Arquivos diarios: 29/10/2022

NOVÍSSIMOS DA POESIA GALEGA

POEMA FELINO

Nun papel alegre,

meu líquido gato

camiñaba felino,

negras pegadas deixando.

.

Ao alto dunha árbore

con énfase gabeaba,

metáforas miañando

que nos bigotes medraban.

.

Nun hipérbato valente,

dun hiperbólico salto,

o gato fixo un poema

coas gadoupas rabuñando.

.

BREIXO VIDAL SALGUEIRO