POETAS DA TERRA (FERMÍN BOUZA BREY)

NO CEMITERIO DE CORTEGADA DE MIÑO

Ben vin o gaio

do corpo labrado

na póla do pino delgado.

.

Ben vino o gaio

do peito chorido

na galla do pino brandido.

.

-“Ben haxas, gaio,

co teu cantorío,

que eisí labras o meu rechouchío…”

.

-“Ben haxas, gaio,

co teu leixaprém,

que eisí me brandeas o peito tamén…”

.

Ben vexo ao gaio

do bico amaranto

na maceira brava do campo santo.

.

Ben vexo ao gaio

co seu peteirar

orballada de frores ceibar

.

-“Ben haxas, gaio,

co teu abaneo,

que eisí compres as mandas do Ceo…”

.

-“Ben haxas, gaio,

ca túa depena,

que eisí me decoras a campa da Nena!…”

.

FERMÍN BOUZA BREY

Deixar un comentario