
Alegría, Fernando (Santiago de Chile, 1918). Novelista, poeta, crítico literário. O seu poema vanguardista “Instrucciones para desnudar a la raza humana” foi traducido a várias falas e foi ilustrado polo célebre pintor chileno Matta. Estudou nos Estados Unidos, onde posteriormente impartíu cursos sobre literatura, especialmente na Universidade de California. Ganhou o prémio literário Farrar e Reinhart pola sua novela “Lautaro: joven libertador de Arauco” (1943). Anteriormente tinha publicado “Recabarren” (1938), biografía do fundador da Federación Obrera Chilena; socialista e depois comunista, que se suicidou em 1925. Publicou também unha novela curta, “Leyenda de la ciudad perdida” (1941); unha novela política sobre a corrupçón política do Chile: “Camaleón” (1950); unha série de contos políticos, “El poeta que se volvió gusano” (1956) e “Caballo de copas” (1957), novela picaresca situada em San Francisco. Aparte de numerosos artígos sobre literatura chilena, Alegría publicou “Ideas estéticas en la poesía contemporánea” (1939); “Ensayos sobre cinco temas de Thomas Mann”; “Walt Whitman en Hispanoamérica” e “La poesía chilena: origenes y desarrollo del siglo XVI al XIX”. Nos últimos anos escrebeu “Literatura y revolución” (1971) e a novela “Amerika, Amerikka, Amerikkka” (1970). Publicou ademais “El paso de los gansos” (1975).
OXFORD