
Predin as catástrofes coa mesma facilidade que as provocan. Non lles chega que a lei conceda o dereito á libre empresa, ao comércio, á plusvalia, queren exercer todo isto en propriedades alleas, públicas, universais.
HOMES DE PARO E MISERIA.
Agora senten mágoa. Ablandóuselles o corazón ao mesmo ritmo que foron sucedéndose os gobernos e as reformas, amodo. Os que os puxeron no seu sitio, é dicer, fora do río, choran polo que máis querian, os seus empregados. Eses que tiñen tentado melhorar as suas condicións subidos ao espellismo do progreso industrial, terán que voltar ás suas tarefas de antano e atoparanse cunha triste realidade: xa non hai pesca. Nen para os que a deixaron nen para os que segueron. Varios milleiros sofreron as consecuéncias duns poucos desaprensivos axudados pola neglixéncia acéfala e contemporizadora da administración.
CARLOS ALONSO