
DOMÍNGUEZ ALBA, Bernardo (1904). Poeta, novelista e contista panamenho, mais conhecido polo seu pseudónimo “Rogelio Sinán”. No seu libro “Onda” (Roma, 1929) propón unha completa ruptura com o verso tradicional. Influído entre outros por Gaspar Octavio Hernández (1893-1918), à sua vez influíu a poetas como Roque Xavier Laurenza (1910). Outras obras posteriores som “Incendio” (1944) e “Semana Santa en la niebla” (1949). As suas obras de ficçón, entre eróticas e psicolóxicas tenhem um toque pirandelliano: “Plenilunio” (1947) e os contos “La boina roja y cinco cuentos” (1954) e “Los pájaros del sueño” (1958). últimamente escrebeu obras de teatro, que aínda permanecem inéditas.
OXFORD