CON OLLAR DE NÉBOA VERDE
.
camiña sobre os eidos do val do río,
lanzal, levemente solitaria.
Tal vez recorde un froito dolorido,
tocado de podredume, buscando,
vertixinoso, o chan seguro, desapercibido
e inclinado: recorda fortemente
como roda o froito cara ao fondo.
E ela sabe dunha arela
apreixada en tempadas de silencio
e semellante a man baleira e pobre
podrecendo en agardas anguriantes.
É verde a súa mirada mais é néboa
camiñando sobre os eidos do val do río.
Penso que neste intre está lonxe, ancorada
nun peirao onde soan canzóns fondas
e guitarras semi-escuras como noites de inverno,
soñando.
Cando a soidade chame por min, moura,
cantareira como unha ave da alborada,
recordarei, iluminado,
o seu ollar de néboa morna.
FRANCISCO CANDEIRA
Esta entrada foi publicada en
Uncategorized.
Ligazón permanente.