EM NOME DE GUILLADE (XXV)

.

                          TERRITÓRIO

               Esta demarcaçon atópase atravessada de norte a sul polo extenso e fértil val que conforma o río Tea e os seus tributários, mas a súa configuraçón física caracteríza-se pola hetereoxeneidade, xa que ó lado de formas montanhosas dunha altitude considerável, aparecen terras muito baixas, situadas case ó nível do mar.   Ao longo do território municipal pódense atopar diferentes unidades. No sector noroccidental é onde se rexistran as máximas alturas, debido a que por esta zona se estenden os montes graníticos da serra do Galleiro, que serven de límite natural cos concelhos de Pazos de Borbén e Mos e que acadan o seu cume máximo no coto de Cales (742 metros).   Ao leste tamén existen algúns residuos montanhosos cunha escasa altura, correspondentes aos somontes da serra da Paradanta (con cotas que non superan os 500 metros), onde se localiza A Picaraña (458 metros), na que se atopan dúas moles graníticas.  A súa parte central está formada por um âmplo espazo, máis baixo, que coincide coa fractura de falha que aproveitan o río Tea e os seus afluentes para abrir o val que van percorrendo de norte a sul, formando terrazas fluviais e glaciais.  En conxunto, Pontareas presenta unhas características dum bloque muito fracturado, muito afectado pola tectónica e cum aspecto perfeitamente delimitado pola depresón lonxitudinal que foi criando a erosón fluvial; a súa altitude média apenas supera os 100 metros porque, malia existir algunhas elevaçóns superiores, a maior parte do território está ocupada pola chaira que regan os diferentes leitos.   Póde-se afirmar que a súa paisaxe se define pola alternância de outeiros e vales; estes últimos están muito afectados pola acçón do home, xa que neles predomina o espazo cultivado e é onde se sitúa a maior parte das vivendas.   Seguindo a Henri Nonn, os factores condicionantes da morfoloxía do municipio son os comúns ós do batólito do Porriño, que se caracteriza por unha litoloxía favorável á erosión diferencial, unha tectónica que reforza as diferenzas litolóxicas e unha presenza de dominios morfoclimáticos durante o terciário e o quaternário.   Dende o punto de vista litolóxico, destaca a presenza do granito intrusivo herciniano, que domina sobre toda a extensón superficial.   É possível diferenciar, así mesmo, granitos de dúas micas com textura non orientada e de gran grosso e meio nos bordos montanhosos, que coinciden cos límites municipais leste e norte.   No resto do termo atópase o típico granito de biotita.   Existen, ademais, outros afloramentos graníticos de menor extensón que se misturam cos depósitos aluviais e coluviais que dán lugar ás terrazas fluviais.   Em quanto à edafoloxía, predominan os solos ácidos, cunha textura areenta ou franca-areenta.   Os máis frequentes pola súa extensón son o tipo Samarugo, cun ph compreendido entre o cinco e o cinco e meio e cunha escasa matéria orgánica (sempre inferior ó 10%);  o Sargadelos, semelhante ó anterior, incluso con menor quantidade de matéria orgánica no seu contido;  o Tebra, que se assenta em pendentes elevadas, o que provoca a apariçón de litosolos;  o Meixente, de textura franca e com um contido em matéria orgánica que pode acadá-lo 12%;  e o Goián, de características parecidas ao anterior, mas cunha escasa superfície.

alberte reboreda carreira

Deixar un comentario