.

Cando El Señor andaba polo mundo, iba unha vez con San Pedro e, ó pasar por un camiño, viron que estaban rifando o demo e a muller. El Señor mandounos calar, máis non lle fixeron caso. Entón seguiron o seu camiño, pro eran tan grandes os berros que aquiles metían ó rifar, que El Señor díxolle a San Pedro: —Home, vai alí a ver si os fas calar. San Pedro foi e, por máis que fixo, tampouco lle deron tino. Entón o santo, enrabechado, cortoulles a cabeza e volveu con elas ó pé de El Señor. Iste preguntoulle: —¿Calaron? —Máis calaron (dixo San Pedro), vel ehí lle traio as cabezas. El Señor, en vista daquelo, díxolle: —Pero, home, ¿que fixeche? Volve alá e vólvellas poñer. San Pedro obedeceu ó Mestre e, cando foi poñerlles as cabezas no seu sitio, trabucouse e trocounas. E dende entón andan polo mundo as mulleres ca cabeza do demo.
FERNÁNDEZ-OXEA, X. R., 1968: SANTA MARTA DE MOREIRAS (EDICIÓNS CASTRELOS – VIGO).