desta época manifesta-se no século XIV, inclusive no pensamento; encerra-se assim o medievo.  O sistema político que caracterizou a Idade Média desde o século X foi o feudalismo.  Em que consistía?  Após a descomposiçón da autoridade monárquica, a defesa militar passou para as mans de príncipes e nobres que dominavam pequenos territórios.  Criou-se desta forma unha relaçón de dependência xirídica entre o senhor e o vassalo, e apareceu o feudo como unidade de produçón baseada na exploraçón do trabalho dos servos, isto é, os camponeses pobres.  Na representaçón ideolóxica desta sociedade constituem-se três ordens: a dos eclesiásticos, a dos guerreiros e a dos trabalhadores, encarregados de sustentar os dois primeiros.  Os priviléxios fiscais, os dízimos e as esmolas, incluindo as doaçóns de terras, levaram a Igrexa a unha posiçón social de priviléxio. Como escreveu o historiador Georges Duby, “esta enorme transferência de bens imóveis (…) pode ser considerado o movimento mais importante entre aqueles que influíram na economia europeia daquele tempo”.  Devemos ao filósofo aleman G. W. F. Hegel unha crítica severa do feudalismo, em que, com a descomposiçón do Estado, vê surxir um dereito baseado na inxustiça. 

andrés martínez lorca

DA SANTIDADE E DA CARNE

.

               Pese a tudo, eu tomei a relixión muito a peito e sem frivolidades.  Ó pouco tempo xa comía os santos pola peana, e inflamába-me tal paixón redentora que algúns deron em pensar que ía para santo.  E a primeira vez que lhe ouvín ó padre espiritual falar do castigo que lhe esperaba ós réprobos, non quixém ser réprobo por nunca xamais amém.  Foi ó segundo ou terceiro día de ter chegado, quando todavía esperaba que me despertasen as esquías das ovelhas ou a caracola do muleiro pouco despois do amanhecer.  Mas nón; o despertador era um timbre estridente e um encender simultâneo das escasas bombilhas do dormitório.  E, logo, as palmadas do cura encargado da vixilancia, como se fora um espantar palomas ou páxaros.  E claro que os espantaba.  Durante cinco anos, nunca mais voltei a escutar um páxaro na minha xanela.  As ventanas do Seminário non daban a ningunha parte.  Tinham como unha rede metálica igual que as coelheiras dos corrais.  Entraba a luz, mas non podías ver a rua.  Abaixo transitaba o que os professores, sobre tudo o de Relixión, chamabam vagamente o mundo.  O mundo, segundo eles, abarcaba inumerábeis males e ameazas.  Nunha das primeiras meditaçóns matutinas, o padre espiritual começou a falar-nos do mundo e dos seus perígos.  O padre espiritual era como o meu pai de verdade, só que se ocupaba da alma e non do corpo e, á vez, daba a classe de Relixión.  E confesaba.  O mundo, sabíamos o que era, aínda que ningúm o tinha pranteádo desde esse ponto de vista.  O inferno, também.  E até o tinhamos visto nalgunha estampa, achicharrando-se nel as almas dos condenados.  Non entendíamos como unha alma, que é espírito invisíbel, podía achicharrar-se, que é cousa mais bem corporal.  As almas dos quadros, rodeadas de chamas retorcidas como serpentes ondulantes, mais parecían corpos que outra cousa.  De algunha maneira había que facê-las visíbeis, digo eu.  Se o do mundo me deixou perplêxo, o do inferno deu-me pavor; porque os sofrimentos do corpo podía imaxiná-los, mas as penas da alma, non.  Por isso, suponho, nos quadros edificantes, representaban as almas mediante corpos.  A verdade é que, nisto do terror, os curas do Seminário non se ensanhabam demasiado; o que passaba era que alguns éramos muito impressionáveis.  O do mundo, sem embargo, a mím parecía-me que tinha truco.  E non acababa de entender essa conversón em abstracto e difuso do que era material e tocábel.  A outros muitos lhes passaba o mesmo, mas calaban para sí.  Ó pouco tempo xa me tinha feito amigo dos perezosos e durante muito tempo fomos inseparáveis.  Os meus amigos remoloneábam á hora de sair da cama, e aquilo non se podía facer, había que atirar-se de cabeza de um salto, como te colhera o violento despertar.  Senón, era pereza. Pecado de pereza decía o padre espiritual.  E isso, num neno, era gravíssimo.  Os meus amigos non facían muito caso do pecado de pereza e chegavam os últimos ós lavatórios.  Despois, sem tantas presas nem urxências, terminado o asseo punhan-se na fila para ir á capela igual que os demais.   A água estaba xelada em inverno e muito fresca no vrán.  Unha vez á semana tocaba ducha e o frío era insoportábel, ou a mím mo parecía.  Os meus dous amigos, o Juanjo e o Chema, punham-se xuntos e para sacar-se o frío, ó menos isso decían eles, retozaban e se toqueteabam com xestos aspaventosos.  O qual non se podía fazer, porque o corpo era um vaso sagrado e templo do Espírito Santo.  Um día víu-os o vixilante e mandou-os ó quarto do padre espiritual.  Non sei que passaría alí, mas xa non se puxerón xuntos na ducha nunca mais.  Os curas vixilabam muito as duchas, olho ó que faceis, non podiamos quase que nem tocar o nosso próprio corpo.  Conforme ibamos crescendo, essa vixilancia se facía mais esixente.  Perguntei-lhe que tinha passado com o padre espiritual e dixeron que nada, que unha bronca de órdago somente.  Perguntei-lhes, se sabían o que era o mundo e dixerón que era tudo o que andaba por ahí.  Nada disso.  Estábamos enganados. Cada um tinha unha ideia do mundo muito diferente que, aparte de non coincidir entre sí, tampouco coincidía com o que eu barruntaba que quería decir o professor de relixión.  Para mím, o mundo era, um supor, que no meu povoado as mulheres tinham que ir limpar remolacha os invernos, ateridas de frío, cheias de atropos e refánxos, que parecían espantalhos.  Se non trabalhabam, non ganhábam.  E quando cobraban, eran duas “perras gordas”, despois de aguantar nevadas, escarchas, xeladas e ventiscas.  O mundo era que em verán, os agosteiros trabalhavam as vintiquatro horas do día e axustábam-se por quatro duros na praça, xusto o día de Santo Pedro, para os messes da colheita.  Isso se um pedrisco prematuro, ou unha nube de vrán non fodía toda a colheita.  Entón, resultaba muito tríste ver os trigáis ou os campos de cebada pissados como por um ciclón.  As espigas  feitas um puro esqueleto, os talhos quebrádos e todos os gráns por terra.  As tormentas de vrán eran como unha maldiçón, como cantazos dunha banda de gamberros contra os cristais das casas, o campo ficava feito pedazos.  Isso, era o mundo e non o que anda por ahí, como acreditávam o Juanjo e o Chema.  Um mundo um pouco perro, dito sexa de passo e sem ofender.   Eu non tinha dito aínda como me chamo, mas podem chamar-me Sébas, ou sexa Sebastián, porque nascí esse día e nas aldeias nos ponhem o nome do pái, ou o do santo do día.  A mím tocou-me o santo.    

javier villán e david ouro

MONTAIGNE (A FORÇA DA IMAXINAÇÓN)

.

               No capítulo “Da Força da Imaxinaçón” (I, 21), Montaigne descobre o valor antropoxénico e moral da força imaxinativa.  Com a “vis imaxinandi” sabe “pôr-se no lugar do outro”, até do mendigo que bate à sua porta; como escreve em “Da Solidón” (I, 39), as suas tentativas de tirar alguns rapazes da mendicidade revelaram-se um fracaso, por non terem sabido aqueles renunciar à sua indixência (III, 13).  Mas, sobretudo, é capaz de practicar o sentido pleno da tolerância.  “Em Catón, o Xovem” (I, 37), descreve-se como propenso a conceber e entender mil outras formas de vida diferentes da sua, a considerar o outro por si mesmo, no seu próprio modelo, sem xulgá-lo através do seu: com a imaxinaçón pôe-se no seu lugar.  Aprecia, sobretudo, a advertência, explicitada em “Dos Três Comércios”, segundo a qual é necessário ser, mas nunca viver, nem estar ligado nem obrigado por necessidade a um só modo de vida (III, 3).  Por isso, renunciou à exemplaridade e non tentou realizar unha biografía filosófica, mas antes unha antibiografía, no espírito de quem detesta erixir a sua própria estátua nos cruzamentos da cidade (Da Mentira: II, 18).  Na “Apoloxía de Raymond Sebond” (II, 12), confessa que teme o espectro de Narciso apaixonado pela sua própria imaxem, como Pigmalión pela estátua que o seu próprio artifício produziu.  Trata-se da mesma força imaxinativa que em I. 21 pensa e diz “sobre o que pode acontecer”.  Só assim a imaxinaçón pode transformar-se no seu Mercúrio no coraçón da alteridade, da história e do futuro.  Graças ao bom uso da imaxinaçón, derrotou também o temor à morte (antecipando-se à sua ideia, a morte torna-se habitual, um acto da vida), practicando-a todos os días, no meio das festas, desde criança (I, 20): mas, sobretudo, de Séneca aprendeu que morte e liberdade están estreitamente ligadas, e aprender a morrer significa desaprender de servir, ou sexa, aprender a viver unha vida livre.

nicola panichi

 

AMÉRICA DO SUL (SEGREDOS DE UM CONTINENTE)

.

               Vamos aquí, desenterrar à superfície do Planeta Terra, mais um dos seus grandes segredos, escondidos e diseminádos por todas as partes.  América do Sul, foi unha nova fractura de Panxeia, que derivou a occidente até colisionar com a Placa do Pacífico.  Antes de se levantarem os Andes, os grandes rios desaguávam no mar Pacífico, mas com a colisón das placas, a água quedou bloqueáda e levou à formaçón de grandes selvas (das quais, aínda hoxe em día podemos disfrutar), acavando por revirar esses grandes rios para trás, cara ó Atlântico.  Os dous continentes, América do Norte (que parece ser mais antiga, que a do Sul, e como mais adiante veremos, tende a rachar em duas partes polo meio), e América do Sul, que é mais nova que a outra, mas que tampouco pensa parar por aí. Parece ser que, non é seguro, mas têm a intençón de voltar a unirse com África, para matar saudades (e algo mais), e xuntas, entrarem triunfalmente por Eurásia adentro, façendo inútil qualquer tentatíva da Liga Norte para evitá-lo.  América do Sul, e América do Norte, antes estavam separadas, e evolucionarón sobre elas diferêntes tipos de vida, tanto animais como prantas. Mas, gráças à conxunçón de dous fenómenos (as erupçóns vulcânicas em cadeia, e os depósitos de sedimentos), hoxe em día están practicamente unidas as duas, e os animais e prantas lograrón passar de unha a outra, celebrando a sagrada (Dionísiaca) orxía do mestizáxem (Pepe-Grilo).

léria cultural

HEIDEGGER (O FRACASO DO SER)

.

               Este livro pretende fazer unha aproximaçón a Heidegger. No entanto, a tarefa torna-se complicada por vários motivos:  unha obra que aínda está a ser publicada 40 anos depois da sua morte; unha longa controvérsia sobre a figura do filósofo; um desacordo xeral sobre o próprio sentido e o alcance da sua filosofía…  non sabemos sequer se essa obra merecerá no futuro ocupar unha posiçón tan relevante como a dos seus predecessores:  Nietzsche, Hegel, Kant…  ou se será, simplesmente, posta de parte.  Mas, por motivos que aquí se expôem e desenvolvem, a obra de Heidegger interliga-se com a dos nomes acima citados, num sentido impossível de atribuir a qualquer outro filósofo do século XX, talvez porque nela se convoca toda a “história da filosofía”.  Neste estudo, renuncia-se expressamente a unha exposiçón enciclopédica e opta-se, por outro lado, por unha perspectiva sumária que reproduzca o problema de fundo que percorre todo o traxecto de Heidegger.  Ainda assim, é obrigatório referir a dificuldade que qualquer exposiçón da sua filosofía tem de enfrentar: reconhecer as chaves desse traxecto e decidir em que medida ao longo dele se abandona unha questón por outra, ou se, pelo contrário, apenas se reitera a mesma.  Aqui parte-se do pressuposto de que Heidegger apresentou apenas unha questón, que ele próprio configurou e desfigurou de tal maneira que a própria forma de a reflectir e expressar acabou por se transformar em conteúdo decisivo do seu próprio pensamento.  Talvez isso tenha a ver com o que Hannah Arendt disse sobre as suas aulas:  “Heidegger nunca pensa sobre algunha cousa: ele pensa algunha cousa”, mesmo quando se trata de Aristóteles, de Kant ou de Nietzsche.  Isso torna os seus textos mais difíceis. porque quase nunca se referem a um tema fechado que ele tivesse simplesmente de expor: quando pensa, arrisca, e isso torna-os mais vulneráveis, em certas ocasións erróneos, e ás vezes até ridículos. 

arturo leyte

AS MEMÓRIAS DE MANUEL DA CANLE (57)

.

               Socorro. Socorro.  O día 19 de Agosto de 1915, fún escreber unha carta a Caetano, mostrando-se muito dolorido ó despedir-me, com voz grave e ton de tristeza.  Á noite sonhei com el e a súa filha Isolina; sei que eran eles por unha aspiraçón do sentido, e algo percebín-no também em imaxem, mas alí se me mostrou muito fea, que me non parecía cristiana.  E o seu pai, tamén muito feíssimo, o qual a agarrou por um brazo, e non sei que fixo, mas parece lhe bateu, mandando-a non sei onde…  Despois, encontrei-me debaixo de unha figueira e estaba vendo figos maduros entre as folhas verdes.  Sonhei que ía por uns caminhos, e de vez em quando dába-me a tosse, e vinha-me um pensamento de que estaba enfermo, quando tossía botaba fora o exputo, e ó mesmo tempo golfaradas de sangue entremisturadas e sentía-as brotar do peito, como se estivera desperto.  Ó mesmo tempo ven-me a idéia, de que xa non tinha cura.  Desperto, e encontro-me doente, o cabelo caíndo com determinaçón, e a puntada aguda nos quadrís, a dor inmensa da páxina 71…  E, o 21 de Agosto de 1915, pola hora das 3,30, vín a minha cabeza calva, só con dous peleiros espetados na frente.

manuel calviño souto

KANT (O IMPERATIVO CATEGÓRICO: FAZ O QUE DEVES FAZER)

.

               Se a revoluçón kantiana em teoría do conhecimento é decisiva para a evoluçón da filosofía futura, non é menos essencial a súa contribuiçón no campo da ética, exposta principalmente na Crítica da Razón Práctica e na Fundamentaçón da Metafísica dos Costumes.  Apontemos aquí o que desenvolveremos posteriormente:  Kant afasta-se das éticas baseadas numa interpretaçón da natureza humana, que determinam as máximas e os preceitos a partir do modo de entender a idiossincrasía da pessoa (por exemplo: o homem aspira à felicidade e para alcançá-la deve fazer isto e aquilo); evita também os princípios condicionais caracterizados pela persecuçón de um fím e a determinaçón dos meios para alcançá-lo (do xénero, se queres aprender física, matricula-te na universidade; se queres ser unha boa pessoa, trata os outros com respeito), aos quais chama imperativos hipotécticos.  A inovadora filosofía moral de Kant caracteriza-se pelo seu universalismo e pelo seu formalismo. Tem de ser unha ética válida e obrigatória para todos os seres racionais, em qualquer circunstância, e independente de qualquer condiçón (portanto, non pode basear-se em imperativos hipotécticos).  Non pode fundamentar-se em conteúdos particulares e parciais, do xénero dos Dez Mandamentos (non matarás, non roubarás), porque o carácter universal e incondicional que Kant desexa conferir à sua ética requer que o seu preceito sexa prévio a qualquer circunstância pessoal, social ou histórica, e autónomo em relaçón a qualquer ideoloxía e relixión.  Kant formula este preceito – ao qual chama imperativo categórico – de várias formas distintas, que se complementam e completam sem incorrerem em contradiçón.  A elas voltaremos mais tarde.  Basta por agora a sua forma mais clara:  “Age apenas segundo unha máxima tal que possas ao mesmo tempo querer que ela se torne lei universal”.  Isto é. age de tal maneira que te sexa lícito e lexítimo desexar que todo o mundo axa do mesmo modo.  Isto equivale a axir por dever e essa é a essência do imperativo categórico e da ética kantiana.  É a ética que fundamenta os grandes princípios espirituais (a liberdade, a imortalidade, a existência de Deus) e non o contrário, como costumava suceder em quase todas as construçóns éticas.  Também na ética Kant introduz unha revoluçón copernicana.  Esta formulaçón sumamente formalista, racionalista e abstracta, sem conteúdo particular, que Kant terá de ilustrar com vários exemplos para que sexa entendida nas suas implicaçóns, recebeu várias críticas ao longo dos anos.  Mas mesmo os seus mais acérrimos adversários reconhecem-lhe grandes virtudes: o seu carácter universal (a sua vocaçón de ser válida e obrigatória para todos) e autónomo (independente de partidos relixiosos e ideolóxicos). Se na teoría do conhecimento Kant supera o racionalismo dogmático e o empirismo radical, na ética supera o relativismo, a ideia de que non há princípios obrigatórios para todos.

joan Solé

PEQUENAS LEITURAS DA MAN DE PONTAREAS

(Anacos do texto lido como pregón na 1ª Feira do Libro de Ponteareas, o 27 de Xullo de 2017)

       (…)Nun vello libro de Patrícia Highsmith, mercado coa paga do domingo no quiosco que daquela tiña o Hossaín, lin aquela historia de Taylor Cheever, o escritor que desenvolvía a súa mellor novela na súa propia imaxinación;  ensimesmado, distraído, non topaba o tempo de vertela na escrita; tanto tiña, el sorría, estaba a escribir – a imaxinar – o mellor dos relatos; era suficiente.  (…) De moi rapaz ensaquetaba uns pesos para ir correndo á libraría de Pereira e apañar o último número das aventuras en banda deseñada de “Old Shatterhand” e o xefe apache “Winnetou”.  (…)  Deprendía, de vagas; que pasar a tarde arredor do quiosco do Hossaín levaba a fedellar nas séries de Agatha Christie que publicaba a Editorial Molino e mudabas o definitivo partido de fútbol nos restos da vella praza de abastos para esclarecer nervioso que pasara naquel tren que saíra para Paddington ás 04:50 horas.  E  xa, cando xuntabas algúns cartos máis, mergullado no vieiro dos mundos paralelos, facías da libraría de Charlot unha propia Igrexa particular onde topar a Série Negra que publicaba a Editorial Bruguera e nomeabas a Raymond Chandles o Párroco co que memorizar novos sacramentos naqueles días de fuscas catequeses.  Topabas e soñabas e tirabas da imaxinación frases do Philip Marlowe coas que chegar ao Instituto a triunfar.  (…)  Un outro día, cando Hossaín abriu ao cabo a súa libraría botei o ollo a unha reedicçón de Planeta de Seara Vermella, a novela de Dashiell Hammet ambientada na caciqueada vila de Personville (en Montana, ou así) e que el chama Poisonville.  Dende aquelas comprendín que a boa literatura axuda e obriga a comprender a propia realidade.  (…)  Comezaba a ler en cadea e ao chou.  O pai dalgún colega mercaba libros do Circulo que amoreaba pola casa aínda no seu plástico.  Nunha visita, logo dunha das primeiras resacas de Kalimba e Globos, descubrín o Pan con Xamón de Bukowski, inmaculado, virxe, agardandome para lle facer un sitio embaixo da miña cama,  e divulgalo feliz, obrigando a xente a partillar a historia dun rapaz com acné, tráxico e folgos de ler e escribir.  (…)  Daquela, volvín pola Biblioteca para ir máis atrás a coñecer a nosa tremenda historia agachada no xornal agrarista “El Tea” entre marabillosos textos literarios, e revelar contos exquisitos escritos polos emigrantes locais na revista “Lonxe da Terriña”.  (…)  Teimo, adrede, en lembrar ao Santiago Eizaguirre, o profesor de Literatura en Bacharelato, que me agasallou aos quince anos con dous libros de Benavides:  La Escuadra la mandan los cabos e El último Pirata del Mediterráneo; esta vila ten moita literatura, dicía.  E tal foi.  (…)  Posuía unha misión; eu tamén quería ser evanxelista do meu tempo (…)  Comecei por escribír versos febles e atrevidos, ganduxos de poemas para o tal profesor, que os desbotaba máis, con todo, insistía, intrigándome:  “Liches o Seraogna?  Búscao, procura ti os tesouros”.   Nin sabía por onde pescudar; se preguntaba, ninguén dicía ren.  Saberlle o nome a Pexegueiro, saber del, era cousa de Esperanza, do Anxo Abalde e outros hippies.  Até que lín que o Méndez Ferrín destacábao como o mellor poeta da súa xeración e ao pouco Luciano Fernández, un colega filólogo de Areas, aquelou unha fantástica edición para Xerais.  (…)  Cando din aborrecido a facultade refuxieime na biblioteca da Universidade entre os versos rebeldes de Walt Whitman e os textos libertários de Gustav Landauer ou Ricardo Mella para lle dar a volta ao mundo sen deixar a cadeira e ao cabo, caer na conta de que á base de ler e ler, dás por escribir e corrixir, e gardar, e volver a ler, e borrar todo para reescribir e, trás dunha luz máxica (como a de Saulo, supoño), dás cun verso, unha frase que te apaña e te leva da man (…)

kiko neves

NIETZSCHE (O RABO DA VACA)

.

               Nos finais de 1888, as cartas de Nietzsche son cada vez mais fanáticas e excessivas, e nelas se manifesta todo o tipo de fantasias megalómanas.  Chega a pensar, por exemplo, que tem “literalmente, o futuro da humanidade”  nas suas máns.  Por outro lado, a família turinesa com quem vive detecta que o seu educado hóspede alemán mostra comportamentos fora do normal: fala sozinho, toca piano de forma estranha e dança nú no seu quarto.  Todos esses episódios culminam no día 3 de Xaneiro de 1889.  Na praça Carlo Alberto, Nietzsche presencia um cocheiro a chicotear o seu cavalo e, num arranque de compaixón, abraçá-se ao pescoço do animal, começa a chorar e desmaia.  Uns dias mais tarde, o seu amigo Overbeck vai buscá-lo a Turím.  É internado nunha clínica de Basileia e pouco despois num hospital psiquiátrico em Jena.  Os médicos determinam que sofre de unha fase avançada de sífilis, hipótese que tradicionalmente se deu como válida.  Existe, no entanto, um grande debate a esse respeito.  Nos últimos anos, diversos cientistas puseram em dúvida o diagnóstico de neuros-sífilis e propuseram explicaçóns alternativas (tais como meningioma, demência frontotemporal ou unha rara doença hereditária abreviada com o nome de CADASIL).  Fosse qual fosse o causador do seu desequilíbrio mental, a verdade é que Nietzsche recebe vários tratamentos e, após unha melhora inicial, piora progressivamente.  Em 1890, a nái tira-o do manicómio e decide cuidar dele na casa familiar de Naumburg.  Nessa data, a irmán Elisabeth regressa do Paraguai depois do fracasso da colónia racial fundada com o marido, que, por esse motivo, se tinha suicidado no ano anterior.   Entretanto, as vendas dos seus livros disparam, axudadas pelas histórias que circulavam acerca da sua vida e da sua loucura.  A irmán Elisabeth e os amigos Overbeck e Köselitz encarregam-se das reediçóns das obras. Em 1894, funda-se o Arquivo Nietzsche em Naumburg, que três anos mais tarde, quando da morte da nái, se transfere para Villa Silberblick, em Weimar.  Elisabeth vai assumindo o controlo do Arquivo e manipula deliberadamente alguns dos escritos do irmán.  Esta operaçón levá-la-á a deturpar o pensamento nietzschiano até apresentá-lo, mais tarde, como um dos fundamentos ideolóxicos do nacional-socialismo (Hitler visitará a Villa Silberblick em 1933).  O filósofo, alheio a toda a polémica, sofre unha paralisia progressiva e xá quase non é capaz de falar nem de reconhecer rostos.  Depois de permanecer um tempo em estado practicamente vexetativo.  Friedrich Wilhelm Nietzsche morre a 25 de Agosto de 1900, com cinquenta e cinco anos.

toni llácer

O “HOMINES DE GUILLADE”, ¿AS PRIMEIRAS PALABRAS ESCRITAS EN GALEGO?

.

               O presente artigo ten por intención divulgar e pór en valor un documento pouco coñecido e que fai referencia a unha parroquia do nosso concello.  Dito documento reférese á fundación da denominada “Domus Sancta Leocadia” pelos “Homines” de Guillade no que se expoñen as diferentes doazóns que os homes de Guillade aportan para fundar e soster unha igrexa ou mosteiro baixo a advocación de Santa Leocadia. Trátase dun pergamiño de 555 mm de longo e 320 mm de alto, no que a escritura consérvase en bo estado.  A importancia do “Homines de Guillade” queda reflectida no feito de ser estudado polo profesor Miguel Romaní  Martínez, Profesor Títular da Área de Ciencias e Técnicas Historiográficas do Dpto. de Historia da Universidade de Santiago, e por Pablo S. Otero Piñeyro Maseda do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, para certificar a sua autenticidade e demais aspectos relacionados co mesmo (1).  Este pergamiño, datado no ano 963 (S. X), é o segundo mais antigo de que se teña constancia en que se menciona a unha parroquia de Ponteareas (o primeiro é do S. VI, no que se fai referencia á parroquia de Areas no Parroquial Suevo (2) ), e ademais é o documento máis antigo do fondo do Mosteiro de Santa María de Melón.  Os investigadores antes citados, como primeiro paso para comprobar a autenticidade do documento, analizan o tipo de letra empregada para a súa escritura, xá que no S. X empregábase a denominada “Visigótica Cursiva”, sen embargo atopan que o texto do pergamiño está escrito nun tipo de letra chamado “Minúscula Diplomática”, empregada mais tarde, en concreto durante o S. XII, polo que chegan á conclusión de que o documento analizado é, en realidade, unha copia do S. XII do orixinal do ano 963 (S. X).  Para sustentaren esta tese comparan a súa caligrafía com outro documento do fondo do mesmo mosteiro do S. XII, en concreto cun privilexio concedido ó Mosteiro de Melón polo Rei Fernando II (1157-1188) sendo a caligrafía case idéntica. Outro dato que reforza esta tese é que durante os séculos XII e XIII no reverso dos documentos de Melón e Oseira acostúmase a escribir unha pequena frase sobre o seu contido, que tamén aparece no pergamiño que se está a analizar.  Segundo os investigadores, as razóns polas que se debeu facer a copia poden ser a antiguidade do documento, a súa mala conservación, a dificuldade da sua lectura, ou ben que o orixinal fose doado á propria igrexa de Santa Leocadia.  O seguinte paso para comprobar a autenticidade do pergamiño é examinar se a redacción do texto corresponde coa usada habitualmente no S. X.  Para iso, os investigadores anteriormente citados comparan este documento con outros dos mosteiros de Celanova, Samos e Sobrado dese mesmo século, para verificar se as expresións empregadas no documento son concordantes.  Despois das comparacións conclúen que as expresións son de uso habitual no S. X, e as invocacións e referencias feitas ó princípio do documento son características de documentos solemnes desa época.  Tamén reforza esta tese o grande numero de nomes e apelidos de orixe xermánica no pergamiño.  Tendo en conta o expresado ata aquí, os investigadores consideran, aínda que con certas reservas, que o documento é fidedigno, ou sexa unha copia textual do século XII do orixinal do ano 963.   Outra cuestión que chama a atención dos investigadores é a grande cantidade de “galeguismos” que aparecen nun texto orixinalmente escrito no ano 963 en latín, que incluso parecen precoces para o século no que se fixo a copia (S. XII).  Considérase como primeiro texto en galego-portugues, escrito en Portugal, o denominado “Pacto dos Irmaos Pais”, escrito arredor de 1175 na zona de Braga (3), e o primeiro escrito en Galicia o titulado “O foro do bo burgo do Castro Caldelas” encargado por Alfonso IX, rei de Galicia e León, en 1228 (século XIII) e redactado por un notario de Allariz.  Sobre esta cuestión os investigadores fan as seguintes observacións por un lado, e debido á calidade e habilidade gráfica do copista, parécelles improbable que introducise palabras romanceadas (galeguismos) polo que deben copiar todo como o atopou e se cometese unha falsificación consciente, non iría mesturar duas linguas.  Outra posibilidade para a aparición dos galeguismos é que o copista puxera en galego algunhas das palabras latinas por consideralas improprias ou xa difíciles de entender no intre da copia. ( Outra grande possibilidade, foi que, para evitar problemas na identificación das propriedades, no texto orixinal do ano 963, se usara propositadamente o nome verdadeiro polo qual eran conhecidas entre os vecinhos.)  As palabras que os investigadores identifican como galeguismos no texto do pergamiño son as seguintes:

– aqua de Sancgineiro

– cadeyras

– colmenas

– cruce

-duos libros

-fonte de Beteiro

-hordino perfecto

-isso

-juiz

-kalice

-larea de Requieiso

-libro mistico

-Mazana

-ovelias

-pena de Undurina

-pena de undurina

-psalteiro

-Rego

-rotea da Bocalosa

-uachas

               Em todo caso, e como polas razóns expostas anteriormente o documento non puido ser escrito antes do reinado de Fernando II (1157-1188), nin muito despois do fin do S. XII, os investigadores apelan aos filólogos para veren se neste documento referente a unha parroquia do noso concello están as primeiras palabras escritas do galego, co cal, de ser así, o mesmo adquiriría unha relevancía incalculábel.

xosé manuel david giráldez

notas:

(1) Miguel Romaní Martínez – Pablo S. Otero Piñeyro Maseda.  La “Domus” de Santa Leocadia de Guillade (Ponteareas) en un documento del año 963.  Estudio sobre su autenticidad.  Cuadernos de Estudios Gallegos, LVI Nº 122, .  Xaneiro – Decembro (2009), pp. 113 – 137.

(2) José Carlos Sánchez Pardo.  Organización eclesiástica y social en la Galícia tardoantigua.  Una perspectiva geograficoarqueológica del Parroquial Suevo.  Hispania Sacra, LXVI 134,  Xullo – Decembro 2014, pp.  439 – 480.

(3) José António Souto Cabo.  Os primeiros escritos em galego-português: revisao e balanço.  Revista Galega de Filoloxia.  Monografía 9, pp.  369 – 393.

QUE NADA SE SABE (30)

.

               Xá viste a dificuldade, no que se refere ás espécies.  E no que atanhe ós individuos, confesas que non há ciência algunha, posto que som infinitos.  Mas as espécies non son nada ou, todo o mais, unha certa fantasía.  Só os individuos existen, somente eles som percebidos, somente deles há que ter ciência e deles debe ser obtida.  De non ser así, mostra-me na natureza esses universais teus.  Presentarás-mos nas realidades particulares mesmas. Mas, non vexo nada universal nélas; todas som particulares.  ¡E, que grande variedade se observa em éstas! ¡ Impressionante !  Este é um ladrón redomado; aquél, um homicída; aquél non nasceu mais que para a gramática; outro é totalmente inépto, para as ciências; este é cruel e violento desde o berzo; a aquél non há maneira de apartá-lo do vinho; a esse a sexualidade, a este o xogo; outro se desvanece ó ver, ou inclúso ó cheirar um gato; aquél nunca probou a fruta, nem soporta que outro a probe; ó outro passa-lhe o mesmo com a carne; ó outro com o queixo; a um terceiro, com o peixe.  De todos estes conheço alguns casos.  Este traga e dixére indiferentemente moedas, vidro, plumas, tixolos, lán, nunha palabra, tudo;  ó outro da-lhe um síncope com o perfume ou a visón de unha rosa; esse aborrece as mulheres; este alimenta-se de cicuta; o outro dorme día e noite.  Eu arroxéi frequentemente os libros com irritaçón; escapei da biblioteca.  Mas, esté na rúa ou no campo, nunca deixei de pensar em algo, e nunca menos solo estou, que quando estou só, nem menos ocioso, que quando estou ocioso; conmigo levo o enemigo, non podo librarme de el e, como dí “Aquel”, “vou fuxindo de mím mesmo, como um vagamundo, buscando substrair-me ó meu cuidado, bem com os amigos, bem sonhando; em ván, porque o sombrío me acompanha, me acosa e persegue na minha fuxida”. 

francisco sánchez