
Se hai un tema en Arbo que ten a xente desacougada é o do encoro e, depaso, a situaçión da declaración de monumentos histórico-artísticos para os pescos da lamprea… -“De momento o expediente está incoado e até agora non houbo nengunha reclamación. Pode chegar a haber algún escrito do Goberno Central, que é quen promociona o embalse, pero aínda non o hai”. -“Por qué non percurou o apoio popular na defesa dos pescos, das asociacións culturais, deportivas, das APAS, dos veciños en xeral?” -“Atopámonos agora con que moita xente que andaba na defensa do río xa vendeu a propriedade…” -“Nomes…” -“Non me gosta nomear casos concretos, pésie a que teño coñecimento deles.” -“Se Unión-FENOSA dese cartos para o concello…” -“Non venderia os pescos por un plato de lentellas.” -“Pero vostede está agora no mesmo partido que o alcalde das Neves, cun mesmo modelo de sociedade e económico na sua ideoloxía e a este tráelle sen cuidado o problema dos pescos…” -“Penso que a ideoloxía non ten que ver na defensa do povo dun. O meu e preocuparme por Arbo.” -“Claro que se di na rua que vostede puxo o cazo á FENOSA.” -“Con esa compañía non teño relación nengunha e menos de mancharme por uns pesos. Ao mellor son os que din iso os que cobran. En definitiva, é mentira, falso.” -“O río Miño en Arbo é unha canle fonda e estreita na que é doado facer unha ponte. Pero ainda non a hai. -Vai vostede seguer insistindo no da ponte por máis que fagan a presa?” -“Inda que estea aberto, outro pase polo río, seguirei insistindo. Hai xente de Arbo que daría un prémio ao mellor proxecto dos alumnos que rematen Inxeñeria de Caminos, Cales e Portos das escolas da Penínsua para unha ponte en Arbo con Portugal. Tamén hai un cubano que está disposto a facer a ponte pola sua conta e risco sempre e cando os dous gobernos afectados lle permitan cobrar peaxe.” -“Na rua fálase moito do matadeiro: de si está emprazado para contaminar o Deva, se está nos terreos da sua família…” -“O concello tiña tomado o acordo de que fosen os técnicos os que decidisen o seu emprazamento e o alcalde puxo como condición o que non vertese a río nengun. Xa que logo, non vai verter nada ao Deva, senón que desde as fosas de decantación a água decantada vai logo a unhas leiras. Cada carniceiro ten a obriga de facerse cárrego dos restos do que el mate. E, por descontado, non está nas miñas propriedades nen das da miña família. A nós pasounos por riba de terras para o acceso…” -“Nada más, moitas grácias. E o señor alcalde, meteuse na sá de actos para celebrar unha permanente co tema monográfico de apertura dunha sá de festas que vai traer cola.”
PUBLICADO EM “A PENEIRA” (ANO I – 1984)