Arquivos diarios: 27/04/2017

MOSQUERA E GRAÑA CAPITANS DO MATO

.

               Cesáreo Mosquera, mentras Graña lhe dicta, escreve para o capitán Iglesias Brage numerosa informacion que ambos consideran pode resultar de interese para  a futura expedicion.  Tamém envian mostras de prantas, animais, frutos diversos, petróleo…   para seren analizados, assim como cartas que por sí mesmas son valiosos documentos sobre os conhecimentos de unha cultura milenária narrada pelos indios Xíbaros que acompanhavan a Graña cada vez que baixava a Iquitos para vender mercadorias, e aos que entrevistava Mosquera e, é nestas interesantes e curiosas “entrevistas”, quando desvelan o seu conhecimento do mundo.  Toda esta documentacion, mostra, fotografias…   enviadas ao capitán Brage a Madrid onde estava a sede da expedicion.  É aquí onde acude e entra em xogo o famoso xornalista e escritor Víctor de la Serna, que se convertirá num entusiasta defensor da “Expedicion Iglesias ó Amazonas” e através de diferentes artígos na prensa e revistas dá a conhecer a organizacion…  durante mais de cinco anos.  Mas nunca chegou a realizar-se, principalmente debido a esses personaxens que quase sempre aparecem em todo proxecto “que non fan nem deixam facer” ainda que outros autores culpan o começo da Guerra Civil.   Graças á documentacion, mais de cinquenta cartas e documentos e vintinove fotografías que san á luz por primeira vez e ós trabalhos de campo realizados na sua aldeia natal, família, vecinhos…  Conseguimos dar veracidade ó que parecia unha lenda pois de non contar com estes testemunhos escritos, muito do que aquí relatamos poderia entrar no xénero do incrível.   Estas son algunhas das xestas deste insigne aventureiro que foi Ildefonso Graña Cortizo “que podia movilizar a cinco mil indios”, e que bem merece figurar nos anais da história como um valente explorador dos segredos da selva amazónica e, ademais, logrou o que nunca antes puido conseguir um home branco, viver e “reinar” entre os indómitos indios Xíbaros e ser seguido e admirado polos nativos até á sua morte.

 

maximino fernandez sendín

 

GOZO DO ENFÁTICO TRINO

nesta lúbrica alborada ateigada de avelairas…

Neste cuarto alado por soños

sen presenza de careixas

síntome iluminado

e, moi ledo, xa todo me namora:

Mundo e Luz (non esa cinza)

 

E tamén – agasallado por ti

e por estas tellas (cadernos ruborizados

imbricando sabeduría cuxas letras

unha neve de antano xa borrou) –

as follas máis novas dos amieiros,

seivas ocultas,

veigas onde brillan viñas,

o vento e as carqueixas,

mil camiños andados, outros mil que non pisei,

catro cores quentes para catro aves,

todas as barallas por cadubar,

chanzos de luz,

arume orballado,

lerias e trebellos coruscantes,

mil libros nacidos da pedra e do aire,

mil alboradas, mil tardes, mil noites

abertas entre a memoria e o olvido.

 

FRANCISCO CANDEIRA