NOVÍSSIMOS DA POESÍA GALEGA (XOEL SEQUEIROS PAZ)

POEMA GORDO (OU QUASE)

O elefante é un animal lento, moi lento,

fermoso e grande e moi intelixente,

herbívoro, pacífico, pesado,

elegante, rechamante, impoñente.

.

O elefante ten memoria boa

e protexe á súa manada,

e bebe moita auga e come moitas follas

e pesa moitas toneladas

.

Pero

cando

ve

un rato…

escapa!

.

XOEL SEQUEIROS PAZ

Deixar un comentario