
Aínda que as odas de Píndaro e Baquílides marcan o final do período grande da poesía coral grega, como forma independente, esta continua escrebendo-se até finais do século V. A competiçón entre coros ditirâmbicos nos festivais dionísiacos de Atenas, asegurou unha produçón constante de ditirambos. A maioría dos escasos fragmentos que se conservan, por conseguinte, som de ditirambos. Também há restos de um peán de Sófocles, um epinicio para Alcibíades de Eurípides e dados sobre himnos, prosodia e encomios. Ión de Quíos, contemporâneo de Sófocles, escrebeu um ditirambo que narraba a morte de Antígona nunha versón bastante diferente da de Sófocles. Entre as peças mais antigas están quinze versos de Pratinas, conhecido principalmente polas suas obras satíricas. Este fragmento vivo ( que podería ser um coro de unha obra satírica) usa elementos extranos de unha forma que prelúdia a Timoteo, muito a fins do século. Queixa-se de que o acompanhamento musical dos flautistas começou a dominar a parte vocal do coro. Esta predominancia da música sobre a letra fái-se mais marcada na lírica coral do século V, especialmente no ditirambo, talvés por influênça das representaçóns tráxicas. O período a partir do 450 víu unha relaxacón xeral das velhas formas, tanto na música como no verso, e unha tendência para a dicçón esaxerada. A estricta composiçón estrófica do período anterior (estrofa, antistrofa, épodo) deixa passo ao verso libre ou “relaxádo”. Filóxeno de Citera é quem introduz monodias nos cantos corais dos ditirambos. No poeta cómico Ferécrates a música aparece no escenário denunciando a Melanípedes ante a xustiça por dirixir o movimento que a fái “perdedora”; e a continuaçón prosegue mencionando a Cinesias, Frinis e Timoteo, o pior de todos, com os seus trinos e arpéxios, como os retorcidos carreiros das formigas. Aristófanes proporciona unha deliciosa paródia de Cinesias ( As Aves), suxeríndo que este bardo etéreo encontraría asas especialmente apropriádas para os seus poemas “remoinhando no aire e levados pola neve”: “¿Por qué todo o nosso comercio depende das nubes; / que som os nossos mais nobres ditirambos senón cousas / de aire, e néboa, e profundidades centelheantes de púrpura, / e asas com remoinhos de plumas?”
P. E. EASTERLING E B. M. W. KNOX (EDS.)