
A campaña electoral veu marcada por un crecente triunfalismo a medida que se comprobaba a forza propia e a debilidade conservadora. Destacan as denúncias públicas verbo de determinados párrocos que facían activa campaña en favor dos conservadores; tal era, polo que parece, o caso dos párrocos de Guláns, Xinzo, Areas, Fontenla e Bugarín ós que se denunciaba ante o Bispo de Tui coma “desdeñables agentes electoreros al servicio del caciquismo” e se lles acusaba, entre outras cousas, de adicarse a visitar “todas y cada una de las moradas de sus feligreses, solicitando autoritariamente el voto” e “dando a sus prédicas dominicales -carentes, por cierto, de todo dulzor evangélico- un giro marcadamente político” etc… A enorme profusión de “slogans” arengando ó voto agrario-socialista, as denuncias do caciquismo, das “partidas de la porra”, e da pouca entidade moral, personal, etc… dos rivais, resúmese na frase final do manifesto difundido na derradeira semana de campaña: “Ciudadanos: sois pequeños porque estais de rodillas. ¡Levantaos! A loita mais espectacular produciuse no concello de Ponteareas por tratarse este do centro orixinário do “feudo” tradicional do bugallalismo. Alí contan con dereito a voto 3.266 persoas, repartidas en 4 distritos electorais cun total de 15 mesas. O máis importante era o primeiro distrito, composto por 11 parroquias, entre elas Ponteareas, con 1.408 electores que escollian a 9 concellais. Tratábase, para a coaliçión, de controlar a pureza do proceso eleitoral para o que, segundo eles pregonaban, tódolos medios eran válidos. Contaron para isto cunhas 400 personas que dende as 5 da mañá escomenzaron a chegar á sección. Ó mando do control de cada mesa situábanse os homes mais caracterizados: En Ponteareas, Emilio Garra; en Angoares, Benito Casasnovas; en Areas, González Fresco; en Arnoso, Francisco Mosquera; en Prado, Vidales Tomé, etc… Malia algúns tiras e afrouxas, o día transcurríu con relativa normalidade. Ao fin da xornada os resultados eran ben craros: votaron 1.708 electores o que supuña o 52,50 por cento. Para os agrario-socialistas foron 1.150 votos (67%). Para os bugallistas, 557 votos (32,7%). A primeira páxina de El Tea manifestaba a emoción desmedida: “Puenteareas Liberado” Amado Garra outra vez expresaba o sentimento xeral: “Lo que hay que saber, lo que hay que proclamar muy alto, es que un pueblo célebre en España por su caciquismo intolerable, ha cumplido con su deber, dando la nota grave de la rebeldía que anidaba en su alma y exteriorizó a un tiempo, el más grande de toda España”. En Ponteareas conseguíanse 17 dos 20 concellais.
PUBLICADO EM “A PENEIRA” (ANO I – 1984)