Arquivos mensuais: Maio 2023

GALLEIRA (32)

Xá em grupos, ou sexa de maneira ailhada, no cûme dos montes, nos seus declíves, nas cháns, nas beiras do mar, no mais recóndito dos bosques, e o que é mais significativo, na crôa dos castros. Estes bloques com estânques naturais ou artificiais, apresentam-se, à vista do que os examina, como cousa digna de especial estudo. Na sua presença, non pode deixar-se de perguntar: ¿quê forom? ¿Teriam o destino relixioso que se lhes asigna? ¿Quê papel representarom na nossa mitoloxía? ¿Servíron xá as razas anarianas ou só fixo uso delas o celta? ¡Quem o pode afirmar!… Graças que os nossos verdadeiros antiquários, convenham em conceder-lhes um indiscutíbel destino relixioso. Para o Sr. Villaamil a pedra de Foz, non só alberga este carácter, senón que a xulga proba fehacente de que se conhecerom na Galiza os que el chama “bárbaros usos druídicos”. Para nós é assim evidente que forom sagradas, xá como altares, xá como pedras, que por qualquer motivo que fosse se lhes rendía culto; ora servíram os seus buracos ou concabidades para conter as águas do céu e por tanto milagrosas, ora se depositássem nelas as ofertas dos que acreditam. Consta a adoraçón de que forom obxecto, pensou-se que estabam adornadas de especiais virtudes, consta em fím que o pobo, como se respondesse a unha lonxana tradiçón, denomina, a muitas delas, altar, na Bretanha como em Portugal e na Galiza. ¿Por quê? A maior parte destas rochas tenhem hoxe ós olhos do rústico a sua virtude, a sua tradiçón, a sua história. Non lhe som indiferêntes. Restos da sua antiga importância relixiosa, formam parte das lendas e dos santos mais populares, das crênças do rústico, das superstiçóns adxuntas como para sempre ao corazón da multidón. Pedras milagreiras unhas e encantadas outras, xá que están unidas ao culto actual, e recordam um passado ainda non morto. Persistem nas costûmes, conservando os rasgos necessarios para testemunhar o grande uso relixioso que delas se fixo noutros tempos. Confirmam a adoraçón de que forom obxecto, a inscripçón da Torre de Hércules (Coruña); o seu destino xurídico. As pedras de abalar; a sua virtude milagrosa, as de Padrón e Viveiro, e a sua estreita unión com os tesouros, as que se encontram cobertas de signos, mais ou menos antigos e importântes.

MANUEL MURGUÍA

ARÍSTOCLES (DILEMA DO UNO E DO MÚLTIPLO)

No mundo grego do século VII a. C. costuma-se destacar, de forma practicamente unânime, um acontecimento que alterará o destino da humanidade: o nascimento da filosofia. De facto, nesse momento da história aparece, nas costas Xónicas, unha série de personáxes que enfrentam o mundo, adoptando unha actitude radicalmente nova. Tales, Anaxímenes e Anaximandro xá non recorrem a explicaçóns sobrenaturais ou míticas ( em poucas palabras, à vida e milágres de Zeus e companhia), mas visam desvelar os fenómenos naturais unicamente com a axuda da intelixência e de argumentos racionais. Embora as suas respostas possam parecer-nos hoxe em dia arbitrárias ou puerís (se bem que conviria non esquecer que em pleno século XXI, há quem reze à Virxem para resolver o desemprego ou os problemas económicos de um país), essa actitude constitui um autêntico marco na história da humanidade, do qual com o tempo surxirám a filosofia e a ciência. Nos seus primeiros passos, a atençón filosófica dirixe-se para o mundo natural, a “physis”, caracterizada polo contínuo e permanente devir: a madeira consumida polo fogo transforma-se em cinzas, os astros mudam de posiçón no céu, os seres vivos (e entre eles os homes) nascem, crescem e desaparecem. ¿Mas se tudo muda, o que é o real? O trabalho desses primeiros filósofos naturais destina-se à procura de um “primeiro princípio”, daquilo que permanece e subxáce à mutabilidade: o “arché”. Sexa qual for a soluçón adoptada por uns e por outros, a questón fundamental que convém explicar é a da mutabilidade e, como consequência desta, a conciliaçón da ideia de unidade (realidade subxacente) com a de multiplicidade (de fenómenos e casos nos quais se manifesta). Vexámos porquê. Num dia de calor, se enchermos um recipiente com água e o deixarmos ao sol, passadas unhas horas a água ter-se-á evaporado e ter-se-á misturado com o ar. Nos dias mais frios do inverno, essa mesma água conxéla e transforma-se em xêlo. Desapareceu entón a água e apareceu no seu lugar, o xêlo? Se assim for, se non houver nada que irmâne a água e o xelo, unha continuidade entre unha e o outro, porque é que, quando está frio e desaparece a água, aparece sempre no seu lugar o xêlo e non, por exemplo, um litro de bom vinho ou um estufado de borrego? Parece mais razoábel supor que existe “algo” que permanece mas que se mostra sob diversas formas. Se assim for, tanto a água como o xêlo “som” na realidade esse algo (o ser) que adopta “aparências” diferêntes. Suponhamos que somos uns bons e abnegados pitagóricos e, como tal, optamos polos números como esse “”primeiro princípio”, a estructura última da realidade que subxáz aos fenómenos da nossa experiência. Assim sendo, a bela rapariga ou algo charmoso para o qual se nos escapou o olhar, som na realidade números… ¿Som na realidade? ¿Significa entón que nem a rapariga nem a cousa som? ¿Non existem? ¿Se a realidade é “una”, a pluralidade das suas manifestaçóns non é mais do que unha ilusón? Nós que acreditávamos que isso do “dilema do uno e do múltiplo” non era mais do que um aborrecido passatempo dos antigos gregos e, aparentemente, quase sem nos apercebermos, démos de caras com ele.

E. A. DAL MASCHIO

HOMENÁXEM A ALEJANDRO VIANA (12)

Na creación do “SERE” conflúen vontades e decisións de tres gobernos: o republicano español, que achega os fondos; o mexicano, que outorga o amparo legal e político, e o francés, que consinte a súa acción alixeirando así a carga económica que os refuxiados supoñen para Francia. Durante a guerra, o Goberno mexicano do xeneral Lázaro Cárdenas apoiara decididamente o Goberno republicano e xa amosara a súa disposición para recibir refuxiados. Seguindo a súa longa tradiçión de país de asilo político e refuxio humanitario, México, a través do seu embaixador en París, Narciso Bassols, recoñece a legalidade republicana no exilio, ampara e tutela o funcionamento do “SERE” e o seu persoal, manexa os seus fondos de común acordo co Goberno da II República e acepta acoller miles de refuxiados no seu territorio. Negrín coloca á fronte do “SERE” a Pablo de Azcárate, embaixador da España republicana en Inglaterra. É a figura institucional que o organismo precisa como presidente: ten boas relaçóns na administración francesa e carece de afiliaçión política. Para o labor de dirección e xestión, Negrín volve confiar en Osorio Tafall. O presidente do Goberno eloxia a súa figura, a súa capacidade organizadora e as súas cualidades como home de acción. O ministro de Facenda, Méndez Aspe, asume tamén o peso do servizo, pois é quen controla directamente as finanzas do exilio. Baixo o mando de Osorio Taffal créase a figura dun secretario xeral e cinco xefes de sección: o de Censo, estatística e información xeral; o de Campos de concentración, o de Organización de refuxios, o de Subsidios e o de Emigración. O cadro de persoal está formado por empregados administrativos e inspectores, que se encargan das visitas aos campos de concentración e do contacto directo cos refuxiados. A organización do “SERE” complétase cunha estrutura territorial de delegacións nas cidades francesas e do norte de África nas que están situados os campos de refuxiados e os portos dende os que partirán as expedicións para trasladar os exiliados a outros países: Burdeos, Limoges, Marsella, Perpignan, Orán e Toulouse. Tamén se estabelece unha delegación na República Dominicana e se constitúe, como filial do “SERE” en México, o Comité Técnico de Ayuda a los Republicanos Españoles (CTARE). Para a dirección política do “SERE” créase o Consello Executivo, con representación dos diferentes partidos e no que participará Viana como representante dun sector de Izquierda Republicana. A nova responsabilidade de Osorio Tafall é determinante no reagrupamento de Alejandro Viana e os galegos que compartiran as vicisitudes da guerra en Valencia e Barcelona á sombra do Comisariado Xeral de todos os exércitos e da Subsecretaría de Armamento que dirixían Tafall e Alejandro Otero.

ROBERTO MERA COVAS