Arquivo por autores: guilladenses

Indignados. Do 15-M ao 20-N.

O movemento 15-M estrea o seu primeiro documental a gran escala o día 4 de novembro, autofinanciado e dispoñible de maneira gratuita por Internet.

Indignados. Del 15-M al 20-N, dirixido por Antoni Verdaguer, recolle os testimonios dunhas 70 personas que falan das orixes, as razóns, os problemas e o futuro das mobilizacións cidadáns que se iniciaron en España e que se foron extendendo por medio mundo. Participan entre outros o activista do software libre Richard Stalman; o blogueiro e profesor da IES Business School Enrique Dans; o cantautor Paco Ibáñéz….

(Ver noticia e a promoción do vídeo, publicada no xornal El País)

Cidadáns, votantes ou… espectadores

Recomendo a lectura do artigo de J.J. Millás Camisas de fuerza, no xornal Faro de Vigo, unha reflexión acerca da trascendencia que adquiren as cuestións formais sobre os aspectos de contido nos debates televisivos dos candidatos políticos.

“Esta obsesión por las cuestiones formales ha conducido a los propios espectadores a fijarse más en la calidad del afeitado que en la de la sintaxis. No importa quién sea el mejor desde el punto de vista intelectual, lo interesante es si Rubalcaba logrará permanecer erguido (tiene tendencia a arquear la columna) o si Rajoy logrará mantener la mirada fija en un punto (se le va con frecuencia hacia el vacío)” (…)

Este detalle en apariencia tan simple pon en cuestionamento as mesmas bases do sistema político democrático. Cuestiónase a racionalidade dos cidadáns e en consecuencia a calidade dos votos e a do propio sistema. Os votos lexitiman os mandatos dos representantes políticos por un período de varios anos. Dáse por sentado que votan uns cidadáns conscientes da realidade na que viven, da súa situación social e política, persoas con intelixencia ás que se dirixen os discursos e os programas dos partidos.

Pero na realidade dáse unha transubstanciación denigrante, eses CIDADÁNS con maiúsculas vanse convertendo en simples “votantes”, e pasan a ser tratados do mesmo xeito que nun centro comercial as persoas son tratadas simplemente como potenciais consumidores, e utilízanse mil artimañas, botando man de mensaxes subliminais, por baixo da liña de flotación da conciencia, a pura traición, para que merquen un produto máis que nunca necesitarán para nada.

De xeito similar ocorre no mundo da política. Necesítanse votos para lexitimar a súa existencia, e estes votos convértense en simple mercancía sometida ás leis do mercado capitalista, deixando de lado consideracións éticas. Están en xogo grandes intereses (económicos en primeiro lugar, pero tamén ideolóxicos), e nesas circunstancias cobra grande relevancia a cantidade de votos, non a súa calidade, que pasa a ser mera anécdota. Entón rebáixase ata o infinito o listón do que está permitido, e xa postos a denigrar ten tanto valor o voto dun CIDADÁN como o dun pasivo espectador. A política ponse na altura da prensa rosa ou da prensa deportiva.

Tamén poderiamos xustificalo dicindo que é licito, que no fondo do ser humano reina a emoción máis elemental e que polo tanto está ben apelar a ela. Que a razón non é máis que un adorno de moi recente conquista e que só se leva a lucir nos días de festa. Si, podería ser. Si, pero entón… a que vén construír un monumental estado de dereito regulado ata o infinito?  Non serán só as regras do xogo coas que os poderosos poidan repartirse o pastel sen masacrarse entre eles?  Non será todo o sistema político e legal só unha simple fachada para tapar un mundo oculto fundado na dominación e na destribución desigual da riqueza? Un mundo no que os grandes privilexios se concentran só nunha mínima porcentaxe da poboación e o único alimento para os demais son as migallas do que a estes lles sobra, e que unha vez peneiradas polos diferentes estratos ou capas sociais en distinto groso de malla sonnos vendidas como o mellor alimento no mellor dos mundos posibles?

Ese empeño en que todos participemos votando parece obedecer simplemente á intención de crearnos a ilusión de que nós tamén formamos parte dese mundo, que gañamos o dereito a gozar das súas riquezas, e que polo tanto non temos razóns para queixarnos, protestar ou rebelarnos, se non que debemos dar as grazas por vivir coma reis, ao paso que nos lembran que aínda hai moitas persoas no mundo en condicións mil veces máis lamentables que as nosas, que non teñen uns amos tan bos coma temos nós, e que é unha inmensa sorte para nós poder participar neste inmenso circo, incluso aínda que só sexa como meros espectadores.

Wikileaks denuncia asfixia financieira

Wikileaks asegura nun comunicado que deixou de ingresar o 95% das donacións  como consecuencia del bloqueo de VISA, Mastercard y Paypal. Detrás dese bloqueo están o goberno de EEUU e os seus socios colaboradores.

No diario El País publícase un artigo de Joseba Elola que nos pon ao tanto desta delicada situación, e na que podemos ver un vídeo de Assange demandando axuda.

ÚNETE Á LOITA. WIKILEAKS NECESÍTATE.

15-O : O 15-M segue vivo e medrando

As marchas do 15 de Outubro en medio mundo reviven a chama do 15-M, dando un paso máis no proceso de internacionalización deste movemento, que demanda a creación dun poder político que poña límites ao mercado global. No diario El País infórmase sobre estas marchas:

Sol ilumina medio mundo

El 15-M es emocional, le falta pensamiento, entrevista a Zigmunt Bauman, filósofo e sociólogo polaco, autor do concepto da “modernidade líquida”.

Estamos arreglando el mundo, disculpen las molestias.

Aguas internacionales, Blog de Ramón Lobo.

“El reino de este mundo”, de Alejo Carpentier

Un libro escrito en 1948, en certo sentido predecesor do realismo máxico de Cen anos de soidade. Nesta pequena e excelente novela Carpentier narra a historia de Ti Noel, un escravo descendente dos africanos levados á República Dominicana e Haití na época da colonización desas illas. Polas páxinas do libro desfila dun xeito máxico a resistencia dos escravos a través de varias xeracións, marcada polos momentos culminantes das revoltas victoriosas que sen embargo acabaron fracasando, fora pola forza represiva superior dos colonizadores, ou fora pola incapacidade dos liberados de dominar e encauzar os seus propios poderes, inmensos para lograr a liberación, pero incapaces para crear e organizar a vida baixo uns principios diferentes aos dos amos. A modo de conclusión, como expresa a cita que segue, semella que o home está condenado a vivir e a realizarse no Reino deste Mundo, en contraposición ao Reino dos Ceos, paisaxe idílico pero va.

“Se sintió viejo de siglos incontables. Un cansancio cósmico, de planeta cargado de piedras, caía sobre sus hombros descarnados por tantos golpes, sudores y rebeldías. Ti Noel había gastado su herencia y, a pesar de haber llegado a la última miseria, dejaba la misma herencia recibida. Era un cuerpo de carne transcurrida. Y comprendía, ahora, que el hombre nunca sabe para quién padece y espera. Padece y espera y trabaja para gentes que nunca conocerá, y que a su vez padecerán y esperarán y trabajarán para otros que tampoco serán felices, pues el hombre ansía siempre una felicidad situada más allá de la porción que le es otorgada. Pero la grandeza del hombre está precisamente en querer mejorar lo que es. En imponerse Tareas. En el Reino de los Cielos no hay grandeza que conquistar, puesto que allá todo es jerarquía establecida, incógnita despejada, existir sin término, imposibilidad de sacrificio, reposo y deleite. Por ello, agobiado de penas y de Tareas, hermoso dentro de su miseria, capaz de amar en medio de las plagas, el hombre sólo puede hallar su grandeza, su máxima medida en el Reino de este Mundo”. (p. 148).

Ver libro en Google Books

Ver en Youtube entrevista a Carpentier, de 1977, duración de 1h 30 min, no programa A FONDO, de RTVE.

O Espantalho que se moveu

Chegou certa manhan a oficina do banco, um home dunhs quarenta anos e dixo bastante emocionado; “vouche contar unha cousa, que vas pensar que estou mal da cabeza. Vinha eu a conducir desde Salvaterra, quando um espantalho que estava nunha veiga me acenou com a man. Xuro que me abanou com a man, baixei do coche e puxen-me a mirar fixamente para el, pelo menos des minutos, e nada, non se moveu. Mas estou seguro que me dixo adeus.”

Meses mais tarde, a minha companheira de trabalho Beatriz, que abandonou a banca para dedicarse a oficio muito mais gratificante o do ensino, observou que um dos seus alumnos infantis coxeaba obstensibelmente.

“Que che passou nos pes?”

“Onte espetei unhs toxos.”

“E non lhe dixeches nada a tua nai?”

“Se lho conto, levava unha tunda.”

“E como teis os pes neste estado lastimoso?”

“Estabamos onte todos a brincar na carretera, nunha curva sem visibilidade, colocamos um boneco tumbado no chan, vestido coas nossas roupas, e tamen lhe calzamos os meus zapatos.”

O primeiro a aparecer foi um camionero, que cravou o freno a fundo desesperado, baixou aflito da cabina, e quando se percatou da broma começou a gritar, cagandose em tudo quanto havia. Os pequenos asustados escaparon polo monte adentro, ficando o que estaba descalco neste estado calamitoso.

Nisto unha das pequenas, empezou a contar outra historia semelhante:

“No outro dia, vestin-me  de espantalho, e puxen-me no meio da veiga, decindo adeus os coches que pasaban. Mas um deles parou, saiu para fora, e quedou ali parado mirando para min, pelo menos des minutos, e eu quietinha, quietinha, que non movia nin sequera unha pestana.”

 Eira Comunal

A revolución enterrada

Paris, a Meca do bom gosto, a Alfa da Finesse, os seus xardins de terra, a sua obsesion geometrica, as manias da grandeza. Os seus magnificos restaurantes, as terrazas, os artistas, os espectáculos. Os largos paseos, as suas mulheres sonhadas (Fernando Pedrido, amigo meu e Bonapartista convicto, temerariamente afirmaba que as Francesas, eran as únicas mulheres que gostaban de homes). Ese doce deambular pola cidade, sem rumo, sem presa,    sem destino, perdido nunha indefinicion permanente.

Como um Prisciliano redivivo, o amigo Xavier Rodriguez, acolhedor , tocado pola gracia dos deuses, com um forte poder de atraccion sobre a alma das xentes, devolve á nai terra o orgulho perdido, com a sua aura espiritual, talmente um estigma de cain.

Como misantropo agradecido, non quero deixar de louvar a sana indiferencia de todos os Parisinos, detalhe subtil de educacion refinada, cousa verdadeiramente de xente fina, que ninguem se fixe em ti é um verdadeiro luxo.

Somente unha cousa maltrataron inxustamente os Franceses, clara e inxustamente foron vapuleando e denigrando paulatinamente a REVOLUCION. Enterraron-na nas catacumbas do Panteon, mans bárbaras borraron da nossa   memoria a Bastilha. Como se de unha vergonha se tratara o nome da sua praza foi transmutado por algum malabarista, em infame concordia.

¡¡ EGALITE !!        ¡¡ LIBERTE !!        ¡¡ FRATERNITE !!

Aforismoi

O estranho caso dum director com corazón

Certa tarde, deu redea solta à sua vida, e a cabeza, que é a parte do corpo que mais pesa, acabou levando-o para um Puti-Club.

Ali encontrou unha senhora, nai dum monton de filhos, cada qual de seu home. Esta miséria humana acabou por tocar a sua fibra sensibel, e num alarde de compaixon e infinita xustiza, deulhe unha Tarxeta-Visa a fundo perdido, que ainda hoxe em dia figura na conta de “Perdidas y Ganancias” dunha entidade financeira da praza.

Obra benemérita  por excelencia, que eu nunca deixaria de aplaudir, com toda a minha vehemente cumplicidade.

Dentro da sua vida monotona e servil, este ser humano encontrou forzas para a grandeza. Por primeira ves, abandonou a sua condicion de escravo, e repartiu como um Grande Senhor.

 Eira Comunal

Norwegian Wood de Haruki Murakami

(Esta canción impregna a atmósfera do libro)

Acabei de ler este libro e vou recomendar a súa lectura. Será que me gustou. Faise fácil de ler. Aínda así non me parece extraordinario en canto á súa calidade literaria, e diría que pasei lendo sen pena nin gloria bastantes das súas páxinas (son en total unhas 380 na edición de peto). Si que me atrapou definitivamente avanzando cara ao final. Fala de relacións humanas, de amores, de soidades, e no ambiente que consigue ir recreando o autor arredor destes temas radica a súa forza.

Está contextualizado no Xapón do ano 1969-1970, e os seus protagonistas principais (Watanabe, Naoko, Midori, Nagasawa…) son mozos/as que rondan os 20 anos de idade. Nunha época de apertura e cambio social planea sobre eles o fin da adolescencia e o paso a un mundo adulto de horizontes indefinidos e ameazantes. A música, a comida, o sexo, configuran o telón de fondo sobre o que se debuxa a vida interior dos personaxes.

Murakami trata un tema que despois elaborará moito máis na súa obra 1Q84: o de como os primeiros e intensos anhelos dun amor adolescente ou preadoslecente que non puido ser realizado quedan esculpidos na memoria dos personaxes e vanos perseguindo ao longo da vida, reclamando a súa consumación e converténdose no vórtice que os arrastra a unha existencia  turbulenta da que non poden escapar.

Os lectores de xornais

Se digo a verdade  (Artigo de Teresa Moure no Blog “Sermos Galiza”)


Teresa Moure
Grupo Promotor de Sermos Galiza

Se digo a verdade, nunca fun lectora de xornais. Sempre pensei que roubaban un tempo precioso para ler. Ensaios profundos e creativos fican sen público, mentres cada día se vende un xornalismo superficial, ás veces tópico. Non resulta politicamente correcto declaralo, xa o sei, mais non me interesa cultivar ningunha das formas da hipocrisía. Por riba, sempre pensei que os xornais ían dirixidos a un tipo de individuo que non tiña nada a ver comigo; máis claro, que os xornais estaban deseñados para os homes ou, mellor, para un tipo específico de home que quere estar ao día; iso si, só de determinados asuntos. Nin os seus sucesos, nin os seus deportes, nin a súa sección de contactos, nada se salvaba. Outras mulleres téñenme comentado que partillaban comigo esa mesma percepción de entraren en territorio hostil ao pasaren as páxinas. Nin a estatalista división entre “internacional” e “nacional”, nin a sección de cultura onde aparecen comentadas as series de televisión, nin os horóscopos. Sen arrogancia ningunha, mais sen complexos, sempre considerei que non ían comigo. Nun mundo de falsas aparencias, onde se rende pleitesía aos famosos, que o son porque se fala deles, aínda que sexa mal, fronte ao calado traballo de tantas persoas abnegadas que nunca teñen voz, non é para acreditar no que digan os xornais. Nun mundo onde cadaquén sabe que é noticia o que lle interesa ao poder que sexa noticia, e que deixa de ser relevante un conflito cando alguén intereseiramente así o decide, non é para poñerse a soñar que estamos informad@s por lermos un xornal. Nin cinco. Cada un coas súas mentiras, iso sempre pensei. Cando era nena, miña nai díxome que era unha trapallada todo o que saía na televisión, que nin os deterxentes lavaban máis branco por pagaren publicidade televisiva, nin o chuca-cao era máis nutritivo porque o dixesen no anuncio. Desde aquela detesto a publicidade, a venda consentida de mentiras, iso que se chama a creación da opinión. Xa se decatará quen isto lea que para min non foi doado sumarme ao carro de Sermos Galiza.  (…)  Ver o artigo completo no blog de Sermos Galiza.

As mulatas

Muitos xovens, e tamen raparigas Hispanas, sentiron algunha ves a suprema necesidade de substituir San Andres de Teixido por Cuba. Preferindo ir bem vivos cara a este paraiso lonxano.

 Estas aventuras tropicais da nossa amada Xeracion Limite, tinhan verdadeiramente algo de comico-grotesco, se de algo carecen estes americanos, e do sentido do ridiculo, para non dicer da dignidade Humana.

Apesar, das doutrinas emancipadoras socialistas, o vulgo demostraba unha irremediabel vocacion de prostibulo, parecian algo inxenuos, mas esta percepcion era falsa, na crua realidade presidia todas estas relacions internacionais unha picara deshonestidade. O motor era o grande negocio turistico, este si que era o amo, claro que toda esta esplendida xuventud viaxeira non tinha nada que ver con estes turbios asuntos, e menos com o turista convencional.

Nunca os Cubanos viron, nin probavelmente veran xamais, tamanha qualidade Humana, pelo que os conflitos eran inevitaveis, e preferian realmente ligar entre si.

Mas nem todos eran xovens idealistas, tamen pululaban os velhos verdongos, e as historias adquerian tintes turbios de prostituicion galopante (Um fulano que se metia nunha familia, para ter amores cunha nena de once anos, a cambio pagaba festa para toda a malta ¡¡ SE ESTES POR FESTA DAN TUDO !!

Xa Vidal Lainho, orgulhosamente bramaba. ¡¡ YO ME ACUESTO CON QUIEN ME DA LA GANA !!

¡¡ PARECE QUE ESTOU OBRIGADO A DEITARME CON TODO O MUNDO !!

Ante tamanha abundancia de mulatas, um xa se podia permitir certa soberbia, um Home tamen tem a sua dignidade.

¡¡ UN HOME E UN HOME, AINDA QUE SEXA DEBAIXO DA CAMA !!

Leria Cultural

Descuberta unha supernova en Osa Maior

Hai poucos días descubriuse unha supernova na galaxia M101 en Osa Maior. A noticia aparece recollida no diario El Pais, onde se sinala que a comezos de setembro será visible inclusive con prismáticos!

1Q84 de Haruki Murakami

Vou recomendar un libro. Excelente novela. Extensa (737 páxinas, das que lin 300). Aomame e Tengo. Dúas vidas paralelas, que van converxendo ata o momento final. Tengo é un profesor de matemáticas e escritor de novelas. Aomame é adestradora de artes marciais e asasina profesional. Moi boa caracterización e psicoloxía dos personaxes. Erotismo e sexualidade.  Misterio e intriga. Comunas e sectas relixiosas. Moi imaxinativa. Referencias a 1984 de George Orwell. Hai unha soa Realidade? Atrapa na lectura como unha tearaña a unha mosca.

Moita máis información na web de Tusquets:

Cen anos de soidade

Rematei de ler recentemente este clásico da literatura hispana, escrito por Gabriel García Márquez. Gustoume e valóroo moito. Recoméndollo a calquera lector/a de 16 anos para adiante como unha das súas lecturas imprescindibles. Nesta obra nárrase a historia de Macondo e da familia Buendía ao longo de 100 anos e das 6 xeracións que se suceden nese período, desde que José Arcadio Buendía funda Macondo logo dunha longa travesía pola selva con afán explorador. Sucédense nese período un sinfín de acontecementos que levan a Macondo ata os seus momentos de máximo esplendor e dende alí ata a súa extinción. A obra pode interpretarse (entre outras mil maneiras) como unha alegoría da historia da construción de Sudamérica, da man duns personaxes que representan a alma sudamericana, uns personaxes cargados dun impulso vital desbordante, ao tempo que de contradicións insuperables, e que se enfrontan cunha realidade máxica, cargada de misterio, de emoción, de sexualidade, pero tamén dura, cruel e aniquiladora.

Variación sobre un tema de Rosalía de Castro

COMO CHOVE MIÚDIÑO

COMO MIÚDIÑO CHOVE

POLA BANDA DE VALIÑO

POLA BANDA QUE NOS CROBE

(Rosalía de Castro, poema adaptado por Francisco Candeira)