
CISNEROS, Antonio (Lima, 1942). Poeta peruano. Os seus primeiros libros, ”Destierro” (1961) e “David” (1962), obtuvérom unha inmediáta aceitaçón entre o público, mas foi com o seu libro “Comentarios reales” (1964) que conseguíu fama internacional. É unha obra cheia de ironía, percepcións e claridade. Também de alta qualidade é “Canto ceremonial contra un oso hormiguero” (La Habana, 1968). Com este último ganhou o Premio Casa de las Américas de 1968. Cisneros reacciona contra a excessiva poetizaçón do poema e utiliza imáxens duras e sátiras para achegar-se às figuras mais sagradas da história peruana ou para tratar dos feitos da vida diária. Os seus últimos libros forom “Agua que no has de beber” (Barcelona, 1971) e “Como higuera en un campo de golf” (1972), que xá non utiliza a ironía, senón que expresa unha série de vivencias e emoçóns do autor. Publicou “Crónica del Niño Jesús de Chilca” (1982), onde explora, com êxito, o tema popular.
OXFORD
