Arquivo por etiquetas: Política

Archivo Antología – Revolucións por minuto

Qué revolucións transformaron o mundo?. RPM, revolución por minuto, o documental do programa Archivos Antología xira dentro desas revolucións e contrarrevolucións que fixeron posible o noso actual esquema de pensamento. ¿Cál é a śua herencia ena actualidade?.

Archivo Antología – Revoluciones por minuto.

Radio 3 : Carne cruda – O mellor e o peor de 2011 – 23/12/11

Neste programa de Radio 3 fan un balance político, social e cultural do que foi 2011 coa presenza dalgúns dos invitados que pasaron pola carnicería: Fermín Muguruza, Ana María Moix, Arcadi Oliveres, Rosendo, A Princesa Inca, Mikel Rentería ou un representante de Democracia Real Xa.”

Carne cruda – Lo mejor y lo peor de 2011 – 23/12/11.

Entrevista ao rapeiro Pablo Hasél

http://www.nikonecons.net/ Entrevista ao rapeiro Pablo Hasél para o programa Zurda Konducta (VTV) dirixido e editado por Nikone Cons, camarógrafo Felipe Vargas, axte. Dídac Riol, gráfica por ORH+, música de Pablo Hasél.

Pablo Hasél: A Educación é a base

Pablo Hasél: Os peores terroristas chamanse banqueiros

Soy cámara. El programa del CCCB – La crisis

O programa analiza os cambios de orde socioeconómica e de mentalidade que xera a idea da crise na cultura da sociedade mundial a cambio de manter certos niveis de supervivencia.

Soy cámara. El programa del CCCB – La crisis.

En defensa da Seguridade Social

Habia um anúncio institucional na television Portuguesa, que ilustrava magistralmente este primoroso sistema economico, que muitos pensan ser estatal e feitos por politicos, cousa abertamente falsa, pois tratase dunha Mutualidade de trabalhadores, com um fim social de axuda mutua, e perfeita de Xustiza.
“Antonio axudou a Maria na sua grave doença, a pagar os caros tratamentos e os hospitais, polos que pasou durante estes dificeis momentos da sua vida.”
“Manuel financiou a longa carreira de Pedro, e merce á sua colaboracion tivo os recursos necessários para poder terminar os seus estudos folgadamente.”
“Lianor contríbuiu com a sua parte, para que Xosé poida ter durante a velhice um retiro digno, que lhe permita unha existencia confortável nos últimos dias da sua vida.”
Terminando desta forma soberba:
“E o mais grande de tudo isto, é, que nem sequer se conhecen unhs ós outros”

Eira Comunal

Conferencia de Julio Anguita en Baena – ‘O que non nos din da crise’

Vídeo de hora e media de duración, pero moi didáctico 🙂

Tiken jah fakoly- Plus Rien Ne M’étonne- (Xa nada me asombra)

13-N Cambio de modelo xa : Manifesto completo

Desde Tomalaplaza.net propoñen unha manifestación estatal para o 13-N e un manifesto centrado nun

¡CAMBIO DE MODELO XA!

DEFENSA DO PÚBLICO

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

STOP CORRUPCIÓN

>>>CARTEL

 Esiximos un CAMBIO DE MODELO XA!:

  1.     A Potenciación do público fronte ao privado, impedindo a privatización e espolio do patrimonio e dos servizos públicos como a auga, a sanidade ou o ensino. Ou como as Caixas de aforros, regaladas despois de sanealas. Porque o público é de todos, e o privado duns poucos.
  2.     Unha democracia non secuestrada polos mercados fronte aos abusos e a ditadura da banca e as multinacionais, e a distribución desigual da riqueza. Que paguen impostos os poderosos. Recuperemos o diñeiro que nos roubou a banca. Porque non é xusto que se afogue a economía de todos para premiar a aqueles que causaron a crise.
  3.     Unha economía social e ecoloxicamente sustentable, baseada na xustiza social, que recoñeza que o traballo é a única fonte de creación de riqueza, que respecte os dereitos laborais tan duramente conquistados. Porque a precarización do traballo é prexudicial para o conxunto da sociedade e porque o actual modelo é fonte de corrupción e crise.
  4.     Persecución real da corrupción e eliminación de todas as leis que a favorecen, como as de financiamento municipal e de partidos políticos, lei electoral xusta. Todos os corruptos fóra de poder. Incompatibilidade de cargos públicos e privados. Orzamentos participativos. Porque isto significa maior democracia para todos.
  5.     Uns modelos de información e participación democráticos e horizontais. Medios de información que dean acceso real aos aos cidadáns aos medios de comunicación. Audiencia pública de autoridades. Consulta cidadá/veciñal. Xuízos cidadáns expertos. Elección cidadá do poder xudicial. Goberno municipal mediante concellos abertos. Porque sen isto non hai democracia.
  6.     Un cambio de modelo urbanístico-territorial, afastado da especulación, cunha economía diversificada que en ningún caso volva potenciar o ladrillo como fonte principal, con moratorias na recualificación de chans e a eliminación de todas as figuras legais que favorecen a especulación, gravando as plusvalías inmobiliarias. Porque necesitamos racionalizar este sector descontrolado.
  7.     A posta en práctica de políticas para unha vivenda digna, con aluguer social das vivendas baleiras e moratoria nos desafiuzamentos por non poder pagar hipotecas, penalización de vivendas baleiras, eliminación de axudas á compra, limitar o endebedamento e tasadora pública independente. Porque é un dereito humano e constitucional.
  8.     Potenciar a protección do medioambiente, o respecto e aumento de áreas protexidas, o consumo responsable e a compra verde, as enerxías renovables e o transporte público, o control da contaminación e unha reciclaxe responsable en todos os ámbitos. Porque non podemos crecer a calquera prezo destruíndo o mundo en que vivimos e os nosos propios recursos.
  9.     Un cambio nas relacións internacionais promovendo a autodeterminación dos pobos e o dereito de todos á Terra. Porque non podemos ser cómplices da violación sistemática de dereitos humanos e da Terra, do espolio planetario de recursos e bens comúns e de intervencións militares neocoloniales que provocan centos de miles de vítimas con pretextos pseudodemocráticos.
  10.     Unha cultura plural, que nos represente a todas as persoas. Porque a cultura tamén é un ben común e público, que non podemos reducir a valores de mercado e dun pensamento único.
  11.     Unha sociedade libre, no respecto á diversidade sexual, funcional, de idade, de procedencia e de calquera outra índole. Porque ninguén pode impor a ninguén unha forma de vida.

Ver entrada completa en tomalaplaza.net

“Debtocracy”: documental sobre a orixe da crise grega

(Artigo publicado no blog Galipolis)

Hai un interesante documental de principios do 2011 (Debtocracy) realizado por un par de xornalistas gregos -Katerina Kitidi e Ari Hatzistefanou-, onde van debullando as circunstancias e persoaxes que acabaron levando a Grecia a súa actual situación. Paga a pena botarlle un ollo.

A proposta de Democracia 4.0

Compartimos a petición dunha Democracia 4.0 para que a cidadanía poida exercer a súa soberanía na toma de decisións.

Para máis información, visita demo4punto0.net

#Op20N – O plan – Anonymous

Anonymous presenta a súa operación para o 20-N. As razóns para que votemos a un partido minoritario se realmente desexamos algún tipo de cambio político.

Podes ver a versión ampliada deste vídeo en http://youtu.be/fYZe7CRPqcM

Indignados. Do 15-M ao 20-N.

O movemento 15-M estrea o seu primeiro documental a gran escala o día 4 de novembro, autofinanciado e dispoñible de maneira gratuita por Internet.

Indignados. Del 15-M al 20-N, dirixido por Antoni Verdaguer, recolle os testimonios dunhas 70 personas que falan das orixes, as razóns, os problemas e o futuro das mobilizacións cidadáns que se iniciaron en España e que se foron extendendo por medio mundo. Participan entre outros o activista do software libre Richard Stalman; o blogueiro e profesor da IES Business School Enrique Dans; o cantautor Paco Ibáñéz….

(Ver noticia e a promoción do vídeo, publicada no xornal El País)

Cidadáns, votantes ou… espectadores

Recomendo a lectura do artigo de J.J. Millás Camisas de fuerza, no xornal Faro de Vigo, unha reflexión acerca da trascendencia que adquiren as cuestións formais sobre os aspectos de contido nos debates televisivos dos candidatos políticos.

“Esta obsesión por las cuestiones formales ha conducido a los propios espectadores a fijarse más en la calidad del afeitado que en la de la sintaxis. No importa quién sea el mejor desde el punto de vista intelectual, lo interesante es si Rubalcaba logrará permanecer erguido (tiene tendencia a arquear la columna) o si Rajoy logrará mantener la mirada fija en un punto (se le va con frecuencia hacia el vacío)” (…)

Este detalle en apariencia tan simple pon en cuestionamento as mesmas bases do sistema político democrático. Cuestiónase a racionalidade dos cidadáns e en consecuencia a calidade dos votos e a do propio sistema. Os votos lexitiman os mandatos dos representantes políticos por un período de varios anos. Dáse por sentado que votan uns cidadáns conscientes da realidade na que viven, da súa situación social e política, persoas con intelixencia ás que se dirixen os discursos e os programas dos partidos.

Pero na realidade dáse unha transubstanciación denigrante, eses CIDADÁNS con maiúsculas vanse convertendo en simples “votantes”, e pasan a ser tratados do mesmo xeito que nun centro comercial as persoas son tratadas simplemente como potenciais consumidores, e utilízanse mil artimañas, botando man de mensaxes subliminais, por baixo da liña de flotación da conciencia, a pura traición, para que merquen un produto máis que nunca necesitarán para nada.

De xeito similar ocorre no mundo da política. Necesítanse votos para lexitimar a súa existencia, e estes votos convértense en simple mercancía sometida ás leis do mercado capitalista, deixando de lado consideracións éticas. Están en xogo grandes intereses (económicos en primeiro lugar, pero tamén ideolóxicos), e nesas circunstancias cobra grande relevancia a cantidade de votos, non a súa calidade, que pasa a ser mera anécdota. Entón rebáixase ata o infinito o listón do que está permitido, e xa postos a denigrar ten tanto valor o voto dun CIDADÁN como o dun pasivo espectador. A política ponse na altura da prensa rosa ou da prensa deportiva.

Tamén poderiamos xustificalo dicindo que é licito, que no fondo do ser humano reina a emoción máis elemental e que polo tanto está ben apelar a ela. Que a razón non é máis que un adorno de moi recente conquista e que só se leva a lucir nos días de festa. Si, podería ser. Si, pero entón… a que vén construír un monumental estado de dereito regulado ata o infinito?  Non serán só as regras do xogo coas que os poderosos poidan repartirse o pastel sen masacrarse entre eles?  Non será todo o sistema político e legal só unha simple fachada para tapar un mundo oculto fundado na dominación e na destribución desigual da riqueza? Un mundo no que os grandes privilexios se concentran só nunha mínima porcentaxe da poboación e o único alimento para os demais son as migallas do que a estes lles sobra, e que unha vez peneiradas polos diferentes estratos ou capas sociais en distinto groso de malla sonnos vendidas como o mellor alimento no mellor dos mundos posibles?

Ese empeño en que todos participemos votando parece obedecer simplemente á intención de crearnos a ilusión de que nós tamén formamos parte dese mundo, que gañamos o dereito a gozar das súas riquezas, e que polo tanto non temos razóns para queixarnos, protestar ou rebelarnos, se non que debemos dar as grazas por vivir coma reis, ao paso que nos lembran que aínda hai moitas persoas no mundo en condicións mil veces máis lamentables que as nosas, que non teñen uns amos tan bos coma temos nós, e que é unha inmensa sorte para nós poder participar neste inmenso circo, incluso aínda que só sexa como meros espectadores.