AS MEMÓRIAS DE MANUEL DA CANLE (24)

.

               Lisboa.  O sete de Xaneiro de 1910, saín para Lisboa, nesta tarde e nos dous días anteriores chorei amargamente, eu punha resistência para non chorar, mas saíam-me uns suspiros e choros que me descontrolavan.  Cheguei a Lisboa á unha da noite do día oito, andei 14 días sem trabalho, e despois entrei para unha taberna, o 22 de Xaneiro de 1910, na rua do Bemformoso nº 280.  O 25 de Xaneiro de 1910, xá a minha sorte foi tan boa que toda a noite andiven de diarreia, e quedava sem forzas, o sono era irressistível.  O 28 de Xaneiro, começou o patrón a embirrar comigo e despois, tomou por vício que berregava sempre, tanto quando tinha razón como quando non, o día 28 pola tarde, estando eu a barrer a cozinha, atacaron-me uns suspiros até que quedei em pranto.  O 3 de Febreiro fún notificado para sacar a matrícula, e polo día 22 de Maio fún a Belem à casa do patrón, que tinha alá a mulher.  Pois estando eu desconsolado e despavorido, dirixín o cântico seguinte ás flores.  Cântico:   Oh querida Galicia./ Oh Bosques e Vales,/ Montes floridos que derramais as mais deliciosas flores./ É impossível que cese a dor que me acompanha por tí./  Pátria querida, a todos os momentos por tí estou dando suspiros,/ introducindo-se na minha alma o pavor angustioso que move no meu corazón, / as mais doloridas penas.   Despedida do Patrón, o día 21 de Maio de 1910 axustei contas com o meu patrón, tan canalha foi, que me impuxo uns gastos enormes, até de um copo que partiu o cozinheiro, e non recebim senón 15 reis em cinco meses.  Eu neste mesmo día fún trabalhar prá rua de Santa Xusta, no Hotel Frane-Fort, onde trabalhei oito días, e deu-me tan forte enfermedade, que tivem que abandonar o dito Hotel até hoxe.  Ós poucos días entrei no Hospital de San Xosé, o día 28 de Maio de 1910 e alí estivem oito días, onde vinha xunto de mim o Spírito malo, entón suspeitei que a enfermedade non era natural, e lisquei do Socorro.   Eu tinha mil variados sonhos, que andava xunto da minha casa, por aqueles caminhos.  Polas duas da tarde do mesmo día fún até ó Alto de San Xoán.  O día três de Xunho de 1910, fún visitar as Serras de Monsanto, e despois de recorrer estas, fún ter á estaçón de Campolide e dalí vinhem até Lisboa.  O día 6 de Xunho dirixim-me ó Consul Espanhol……… partín de Lisboa ás 9,30 da noite e cheguei a Tui ás 4,30 da tarde, logo colhin a pé desde Tui para Guillade, chegando a casa ás 11 horas da noite, deitei-me, e non me levantei da cama até transcurridos dous meses.  Sentia a interxeiçón “Chaca”, etc…  muito a meudo.  O día 20 de Xunho, andando eu a fazer um trabalho lixeiro, caín aturdido e pensei que morria, sentindo unha dor nas partes, que me tiveron que levar a casa amparado, ivase-me a vista, de noite sonhei que via a caixa mortuária e variada xente passando por mim, eu passei sem decir nada, o outro día estava de cama.

manuel calviño souto

Deixar un comentario