
COLOMA, Luis (Jerez de la Frontera, 1851-1915). Româncista e contista. Estudou leis em Sevilha. Quando ganhaba a vida como escritor em Madrid, viu-se envolto num escândalo. Foi ferído e de maneira gráve. Em 1873 decidíu entrar para a Compañia de Jesús. É recordado especialmente pola sua novela “Pequeñeces” (Bilbao, 1890, dous volûmes), que fixo furor polo ataque satírico dirixído à sociedade madrilena da época da Restauración. Tomou como modelo as técnicas naturalistas para levar a cabo unha labor moralista contrária a esa tendência. Non obstânte, o feito de que um xesuíta adoptára essas técnicas foi muito criticado, a pesar de que a heroína da obra, Curra Albornoz, se converte ao catolicismo militante nas últimas páxinas da novela. O título remete para as “trivialidades” cometidas constantemente polos membros da aristocracía e que para a Igrexa som pecados mortais. Este ataque à classe aristocrática foi precedido pola non muito lograda novela de José María de Pereda “La Montálvez” (1888), sobre o mesmo tema. A “Pequeñeces” seguíu, na mesma linha, “La espuma” (1891) de Armando Palacio Valdés. Juan Valera escrebeu unha carta de setenta e nove páxinas titulada “Pequeñeces… Currita Albornoz al padre Luis Coloma”, em estilo aparentemente lixeiro que acostumaba utilizar Valera, mas que na realidade era unha crítica do estilo e da ideoloxía do xesuíta. Coloma escrebeu também “Recuerdos de Fernán Caballero” (1910), de quem recebeu algunha influênça. Intentou escreber unha novela histórica com “Retratos de antaño” (1895), ”La reina mártir” (1902), basada na vida de María Estuardo; ”El marqués de Mora” (1903); ”Jeromín” (1905-1907), sobre a vida de Juan de Austria e Fray Francisco (1914), sobre Contreras. As suas “Obras completas” (1940-1942, dezanove volûmes) alcanzaron a quarta ediçón em 1960.
OXFORD