LITERATURA CASTELÁN (OUTROS POEMAS: PLANTO POR LA CAÍDA DE JERUSALÉN)

O acerbo literário do século XIII foi enriquecido recentemente com três novos poemas, descobertos e dados a conhecer por María del Carmen Pescador del Hoyo. A cópia, afirma a investigadora, parece pertencer aos últimos anos do século XIV ou primeiros do XV, mas as obras deberom de ser compostas durante o século XIII. O primeiro dos ditos poemas é um relato do pecado orixinal; consta de 51 versos que oscilam entre dez e treze sílabas, mas com predominio dos de onze ou doze, distribúidos em quartetos monorrimos -unha só das estrofas é um pareado-, de rima consonante na sua mayoría. O segundo poema, titulado ¡Ay Iherusalem!, o Planto por la caída de Jerusalén, é unha lamentaçón pola pérda dos Santos Lugares e unha descripçón dos horrores que a acompanharom. O terceiro é unha exposiçón, em sete pareados, dos Dez Mandamentos. Nem a primeira, nem a terceira composiçón, tenhem grande interesse literário, particularmente a última que se resume à estrícta enumeraçón rimada dos Dez Mandamentos, com poucas palabras mais, indispensábeis para colmar as estrofas. Todavía no primeiro poema, podem asinalar-se alguns aspectos curiosos, que dán certo encanto ao seu inxénuo primitivismo; assim, por exemplo, a fruta prohibida non é a maçán tradicional, senón o figo; Eva -a quem non se menciona polo seu nome, senón por “Muger” -farta-se primeiro de figos e logo oferece um a Adán; por tal razón, este se xustifica ante o Criador, afirmando que non sabía que era da árbore defendida.

Dixo: “¡Ay, Sennor! ¡Por malo fue nasçido!

La muger que me distes me ay vendido:

de su mano dado me avía un figo,

no sé sy era del árbol defendido.”

Pola sua parte, Eva alega a mala qualidade da costela, da qual foi feita:

“¡Ay, Sennor! ¡El culebro me ay muerta,

pues tú me feziste de una costilla tuerta!”

O poema de maior interesse é o Planto por la pérdida de Jerusalén, que Eugenio Asensio tratou de valorar e situar literariamente, nunha primeira tentativa de interpretaçón. Asensio sitúa a sua redacçón nos dias de Alfonso o Sábio, com ocasión, probabelmente, do Segundo Concílio de Lyón, reunido em 1274, com o propósito de estimular a Cruzada e resgatar a Cidade Santa, novamente perdida. Franceses e alemáns cultivárom o “canto de cruzada”, poemas cantados.

Bien querría más convusco plannir,

llorar noches e días, gemir e non dormir,

que contarvos prosas

de nuevas llorosas

de Iherusalem.

.

De Iherusalem vos querría contar,

del Sepulcro Santo que es allende el mar:

moros lo çercaron

e lo derribaron,

a Iherusalem.

J. L. ALBORG

Deixar un comentario