.
Vésperas a Fornelos. Salvaxe. O día 27 de Maio de 1911, levantei-me polas oito da manhán, bastante despavorido, e acto seguido, experimentei que non estaba natural, cargando-me a forza do sono, que nem tinha vontade de comer, nem apetito. Nessa noite tivera um sonho com o Furudo, que por se me ter esquecido várias partes importantes, non apontarei ningunha. O 28 tivem unha dor de cabeza, e non podía respirar polo naríz, e logo deitei-me. Polas três da manhán vem o Spírito inmundo inquietar-me, facendo-me gritar muito alto e chamar pola minha nái em alta voz, toda a noite estivo causando-me sonhos malos e inquietos, e non me deixou dormir nem descansar, e non puidem dormir senón sobre a manhán, isto durou dez días. O día 10 de Xunho eu e Avelino da Flora, fomos ás vésperas a Fornelos, ó sair da festa, ós cinco minutos, eu tan cheio estaba de bruxaría, que até as raparigas escapaban de xunto de mim, sem decir nada, nem lhe tocar na flor do vestimento, tan sequera cheguei a por o pé no baile. O 12 de Xunho de 1911, tiven unha visón que me esqueceu, despois de me ter molestado o tal Spírito, e as desgarradoras penas eran inumeráveis, mas non sabia porque. O día 13 e 14 de Xunho, fún acometido por sonhos malos, polo día saín à xanela com o pensamento no meu ente querido (Pra…), da qual xa non tinha esperanza… tinha pensado ir outra vez a Lisboa, e dalí embarcar. O 13 de Xunho, sonhei que estava nunha casa, sonho: andava com unha rapariga, que non conhecia, seguido chegaron outras raparigas das quais só conhecia unha (Piancha), estas, foi por os olhos em mim, e eu nelas, dixem à que eu traía – vamos -, ó chegar à carbalheira, dei-me conta que chovía, e torna-mos a onde estávamos, e puxemo-nos a beber vinho, do qual eu lhes oferecin, e depois de momentos vín unha estrela, que se ouxo desta forma: com a ponta mais fina dirixia-se à terra com grande velocidade, e logo desdobrou-se em três, nesta forma (. o O). De seguida começou um terramoto, a terra andava ó redor, como se se fosse virar, a xente escapaba e caía, eu quedei agarrado ás tábuas dunha casa, entre as tábuas había rexas que permitiam ver o que passava fora. Logo comezaron as estrelas a cair por terra, desde unha altura de oito metros até ós Astros, non se vian senón estrelas em revoluçón e em grande quantidade, eu larguei a fuxir e logo se me figurou que iba parar no meio do caminho. Entón minha nái puxo-se diante de mim e bailou três puntos, e eu mofei-me dela e parou, indo diante de mim, momentos despois cesou a Visón. Aparecin eu dentro do Eido, e vexo vir unha mulher coxa, dixen-lhe unhas palabras, e despois despertei, encontrando-me envolto nas velhas mantas da minha casa.
manuel calviño souto
Publicado en Uncategorized