Arquivo por autores: guilladenses

Descubrindo a Natureza a través dos contos na Casa das Árbores

En Garabelos, Chantada, Anxo Moure ensínanos a Casa das Árbores e explícanos as actividades para nenos/as que alí se desenvolven.

A polarización social no sistema educativo, de Vicenç Navarro

La polarización social en el sistema educativo 2012-09-11
Artigo publicado por Vicenç Navarro na columna “Pensamento Crítico” no diario PÚBLICO, 11 de setembro de 2012.
Este artigo explica como o sistema educativo reproduce a polarización social a través da transmisión de valores que cambian segundo as distintas clases sociais do país.

“Natureza, ruralidade e civilización”, de Félix Rodrigo Mora

“É central, no libro, a investigación sobre a xénese, natureza e traxectoria da institución do “concejo abierto”, como forma asamblearia tradicional de goberno das comunidades campesinas”.

 Ver Resumo da Conferencia de DE FÉLIX RODRIGO MORA EN CAPDESASO.. VÍDEO: “NATURALEZA, RURALIDAD, CIVILIZACIÓN”. VÍDEO COMPLETO.

Ver outros arquivos audiovisuais de Félix Rodrigo Mora.

Marinaleda, a utopía comunista

“Una utopía hacia la paz”. Este é o lema do escudo de Marinaleda. Unha vila sevillana de 2.700 habitantes, cuxo alcalde, Juan Manuel Sánchez Gordillo, apareceu en todos os medios despois de participar nunha “expropiación” a un supermercado para suministrar alimentos a un comedor social.

(Ver noticia completa no Huffington Post)

A gaivota, de A. Chéjov

A gaivota é unha obra teatral de Antón Chéjov.

Diría que reflicte con naturalidade a complexidade das emocións do amor humano nun contexto concreto: no momento histórico de fins do século pasado e no espazo social da Rusia rural e aristócrata. Amores alimentados polos ideais contraditorios cultivados no inconsciente colectivo dunha clase social sometida a unha rápida transformación social por causa da revolución industrial: por un lado pervive nas conciencias a orde moral tradicional, por outro, as novas condicións sociais permiten soñar con rebelarse contra esa orde establecida, e precisamente desa rebelión emerxen novos desexos incumpridos e esperanzadoras promesas de liberdade e emancipación.

Que podemos ver nos ceos este verán?

Os mellores días para observar o ceo neste verán de 2012 serán, como soe ser habitual, os días de lúa nova, e que cadran no 19 de xuño, o 18 de xullo, o 17 de agosto e o 15 de setembro.

Estarán moi visibles os planetas Saturno e Marte, ademais da habitual constelación de Saxitario e a zona do triángulo do verán, coas estrelas Altair, Vega e Deneb nos seus vértices.

Ver máis información no artigo de Antonio Pérez Verde, no Huffingtonpost.

A gata enriba do tellado de zinc quente, de Tennessee Willians

Como unha gata enriba dun tellado de zinc quente, que queima baixa as súas patas, e que salta rabiosa como nun baile ritual, pero sen pensar botarse abaixo. Así é como se sente Maggie, atrapada nunha relación de familia na que as mentiras, a hipocresía e as falsas apariencias acaban consolidándose ata adquirir a categoría de “naturais”, e da que é imposible escapar. Un tratado sobre as relacións humanas.

Por esta obra, de xénero teatral, Tennessee Williams (escritor sureño norteamericano, declarado homosexual, alcohólico e drogadicto, entre outras propiedades), recibiu o premio Pulitzer en 1957.

Darío e Breixo diante do ordenador

A perla, de John Steinbeck

Esta novela de John Steinbeck paréceme unha pequena xoia da literatura. Unha novela breve, de arredor de 100 páxinas, moi intensa. Publicada en 1947.

O tema principal é a cultura da pobreza, o círculo vicioso no que está atrapada e as dificultades para superala.

O argumento: Kino vive nun poboado de pescadores, nun arrabalde dunha pequena cidade no norte de México. A pobreza é a condición básica do poboado. Kino vive coa súa muller nunha cabana e acaban de ter o seu primeiro bebé. O seu maior anhelo, como o de todos os pescadores, é atopar unha perla única que lle permita cumprir os seus soños. E un día consegue atopala. Sen embargo os seus desexos tropezarán coa crúa realidade e terá dificultades para acadalos.

Gustoume moito o retrato vivo, moi real e próximo, do ambiente e os personaxes. Especialmente o recurso de utilizar as cancións (a canción da familia, a canción do mal, a canción da perla…) como contidos básicos da mente de Kino. Nesas cancións queda condensado o saber e a cultura dos antepasados de Kino, a súa percepción diante das situacións agradables, perigosas ou fatídicas da vida. Neste senso son unha forma de obxectivación do “habitus” teorizado por Bourdieu. As cancións tamén representan o transfondo emocional que goberna sobre as razóns e son o substrato do pensamento de Kino, e por extensión, do seu grupo social e da cultura da pobreza.

Tamén me gustou moito a narración do momento en que Kino descobre a súa perla. Nese instante en que cre percibir o seu destello precipítase sobre a súa emoción, como nunha especie de experiencia mística, toda a enerxía acumulada nos longos días, meses e anos de intensos e solitarios anhelos.

Breixo sabe debullar fabas

Darío aprende a montar en bici

O mapa e o territorio, de Michel Houellebecq

É unha novela que lin con gusto. O tema principal trata da relación entre o mercado da arte contemporánea (ou unha parte del) e a evolución da sociedade industrial europea ata o seu anticipado final. Polo tanto, arte e socioloxía van da man nesta obra.

O argumento reconstrúe a biografía dun famoso artista francés contemporáneo (Jed Martin) en catro etapas da súa traxectoria artística: na primeira, usa a fotografía para rexistrar obxectos inertes, destinados a formar parte de catálogos comerciais; na segunda, contiúa coa fotografía e son os mapas de carreteras de Michelin a súa nova fonte de inspiración artística; na terceira,  xa como pintor, os seres humanos adquiren o protagonismo, retrata oficios ou profesións diversas, cos seus protagonistas captados en momentos culminantes que procuran transmitir a esencia do seu oficio ou profesión; na cuarta e última etapa, o artista utiliza os videogramas para simbolizar o trunfo da natureza, do mundo natural, agrario e rural, sobre a sociedade industrial. Entre medias cóanse a relación de Jed Martin co seu pai, un arquitecto xa retirado; e a relación afectiva de Jed con Olga, así como tamén outras relacións humanas con outros personaxes da novela.

Gustoume moito as descricións que o autor fai das obras pictóricas de Jed Martin, como se fose un crítico de arte consumado, que logran poñer diante dos ollos do lector os cadros que describe e que consegue transmitir a paixón que esas obras encerran. Tamén me gustou o atrevemento do autor ao construír o seu propio personaxe, o dun escritor baixo o seu propio nome real, que manterá unha relación profesional e afectiva con Jed Martin.

Gustoume menos o cambio brusco ao comezo do terceiro capítulo, como se comezase outra novela, de xénero policíaco, tralo descubrimento dun crime atroz. Sen embargo, superadas esas páxinas como unha paréntese, a novela retoma o seu sentido.

Karlos Arguiñano como comentarista político (Diario El País)

Recollemos no blog El Comidista, esta entrada a propósito dos comentarios políticos do cociñeiro Karlos Arguiñano no seu programa de televisión. Na citada entrada pódense ver dous vídeos con algúns dos comentarios de Arguiñano. Debe un cociñeiro “meterse en cuestións políticas”?

“También hay quien sostiene que un cocinero no debería meterse en cuestiones políticas, postura que me subleva especialmente. ¿Por qué? ¿Quién lo dice? ¿No puede uno expresar libremente sus opiniones sobre cualquier asunto tenga la profesión que tenga? Que fastidie que en un programa de cocina se hable de lo que ocurre ahí afuera refleja esa mentalidad cejijunta heredada del franquismo que no nos terminamos de quitar de encima en este país. Señores, es su programa, sus seguidores lo ven por él, y entiendo que les pueda interesar lo que el chef piensa de la complicada situación por la que estamos pasando. ¿Que te molesta? Pues te pasas a ver a las monjitas de 13TV, que sus recetas también son fantásticas”.  Mikel López Iturriaga, El Comidista.

O declive do ciclo socialdemócrata

Interesante artigo de Enrique Gil Calvo, publicado no diario El País.

Nel fai un resumo, a partir dun par de libros publicados, dunhas teorías sociolóxicas que aventuran o fin do ciclo socialdemócrata que dominou en Europa despois da segunda guerra mundial ata os nosos días.

Comeza do seguinte xeito: “¿Asistimos al final del ciclo histórico de hegemonía progresista? Para entender la decadencia de la socialdemocracia puede ser útil atender los planteamientos sociológicos de Colin Crouch (La postdemocracia, Taurus, 2004) o Emmanuel Todd (Después de la democracia, Akal, 2010), que analizan su declive en clave infraestructural. Según esta perspectiva, por socialdemocracia puede entenderse la coalición histórica que se construyó entre el movimiento obrero organizado y las nuevas clases medias de funcionarios, empleados de servicios y profesionales por cuenta ajena (no confundir con las viejas clases medias de agricultores, comerciantes, artesanos y profesionales autónomos)”. Continuar lendo en El País.

Darío debuxa e aprende a ler

Darío trouxo do cole un debuxo da súa familia.

E tamén comezou a ler as súas primeiras palabras: PAPA, MAMA, SAPO, SOPA, PATO, TOMATE… e outras algo máis difíciles, como SOL, PINICO, LEITE, COCHE, BARCO, TREN, FLOR, BOCADILLO… E todo isto dun xeito bastante espontáneo, despois de innumerables horas compartidas con papá e mamá diante dos libros, especialmente dos contos e dos dicionarios de palabras.

E aproveito para publicar unha reflexión sobre a lectura, e sobre en qué consiste ler. LER  consiste en DESCUBRIR SIGNIFICADOS. Significados sobre os que previamente o neno debe ter unha experiencia vital, unhas emocións asociadas, unhas intuicións, porque os significados son a consciencia da vida. Ler é unha actitude, unha disposición, unha inclinación do ánimo ou da vontade. Un lector é un cazador na busca de significados, pero de significados que xa están representados dalgún xeito na súa mente. Un bo cazador sabe de antemán as rutinas da súa presa, é capaz de predecir por onde pode andar e permanece ao axexo coas trampas tendidas esperando atrapala. Un bo lector ten que partir dunha idea sobre o significado que busca, e partindo desa idea élle fácil cazalo representado nunha palabra escrita.

 Un xeito de traballar isto traducido a un exemplo práctico pode ser o seguinte: unha vez que o neno coñece as letras do abecedario e é capaz de comezar a asociar as vocales coas consoantes para formar as sílabas, escribimos unha lista de palabras, en maiúsculas, e propoñemos ao neno adiviñar o que din. Para iso damos pistas sobre o seu significado, e coa palabra diante, esperamos que sexa capaz de lela. Se o consegue, o neno quedará marabillado co poder das palabras, coa maxia das palabras e aprenderá a ser un cazador de palabras. E máis adiante un cazador de frases, e despois un cazador de ideas e significados máis completos. Irá sempre por diante das letras e das palabras escritas no texto, buscando só a confirmación dos seus descubrimentos ou das súas hipóteses.

E digo isto porque penso que hai un pecado moi corrente no ensino da lectura. Un falso ensino da lectura. Temos máis urxencia por ensinar a decodificar, a ler ao pe da letra, é dicir, quedando co nariz e os ollos pegados ás letras, sen dar ese paso necesario na busca do significado. Moitos nenos aprenden a decodificar, pero non a ler. E perden moitos anos da súa infancia correndo detrás das letras, preocupados por pronuncialas correctamente, e alleos aos significados. Só quen busca significados é capaz de lanzarse de cabeza ao mar do saber, sen importarlle se decodifica ben ou mal (pero sen querelo farao ben), porque anda encantado, como un poseso, detrás deses significados, dese mundo marabilloso que se desvela a cada instante. Ensinemos aos nosos nenos a ler!