
INGREDIENTES:
Farinha de milho
Leite
Sal
RECEITA:
Esta popular comida do agro galego, hoxe practicamente esquecida, elabórase agregando lentamente fariña de millo nun cazo de leite quente – non fervido -, cun chisco de sal. A mestura debe removerse ata que teña consistência, pero sen que faga grumos. Como en moitas outras ocasións, na sinxela cociña galaica non se traballa con cantidades estándar, senón co ollo e a man experta de quen elabora o prato de papas, que irá botando fariña ata alcanzar a densidade necesaria.
OUTRA RECEITA DE GUILLADE:
A minha santa nái, que tanta paciência tivo com este seu filho “único”. preparaba unhas incontornábeis “Papas de Óleo de Milho”. Ela mesma, ía ao nosso muínho nas marxéns do río Uma, e alí disfrutaba de largas séxtas mentras se moía a farinha das espigas brancas dum milho arcaico cultivádo em Guillade. Até que, unha calurosa tarde de vrán, víu semelhante culebrón, que nunca mais conseguíu dormir no muínho. Histórias à parte, a minha nái recolhía pacientemente o óleo de milho que quedaba perto da mó de pedra, e que era mais azeitoso, denso e suáve que a farinha normal. Aqueles afortunados que algunha vez probárom este manxar, dificilmente lograrám esquecê-lo.
GALICIA PARA COMELA (HÉRCULES DE EDICIONES S. A.)