.

Este debe ser un dos pratos máis coñecidos da gastronomía galega, aínda que non exclusivamente. É raro rapaz pasado, presente e futuro a quen non lle encanten os ovos fritidos.
INGREDIENTES:
Ovos, azeite e sal.
RECEITA:
O truco deste sinxelo prato consiste en poñer ó lume unha tixola con abundante azeite. Cando estea moi quente, hai que depositar os ovos e un chisco de sal, botándolle constantemente ese mesmo azeite porriba da clara cunha escumadeira: a clara debe quedar crocante, pero a xema líquida, xa que a gracia está en mollar pan na xema no momento de comelos.
GALICIA PARA COMELA (VOLUME I) -GALICIA PARA SOÑAR (HÉRCULES DE EDICIONES S. A.)