
Fichas de pócker, fichas de arquívo. E un Toyota, un Honda, un Peugeot rodando, rodando sobre as vías, os raíles do tren e non se cair a un ou outro lado dos riéles porque se orientan e se equilibran perfeitamente. Reconcilieime coas “galletas María” mais teño que mercar un lector de CDS, un reloxo sen minuteiro e dous poulóveres: necesito-os: un gasto. Remítome a “Borges oral”: “O presente contém sempre uma partícula de passado e uma partícula de futuro, e parece que isso é necessário ao tempo”. “Se nos mostrassem o ser de uma só vez, ficaríamos aniquilados, anulados, mortos. En contrapartida, o tempo é a dádiva da eternidade”. ¿Que di Heidegger? Lembro unha tarde de pócker na casa de un amigo de Uma, lembro o ficheiro da Complutense onde mañá merquei o libro de Maria Helena da Rocha Pereira. O pócker é un mundo, o tren e os riéles algo como que a piques de ser un universo.
FRANCISCO JOSÉ CANDEIRA GONZÁLEZ