AS MEMÓRIAS DE MANUEL DA CANLE (27)
.
Unha Visón. Sonhei que vinha dunha festa com outro individuo que non conhecia, baixei por unha costa abaixo, e encontrei-me num pozo sem saída, e nel estaban dous individuos, que non conhecin. Ó sair deste, encontrei-me com o Sr. Cura Val, que ó momento iba facer-me unhas bendiçóns, onde eu cheguei a porme de xoelhos, mas de repente chegou pola porta do quarto unha individua (Pepa de Viñó) vinha vestida de branco e sem pedir permiso, puxo-se com nós, e ó momento eu exclamei: Oh! Isto non está bem! E esqueceron-me algunhas partes da Visón, sei que terminou a paus nestes, e em dous mais que estaban por alí. Todos fuxiron para outro quarto que estaba cheio de xente, na porta unha mulher feia muito gorda, como que facía hachas, a qual me impediu a entrada, eu dava-lhe paus e, ela quieta como se non lhe doera, por fim entrei, dando unha ráfaga de paus, que cheguei a ver o sangre dalguns. Eu desfixem toda aquela comitiva na que andava o Sr. Cura Val. O segundo día levantei-me polas quatro da manhán, e a dor de cabeza aliviou-se-me, o corpo mais agosto e mais lixeiro. Outra Visón. Despois de transcurridas algunhas horas, acendín o lume, almorcei, acto seguido tentou-me um sono assombroso, e deitei-me na cama vestido: sonhei que eu iba a um sítio casa do Rei, e ó Rei tinha-no corrido e querian-me por a mim de Rei, e eu choraba porque non queria. Cheguei a um coto muito alto, eu mirei para um lado que estaba muitíssimo deladeiro, muitos trabalhadores que num instante devoraban o trabalho; acto seguido vem o meu amo o Fadista e, fún trabalhar um pouco; despois vem unha mulher, alta, branca, corpo delgado, vestida de senhorita, e non era fea – dixo o meu amo, sabes a quem lhe vou falar?- Mira prá lí, dixeron os trabalhadores, ¡É a irmán do Rei! O meu amo começou a decir-lhe algunhas palabras, eu estaba com medo de me sentar xunto dela, e logo, decia-se que era a irmán do Rei, entón por fim dixem-lhe algunhas palabras, que logo me esqueceron, pois iba xá distante uns seis ou sete metros. Quando por ela passou Rosa de Viñó e a sua filha, esta começou a sinalar com o dedo prá sua nái decindo unhas frases, que non me recordan, e ambas se sentaron xunto de mim, e transcurridos alguns minutos de charla, entrei eu e sua nái, e encontrei que me iba deitar, entón, vin que estaba unha mulher comigo (despida) que non conhecin, polas sinais arriba descritas, parecia ser a que se dixo irmán do Rei, decindo-me unhas frases e mirando-me prás costas, e non cheguei a tocala; despertei, mirei pró relóxio e eran as sete e quarenta da manhán.
manuel calviño souto
Esta entrada foi publicada en
Uncategorized.
Ligazón permanente.