
ESCOBAR Y MENDOZA, Antonio de (Valladolid, 1589-1669). Poeta barroco e xesuíta. Os seus dous poemas longos som “San Ignacio” (1613) e “Historia de la Virgen Madre de Dios” (1618), esta última publicada depois baixo o título de “Nueva Jerusalén María” (1625). Âmbos os poemas usam linguáxe artificiosa e rebelam unha imaxinaría fantástica. “San Ignacio” é um dos muitos poemas inspirados na vida e lenda do fundador da Compañia de Jesús. Consta de dezoito cantos que rebosam o tipo de mitoloxía clássica que Góngora e Camoes tinham posto de moda na Península. O poema mariano tem de ornato o que lhe falta de inspiraçón xenuína. De audaz maneira compara a Virxem com unha nova Xerusalém, cuxos fundamentos som xacintos, crisoprasas e outras pedras preciosas. Pascal ridicularizou-o nas suas “Lettres provinciales” (1656-1657).
OXFORD