A ILLA DAS MULLERES LOUCAS

Nalgún lugar do océano, alá por onde o sol agacha, hai unha terra marabillosa que algúns chaman a Illa de Avalón. E a Illa das Maceiras. Nela hai árbores que dan froitos durante todo o ano, e a doenza e a morte son descoñecidas. Esta é a Illa de beleza, da harmonía, da cor e da riqueza. E os seus habitantes son só mulleres.
Dunha lenda celta
ah…, fogar invisible, por ti cantan os desterrados.
De Círculos de Auga

movíanse simplemente coma flores
“espellos”, chamábanlles
.
e a area rubia como o sangue do réptil
horrible e infectada
(ou o sol)
como o medo
.
¿virás? como a noite
.
¿quen era entón así? -ninguén
.
foi o día da morte
cando a razón era coma ti
un espectro sexual
dando voltas e virando
xentil louco
.
OH COMO A BESTA QUE NON ESTÁ VIVA VIVE NA PEDRA
