.
A orixem da Vila de Pontareas está nunha feira mensual que lhe concedeu Fernando o Católico a Garcia Sarmento de Soutomaior, para desenvolver no couto dos Canedos, o 28 de Março de 1483. Desde entón, a poboaçón medrou rapidamente e, num documento de 1577, xá figura o seu tratamento de Vila. A súa situaçón estratéxica fixo que se convertira num lugar de passo obrigado para intervir nos sucessos bélicos do sul da província. Tamém nesta zona tiveron lugar importantes loitas entre os partidários de Isabel a Católica e Xoana a Beltranexa. Durante o “Antigo Rexíme”, as aldeias que conformam o Concelho pertenceron à província de Tui e estaban divididas entre as xurisdiçóns de Sobroso, baixo o domínio do marquês de Sobroso, do conde de San Román e doutros senhores; Oliveira, senhorío do bispo de Tui e doutros senhores: e Salvaterra de Miño, dependente do conde de Salvaterra e algunha aldeia compartida co marquês de Valadares e com outros. Coa proclamaçón da Constituçón de 1812, que supuxo a substituçón do rexíme senhorial e o estabelecimento dunha administraçón municipal, fundando os Concelhos de Guláns e Pontareas. Em 1823 produciu-se a derrogaçón da devandita lei polo rei Fernando VII, polo que se suprimiron estas demarcaçóns e se restaurou o rexíme anterior. A definitiva consolidaçón de Pontareas como Concelho cos limites actuais produciu-se em 1835 e, desde entón, non sufriu modificaçóns no seu território.
alberte reboreda carreira
Publicado en Uncategorized