
Apagouseme o móbil. O ordenador xa só consulta. O teléfono soa: trim, trim, trim… Do outro lado falouche voz melodiosa pero secreta. Inicía un discurso sobre a soidade. Sabes…, dígoche isto porque no total também non ten excesíva importancia… cada quén elíxe o camiño que máis gusta… non me fagas moito caso… É a voz dunha moza sueca emigrada. Sweden é importante: alí está Estocolmo coas súas cores vívas, alí está o Nobel. A soidade é un polvo de dezaseis brazos. Nin é boa nin é mala, depende do que che apeteza. Dos cirros caen copos de neve nas ruas e algodón no medio, caen sobre os pelos brancos ou loiros, caen, caen, caen, com parsimónia infinita, non intencional, non querendo facer mal a ninguém… A soidade acolle os días de verán, naturalmente festivos, acompañadas incluso polo sol da primavera, por riso e sorriso. Dalí a unha hora o teléfono voltou a tocar: trim, trim, trim…
FRANCISCO CANDEIRA