![](https://guilladenses.com/wp-content/uploads/2024/06/img_9236a.jpg?w=1024)
Villegas e non Billergas. Como Billergas o coñecín. Inda que o seu apellido, o autêntico sen deformacións, é Villegas. Consta no Rexistro Civil. Certo. Con todo, lémbroo como Billergas e, agora, o nome adulterado soame autêntico, máis á Castiñeira, que era o seu barrio e mailo meu. No físico semellaba un Don Pepote televisivo, “Made in Ponteareas pillabán”. Alto, mal vestido, (¡Qué remedio!), con inxenio, garrido e suxo. ¿Difícil? ¡Cecais! E aí está a perfección estética. Quedemos, pois, con Billergas, e tentemos situalo. Discurrían os seus anos derradeiros. Xa enviuvara dúas veces. Non moi agradecido o matrimonio, desconfiaba de tales unións. Compartía o fogar cunha compañeira semellante en feitura e edade. Andaban polos setenta e cinco. O crego, fidel ó seu deber, visitaba á parella, e invitábaos ó que chamaba “regular a súa posición”. Chovían razóns. Billergas escudiaas. Nada. Que non quería. Que xa era vello. Que non. Que el casar, xa non. ¿Para qué? ¿Ós seus anos? O Sacerdote teime mil veces, e comprobando que as súas motivacións non facilitavam os desexos pastorais, en tono inquisidor, esíxelles que non durman xuntos. Que é un pecado. Billergas, sentíndoo, (hai que recoñecelo) respostou que non, que xa non había tales pecados; nen un só pecado. ¡Que máis quixeran! E non por desprecio á Santidade. E, Don Mariano, que así se chamaba o párroco, entrando no xogo das circunstancias, falla o pleito, sentenciando: “Billergas, cando menos, durmirás cunha taboa no meio. É menos escandaloso. E non daña o Sacramento”. Xá existía o pasotismo.
M. IGLESIAS SUAREZ (PUBLICADO EM “A PENEIRA” ANO I – 1984)