AS MEMÓRIAS DE MANUEL DA CANLE (57)

.

               Socorro. Socorro.  O día 19 de Agosto de 1915, fún escreber unha carta a Caetano, mostrando-se muito dolorido ó despedir-me, com voz grave e ton de tristeza.  Á noite sonhei com el e a súa filha Isolina; sei que eran eles por unha aspiraçón do sentido, e algo percebín-no também em imaxem, mas alí se me mostrou muito fea, que me non parecía cristiana.  E o seu pai, tamén muito feíssimo, o qual a agarrou por um brazo, e non sei que fixo, mas parece lhe bateu, mandando-a non sei onde…  Despois, encontrei-me debaixo de unha figueira e estaba vendo figos maduros entre as folhas verdes.  Sonhei que ía por uns caminhos, e de vez em quando dába-me a tosse, e vinha-me um pensamento de que estaba enfermo, quando tossía botaba fora o exputo, e ó mesmo tempo golfaradas de sangue entremisturadas e sentía-as brotar do peito, como se estivera desperto.  Ó mesmo tempo ven-me a idéia, de que xa non tinha cura.  Desperto, e encontro-me doente, o cabelo caíndo com determinaçón, e a puntada aguda nos quadrís, a dor inmensa da páxina 71…  E, o 21 de Agosto de 1915, pola hora das 3,30, vín a minha cabeza calva, só con dous peleiros espetados na frente.

manuel calviño souto

Deixar un comentario