
Os rapaces, impacientes para esperar a que a fornada saíse e antes de que a masa se dividese en bolos, pedían ós pais que lles deixasen probar a masa fritida en aceite (se era en manteiga de vaca, a felicidade era completa) e estirada en finas tortiñas.
INGREDIENTES:
Masa de trigo, millo ou centeo acabada de levedar; manteiga de vaca ou aceite.
RECEITA:
Ben estirada a masa, facíanse as tortas (do diámetro do fondo dunha tixola mediana) e botábanse en dúas/tres culleradas de aceite ou manteiga derretida. Nun par de voltas, e esmagándoas co garfo, xa estaban listas e eran practicamente devoradas así en quente.
GALICIA PARA COMELA (VOLUME I) HÉRCULES DE EDICIONES S. A.