Arquivos mensuais: Maio 2017

¿O QUE É QUE A BAIANA TEM?

.

               Zana nasceu na Bahia, mas é no Porto onde agora moura,  aí dá a conhecer os pratos típicos do Salvador.  Tem man para os temperos?  Tem!  Tem unha alegria que contáxia?  Tem!  Tem boa conversa?  Tem!  Rosana da Hora, ou Zana,  para os amigos, non se aproximava da cozinha quando vivia em Salvador da Bahia, no Brasil, com a família, a sua nái a chamava para axudar e non podia porque tinha feito a unha, confessa.  Mas as saudades da comida da terra fizeram com que começara a cozinhar.  E non foi preciso ler livros, nem experimentar receitas.  Aprendeu sozinha, enquanto via a família nos fogoes.  Em 2012, veio para o Porto, e há dois meses decidiu xuntar o útil ao agradável, abrir a sua casa a quem quisesse provar os pratos típicos da Bahia.  Tinha sempre a casa cheia.  As pessoas vinham, comian feixoada quase sempre, por ser mais práctico e mais barato, e xuravan que a comida era boa.  Na mesa podem sentar-se entre seis a oito comensais, é a “casa do povo”, como Zana lhe chama:  dadinhos de tapioca, fritos com azeite de palma e dêngue, moqueca de peixe com arroz branco e pirao, para sobremesa “cocada-de-forno”, um prato de coco fresco ralado, ovos e leite condensado.  Tudo o que é bom na Baixa do Porto, entre 18 e 25 euros por pessoa, e é um lugar recomendado para quem ainda poida gostar de conhecer xente.

 

.

léria cultural

O RÍO-VILLA

.

A luz de arriba, do teito, está apagada.

Entro no cuarto de baño como quen entra

nunha bocarribeira.

Axiña abro a villa do meu lavado.

E entón xorde de socato un río,

un río á noite, escuro, correndo

con todo o silencio dos deuses á noite,

rodeado de plantas e perfume de champú,

con palabras en círculo e rectas sonoras.

Estou na ourela do río da miña villa

mollando a sombra do meu corpo,

a carne en sombra do meu corpo,

non o meu corpo branco que aman

mulleres moi brancas na sombra,

non o meu corpo que entra escuro

nas albas máis isoportabelmente

brancas de outros homes condenados.

Estou na bocarribeira da miña villa

espreitando as sombras dun río fondo

a través destes canos invisíbeis

que van do meu cuarto de baño

aos ríos subterráneos da cidade.

E unha certa sombra de min escapa

pola canería: solitaria, sobrante,

case allea.  (Estudiarei a morte de Antínoo).

(E estudiarei, e non serei quen de medir

o Tempo branquísimo que, sen eu saber,

habitaba na sombra dos xoguetes da infancia).

Estou pois na ourela dun río profundo

cando, escuro, estou á beira do meu lavabo.

Estou nun bosque verde, oloroso, en sombra.

Mais axiña acendo as luces de apliques, tan próximas,

a cada lado do espello, primeiro unha, despois outra.

Non acendo a luz do teito, a central.

E entón véxome enseguida entrando

pouco a pouco na alba dun Hospital.

Este Hospital sería un Hospital de verdade

se acendera a luz de neón do teito.

Pero non a acendo.  Estou na alba.

Estou na alba dun falaz Hospital.

Aínda non saín á rúa: non hai xente.

 

francisco candeira

O FORTALEZA DO GUINCHO

.

                 O lugar, é de unha beleza deslumbrante, vento e mar conxurados, para penetrar adentro na alma nossa.  Depois de algunha desconfiança, a portugalidade da cozinha de Miguel Rocha Vieira, xa entrou nunha segunda fase de evolución. Recriando pratos de base tradicional e popular portuguesa, unha inusitada  “sopa de pedra”, outra refrescante pré-sobremesa, com pinha, pinhoes e resina. “Habitat de percebes”, servidos sobre um seixo polido, “carabineiros do Algarve”, com cenouras e citrinos. Pargo, com cevadinha e funcho-do-mar, e por fim, porco, acompanhado com xerém. Podem, xustificar apuradamente, o pecado da gula nestas fermosas costas do Guincho.     

.

LÉRIA CULTURAL

CONVERSANDO

.

Mirade:

A palmeira divide a cidade en dúas bandas.

Semella soster o ceo, tan alta e esguía é,

mais só sostén a cor azul do ceo…

E un numen azul do ceo caído

separa os seus ramos, esas raíces no aire,

para que eu sen querer minta

e diga que a palmeira

afonda a súa raigame, tal vez ramos na terra,

en colores arcanas.

Mais acaso non minto moito se vos digo:

Cara arriba respira aínda con espanto

a miña mocidade, esa amiga louca

que buscaba pillar por un extremo

o relampo máis bo pra debuxar

con el unha palabra que de seguro sairía chinesa,

e tamén aquel tempo en que un xa cría

que as árbores estremecían e abaneaban

soas, sen axuda do vento,

pois que o vento da cidade só proviña

das mozas que rente a nós pasaban,

alleas ou pícaras.

Era outro tempo…

heroes, ignorabamos a morte, e tamén que morrer

de vello, de moi velliño, é cousa inxustamente natural.

E falabamos de Arquetipos sen nada comprender aínda.

E incipientes poetas, os ollos das putas eran “pasteis de nata”.

E recordaba un parásitas Dictaduras,

nós, que non foramos leitores torturados

nin guerrilleiros en país estraño.

 

E ese tempo pasou…

Cara abaixo arestora o mar é outro, xa non é aquel

de caranguexos e ínfimos peixes en rochosas praias,

tampouco é de todo aqueloutro de bravos océanos virxes

buscadores de tesouros.

O mar de hoxe, o mar meu, soña sempre

con lonxanos volcáns, columnas dóricas e peixes

abisais a falsos punteiros docemente desatentos.

 

E anque non me escoitedes, podo contarvos

que alá no fondo a cidade segue fiel ao gran Desconcerto:

Hoxe mesmo, baixo terra, nalgunha Estazón de Metro,

un painel en azulexo graba uns versos de Cesáreo Verde:

“Se eu nao morresse, nunca!  E eternamente

Buscasse e conseguisse a perfeiçao das cousas!”

e entretanto, polo andén, un home aballoado de alcool

repite para o faro do convoi, ao lonxe, aínda na outra Estazón:

!Viva Frei Hernando da Cámara!

!Viva Víctor Mendes, toureiro-artista!

 

francisco candeira

KANAZAWA

.

                   O sonho de Tomoaki Kanazawa, em Portugal desde 1993, concretizou-se num espaço com apenas oito lugares.  Descrever unha comida neste restaurante é um acto efímero, pela simples razon de que esse momento de transcendência gastronómica nunca se irá repetir.  Pode voltar todas as vezes que queira, mas apenas o lugar e a presença de Tomoaki serán comuns.  Non há ementa fixa.  Com os pratos a mudarem ao ritmo da sazonalidade dos productos e da criatividade do xefe.  Só funciona por reserva, feita por “e-mail”.  E fica na rua Damiao de Góis 3º- A, em Lisboa.

.

LÉRIA CULTURAL

SOBE COMIGO, CANGALLEIRO, SOBE

.

comigo á cúpula do palacete

deste Centro Galego de Lisboa.

 

Agora que xa estás aquí mira mellor

a qué considerábel distancia está o mar…

pois verás de que se trata, voucho dicir, meu caro Cangalleiro.

E non te atrevas a escorar a testa

cara ao lado esquerdo, cal se estiveras canso,

nin abras tan sequera os teus brazos en cruz

como se foras xa un Cristo definitivo.

Neste intre estamos con Prometeo.  Neste intre

simula que lle roubaches o fogo aos deuses…

con ese ollo ciclópeo (por único) que eles che desviaron

cara ao seu debido sitio.

 

E neste polígono baixo teito ireite atar, se ti me deixas,

a unha destas columnas de mármore!

 

Cando eu me esconda tras a porta

pola que entramos ti vas facer o que eu che diga,

aquí en solitario.

E esquecerás o problema que teis na perna esquerda.

 

Primeiro

vaslle dar pois sete machicadelas a este chicle de menta que che ofrezo

Acto seguido escupiralo con furor por enriba

da baranda e entón dirás este refrán:

até xaneiro aínda pasa a ovella o regueiro,

a partir de xaneiro nin ovella nin carneiro.

Despois mirarás moi fixamente pra o mar…

E entón nun intre calquera verás moi nítidos os peixes

nadar por debaixo da auga…  dígocho eu!

 

Así se fixo.  Eu escondinme.  El quedouse só

facendo o que lle ordenei.  Dentro dun pouco eu

voltei entrar e pregunteille:

 

– víchelos?

– Eran fanecas, vinas perfeitamente.

– multiplicáchelas?

– Non me deu tempo, non me deu tempo.

 

E entre o terror e a gracia repetía:

non me deu tempo,

non me deu tempo.

 

francisco candeira

O COSTA DO VEZ

.

               Este restaurante, que fora descoverto por min, alá pelo tempo das “vacas gordas”, na época anterior á “crise” neo-liberal-europeia-ó-norte-americana, que inevitábelmente nos viria cair encima como patinhos.  O que mais afectou á nossa bolsa e á nossa vida, foi o “câmbio de moeda” que d’um só batacazo, nos arrebatou a mitade do ordenado.  Ficava ó lado dos Arcos do Val do rio Vez, nunha casa de labradores, toda feita de pedra e rodeada de vinhas altas, que lhe davan encanto e frescura no vrán.  Chamava-se daquela “O Grelo”, fomos com frequência durante anos, apesar dos trinta e tal kilómetros que havia que percorrer desde Monzon, pola antiga e sinuosa, ainda que bela estrada nacional.   O prato estrela, era o “bacalhau á lagareiro”, divinamente preparado e acompanhado de batata á murro.  Depois mudou de nome e modernizou-se, e talvez muda-se também de cozinheira, porque a cozinha baixou muito.  Assim passaron os tempos, até que hoxe em dia, sexa possíbelmente o melhor sítio para comer de toda a província de Viana do Castelo.

LÉRIA CULTURAL

MISTERIOSO MAR

.

Todos os mares teñen un misterio.

O mar que está ante min,

este mar que ondea aquí en Lisboa

mecido por vaivéns de seu,

recría ondas de lonxanos mares,

aporta vagas senlleiras:

vagas

inexcrutábeis como um segredo,

longas cal unha voz

de profunda caverna

chea de mensaxes saudosas

e lembranzas eternas.

Este mar grandioso, exaltado, libre

traime a túa alma chea de degoros.

 

Cada barco é case todos os barcos.

Cada naufraxio é case todos os naufraxios.

Cada abismo é case todos os abismos.

Cada onda é case todas as ondas.

Cada onda arrastra un agarimo.

e encerra un designio.

Cada onda acorda anacos do teu soño,

rapta verbas inaudíbeis dun deus.

Cada onda persegue algunha historia:

unha historia

indescifrábel como as velhas árbores

abaneadas por primaveras novas,

clara como as palabras sospeitadas.

Cada onda procura algún misterio

comprensíbel para todos

e para todos tamén inefábel…

 

E quedamos calados, abraiados,

Tal vez sós ou tal vez acompañados

 

E indecisos quedamos

ollando, coas nosas preguntas suspendidas.

 

francisco candeira

 

O SOLAR DOS PRESUNTOS

.

               Reunido, no passado dia vinte de Febreiro, em Lisboa, o xúri da guía “Boa Cama – Boa Mesa”, constituído por Francisco Pinto Balsemao, Fortunato da Câmara,  José Bento dos Santos, Paulo Brilhante e Vítor Sobral, decidiron, atribuir o “Prémio Carreira” 2017 a Evaristo Cardoso, fundador e proprietário do restaurante  “Solar dos Presuntos”.   A trinta de Outubro de 1974, Evaristo, xuntamente com a sua esposa, Graça, e o seu irman Manuel, naturais de Monçao abriram um dos restaurantes mais emblemáticos da cidade.  Inicialmente, era unha pequena sala, com lugar para seis clientes no balcao e mais doze á mesa.  A boa fama, resultante da boa cozinha minhota passada entre xeracions, neste caso da sogra para a nora, aliada á qualidade dos productos, que Evaristo fazia question de comprar pessoalmente, deslocando-se frequentemente á sua regiao natal, elevaram a casa a um estatuto de prestigio.  Recordo,  xá fái anos, quando entrei pola primeira vez neste restaurante da rua das Portas de Santo Antao, foi o próprio Evaristo quem me atendeu pessoalmente, e eu como sempre, fun inquerindo discrétamente para saber o terreno no que me movia.  Seguidamente o grande Evaristo, começou xá a despregar toda a sua artilharia pesada, percebes de bom calibre, quentinhos e tapados com um pano, acompanhados por um vinho Esporao branco frio.  Depois foi, “cabrito á moda de Monçao”, muito bem cozinhado e acompanhado por vinho do Dao da Quinta da Pellada tinto.  Em suma, que foi unha das minhas mais gratas presenças em restaurante, tanto que ainda hoxe em dia me acordo.

 

léria cultural

ESTAS ONDAS SON LIÑAS

.

devoradas con avidez.

O son desenrola un gran pergamiño.

 

Este mar escribe un libro sincero e profundo,

moi olvidado de quen pouco entende,

case único, fascinantemente eficaz, para todos…

 

E eu quero berrar alto, cando ninguén me vexa:

!Ouh Mar, ouh inmenso e solidario e apaixonado Mar!

 

francisco candeira

O TERRORISMO E OS EURO-AMERICANOS

.

               Se aquela sábia pergunta, que os nossos páis, perante a irracionalidade do nosso comportamento soltavan  ¿¿ Que fixem eu, para merecer isto??   Foran capazes de metela dentro das suas abóboras, todas estas xentes modernas, poderiam chegar a importântes conclusions, que talvez lhes permitiram  mudar o seu comportamento e evitar as mortes e fame que propositadamente espalhan polo mundo.   Xentes conservadoras, de pouco miolo, acomodatícias e bastante parasitárias.  Pessoas que pelos anos que levaron estudando na escola, era de esperar que tiveran um pouco mais de picardia e de actitude crítica.  Qualquer vigarista os engana!  As defesas están muito baixas!  Entranha-se passivamente toda a propaganda oficial!  Non fai falta que Donald nos diga, que a prensa é desonesta e mentirosa! Nós que somos maiores de idade, xá deveriamos sabe-lo, xá supostamente acumulamos nas nossas costas o fardo de unha velha civilizacion.  Resultando pasmosa e desencoraxadora, a falta de racionalidade, o que nos leva a temer sériamente pelo futuro da humanidade.  E quando um, coa boca toda aberta diante do televisor,  examina o talânte destes nossos governantes, as suas palabras, as manhas que se lhes adivinham, um pensa rápidamente em fazer um “refúxio nuclear” na bodega, e acumular nela o maior número de conservas possíbel.

 

léria cultural

O MAR. O AZUL CORPO DO MAR.

.

Eis o ditoso silencio deste espazo,

brava música que agarima os astros

e non olvida as cousas pequeniñas do mundo.

 

Eu o contemplo.

Dentro, ningún navegante posuíu o mar.

 

francisco candeira

ILDEFONSO GRAÑA CORTIZO

.

               Também conhecido como “Alfonso I da Amazónia” viu a luz o cinco de marzo de 1878 em Amiudal, uma das nove aldeias do Concelho de Avión, na província de Ourense (Galiza).  O seu pái, Xosé Benito era sastre e a sua nái, Xoaquinq, labradora.  Amiudal por aquel entón era unha pobre e mal comunicada aldeia da montanha no mais agreste da xeografia galega, com vivendas que, na sua maior parte, conservavam ainda os telhados de colmo.  A doença e a fame mondavam as famílias completas obrigando a emigrar a unha grande parte dos seus habitantes, como sucedeu em outras muitas zonas da Galiza.  Muitos escolheron o Brasil, xa que o goberno deste país pagaba o pasaxe de quantos quixeram estabelecer-se neste rico e extenso lugar.  Ildefonso Graña Cortizo, sendo ainda muito novo, a fins do século XIX, emigra “ás américas”,  recalando em Belém do Pará e despois dirixe-se a Manaus, trasladando-se posteriormente a Iquitos (Perú), onde aparece documentado em 1910 e alí trabalha em vários ofícios inclusive o de “seringueiro”.  Após a “críse da borraxa”, o seu espírito aventureiro o levou a “desaparecer da civilizacion” dirixindo-se ao mais apartado da selva onde habitavan os temíveis indios do continente americano, os Xíbaros.  Segundo o relato de Emílio Rosendo:  “Graña internou-se na selva acompanhado de um amigo e vecinho (…)”   Outros autores defendem versions diferentes, uns que foi raptado polos indios para casar-se com a filha do xefe, ó falecer este, quedou el como “Rei dos Indios Xíbaros”;  mentras que outros sostenhem que Graña matou a outro patrón e refuxiou-se entre os indios aguarunas onde foi bem recibido casando-se com unha india.

 

               Cesáreo Mosquera conta, com todo o luxo de detalhes, como rescata a um aviador que caiu na selva;  como o embalsama e traslada, posteriormente, a Iquitos trás quase dous messes de viaxe; também, como saiu em auxilio d’unha expedicion que se encontrava perdida e sem víveres na selva e como fai de guía á Standar Oil, á Standar California nas suas exploracions pola selva em busca de petróleo ou em missions científicas como foi o caso da Latin Expedition…   e também relata o que aprendeu dos indios sobre plantas, venenos…  e os mistérios da selva amazónica.  Así como a classe de barcos que podian navegar por aqueles rios, calado, etc…   Todas estas informacions eram enviadas a Madrid, ó capitán Iglesias Brage para facilitar-lhe os preparativos da sua futura “Expedicion Iglesias ó Amazonas” e graças a isso e á meticulosidade do capitán que arquivou estes e outros documentos nos permite hoxe resgatar estas valiossíssimas informacions com as que documentamos a vida de Ildefonso Graña.

 

maximino fernandez sendín

.

CANTIGA DA FRONTEIRA SEN TEMPO

.

Namorei amiga de alén do río

co ar que pasa cedo na barquiña do río

Namoreina, meu amigo

 

E ten ela peixes de auga leda no seo

no pelo longo como o río bágoas do ceo

Namoreina, meu amigo

 

E se a min chama, souril, de alén, do outro lado,

unha ponte de ar levanta, de ar moi calado

Namoreina, meu amigo.

 

Namoreina, meu amigo,

por non ir e vir, por non cansar, que me mata

por non caír no río

que soña o seu pelo de ouro e de prata.

 

francisco candeira